sábado, 17 de maio de 2008

Galego


(Letras Galegas 2008)

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro. Longa Noite de Pedra

23 comentarios:

Veca dixo...

Bó Días das Letras Galegas!!!

Se cadra, dentro duns anos celebramos este día en conmemoración á Chousa da Alcandra.

Biquiños lingüisticos!!

d´Agolada dixo...

Xa che enviei a fotos da reunión do outro día, telas no correo. Eu tamén puxen o logo de arriba. Féliz día das letras galegas.

andrea dixo...

Hola!

Bo día das letras galegas!

Oxe vai dedicado a Xose María

Álvarez Blazquez.

Un saúdo de Andrea

:)

Ana dixo...

Eu tento colaborar co galego co meu novo blog : Entrelenguas.
Ainda que aviso que hai moitos erros,mais prometo mellorar!

Feliz día das letras gallegas

Ad astra per aspera dixo...

feliz día das letras, chousa!

Dita Ciccone dixo...

feliz dia, bonito poema

Cuspedepita dixo...

Aiiiii, eu agardo que tardemos moito, moito, moito en celebrar as Letras galegas homenaxeándote, Chousiña, como che dixo Veca.
Non é por nada, meu, pero xa sabes que teñen que pasar des anos desde...aiiii! :-)))

Bicos para ti e para Veca que me deu pé para gastarche unha broma máis.

E xa van...

d´Agolada dixo...

Tiñas razón, puxen no mail .com, que despiste, síntoo, pero é o primeiro hotmail.es que vexo, adoitan ser .com, en fin, xa cho enviei outra vez á dirección correcta. Unha aperta.

chimeneaverde dixo...

Ea pues, feliz onomástica.

Kim Basinguer dixo...

Me gustaria poder falar galego, coa liberdade que da lingua, e a seguridade de que non nos separa dos demas, aínda que algúns pénseno.
Féliz día das letras galegas.

HADEX dixo...

Vaia, acabo de escribir no blog do Raposo sobre este mesmo poema.....Pois o dito, encántame Celso Emilio, un dos mellores da nosa lingua... Boa elección, como demostra a coincidencia. Bicos

busto.agolada dixo...

Na Galicia que eu soño tamén se fala galego porque é o que me dita o corazón e o sentemento. E os galegos haberán de saber falar tamén nun perfecto castelán e coñecerán linguas estranxeiras.
E gustariame que outro futuro Celso Emilio non tivese que dicir lingua PROLETARIA, senón LINGUA PROPIETARIA do meu pobo (que lle é propia).
Unha aperta, amigo Chousa

Mariola dixo...

Terrible longa noite de pedra que soubemos/sabemos/saberemos arredar de nós, sempre. Somos unha nazón de loitadores.

Como canta R.Blanco Torres, levamos a verdade no peito e a estrela que nos guía tén resplandores eternos.

Longa noite de pedra, volvícheste día de primavera.

Xa non máis teremos medo.

Aperta!

vermella dixo...

Dende a súa publicación ate hoxe segue en actualidade,recordo no 89? cando se lle adicou o día das letras e eu coñecín a súa obra,quedei impresionada tanto polo espiritu crítico como pola súa musicalidade,e pensar que a longa noite deulle nome a toda unha época.
bicos e boas letras con retraso...

irene dixo...

Me gusta el gallego, me parece un idioma dulce y melodioso, si yo fuese gallega, no permitiría por nada del mundo que se perdiese su uso, tengo que aprender algo, espero que algún día os comente en vuestro idioma.
De momento, Bicos.

Kim Basinguer dixo...

Cantas veces chorei pola miña terra, por estar lonxe dela e esas mesmas veces agradecín aos venezolanos a súa calor por facerme sentir unha deles.
Cantas veces desexe falar en galego e non era correcto, quedaba mal, o mesmo desexo que fai que me senta galega, ame a miña lingua malia que non saber escribila ben.
Falemos galego, para unir as nosas voces, os nosos espíritos e a nosa xente, sen esquecernos de todas as terras que nos recibiron como fillos adoptivos cando tivemos que afastarnos de galicia.
E jamas,jamas sexa a nosa lingua un motivo de separación co mundo senón todo o cotrario, que a nosa voz sexa unha suave brisa do mar que sirva para acariñar a tantas persoas que teñen nosos mesmos sentimentos.

Anónimo dixo...

Amén, Kim

Zeltia dixo...

canto me teño emocionado con este poema. Sobretodo cando era unha adolescente: ía a aldea nas vacacións, e alí á media hora de chegar, o galego era o que enfiaba os meus pensamentos e as frases saían en ristras coma de chourizos: arrecedentes, sabedeiras...
Pero é que ó voltar co verán menguante, os dias menguantes, as ilusións menguantes, os amoriños primeiros menguantes, ó chegar aquí dábase a volta a tortilla, e ...a medi hora as frases saían coa misma facilidade en castelán: respostaba no que me falaban!
Moitas veces sentíame coma se traicionara algo. Mesmo de moza, cheguei a enarbolar a bandeira da lingua, e tiven unha tempada en que falaba de cote galego, facendo un esforzo por non pasarme ó castelán a mínima (os meus amigos, a televisión, o cine) hay 25 anos era unha tarefa ben dificil, eu polo menos, que son vaga (i no lo niejo) abandoné y decidí que me expresría como me diese la gana, y que pensasen lo que quisieran, los unos, y los otros!
fui la generación del sandwich: me obligaban a hablar castellano cuando no sabía y no quería, y ahora tambien me tengo que avergonzar de hablar castellano?
Bueno, Celso Emilio, hemos pasado buenos ratos juntos, pero tu eres hijo de tu tiempo, y yo del mío.

Zeltia dixo...

jajaja, viste que empecé en galego e terminei en castelán?
Non o podo remediar.
ahhhggg teño un trauma que ven da infancia! jajaja

Pitima dixo...

Doce, língua doce e cercana. Non hai traducción posible. Todos os de fora debían falar galego.. é unha mágoa.
Bicos galegos.

São dixo...

Viva o Galego, irmão de coração do Português!!

Se aceitares, há uma rosa esperando que a vás buscar, lá em casa!
Sê feliz.

Paquito de Penas dixo...

Postear en galego é a máis sublime das confirmacións.
¡Longa vida as letras galegas!

asbeirasdoarnego dixo...

Encantanme as letras galegas. Ademais debe ser ó único día que a xente se acorda dun morto, aínda que non lle fixeron entierro. Un Saúdo Chousa
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com