A madurez que, co paso dos anos, imos acadando configúrase non somente co devir do tempo; concorren e adiciónanse feitos, circunstancias e aprendizaxes que somatizamos de xeitos moi diferentes, que van imprimindo no folio do carácter as grafías da experiencia.
Lembramos e interiorizamos eventos positivos e felices; pero aqueles que nos resultaron negativos ou traumáticos son os que máis acaban por marcar a nosa persoalidade frente á vida.
É como se tivésemos que pasalo mal para medrar mentalmente.
Superar dificultades fainos máis fortes; ainda que tales fatalidades, en ocasións, nos deixen cicatrices.
Lembramos e interiorizamos eventos positivos e felices; pero aqueles que nos resultaron negativos ou traumáticos son os que máis acaban por marcar a nosa persoalidade frente á vida.
É como se tivésemos que pasalo mal para medrar mentalmente.
Superar dificultades fainos máis fortes; ainda que tales fatalidades, en ocasións, nos deixen cicatrices.
Foto: Un carballo da parroquia de Dorra
27 comentarios:
As cicatrices que se nos van marcando na pel e no noso interior son o auténtico relato da nosa vida, tés razón. Unha vida na que non haxa cicatrices non é vida. Carece de experiencias, de esforzo por superar os obstáculos por nós mesmos, de construír as pezas que nos conforman.
E o bo das cicatrices é que sempre están á vista, para servirnos de advertencia.
E o malo é que, ás veces, algunhas parecen pechadas, pero seguen sangrándonos a alegría por dentro.
A vida é una batalla permanente dunha guerrra case sempre incruenta e que vai deixando cicatrices invisibles as máis das veces. Claro que aprendemos desas feridas. E o que non aprende, perece.
Gustoume a cicatriz do carballo. A saber quen o feriu!
Pois si, eu ainda teño unhas cantas cicatrices. Pero do malo sempre se aprende. non? ou eso din por ahí.
Eu sempre dixen que non mudaría nada da miña vida, pois o bo, pero sobre todo o malo fixéronme tal como son, e teño os meus defectos pero en xeral gústome, e intento ser eu todo o tempo.
Beijinho
Geralmente, ninguém aprende com a felicidade...só com a dor!
E como as árvores fortes são as que resistem aos temporais, as pessoas de fibra são as que aprendem e avançam.
As cicatrizes ? Vive-se com elas...
Feliz semana.
Como distinguiríamos os momentos de felicidade se non houbra outros de tristeza? e ademáis sería todo moi lineal, non tería graza.
Todas esas cousas que nos van acontecendo no dia a dia son as que nos fan como somos e nos ensinan a vivir.
unha aperta.
Eu teño algunha que outra cicatriz... Gústame tocalas para recordar o fortes que podemos chegar a ser. Ó final sempre acaban curándose aínda que deixen marcas, ¿non si? :)
Son marcas da vida, lembranzas do pasado que nos acompañan sempre.
Por certo, preciosa a foto, coma sempre.
Un bicazo!
Seguro seré reconocida como la sucia que soy, pero esa cicatriz parece una vagina.
Saluditos !!
PD: me pone que te ponga !!
Non vou a entrar no que parece o non esa cicatriz.
Tan so decir que das batallas ganadas pouco se aprende (salvo que foran ganadas despois dunha longa loita)... aprendese mais dos erros que deixan feridas.
O malo das feridas non son as cicatrices, senon que hai árobres que nalgun momento fan crecer máis a sua pel, despois dunha agresión, aislandose do mundo.
Unha aperta.
Pd. Voume parecendo a árbore da tua foto, non por ir cambiando a vaxina, se non por ir cicatrizando.
Fixate ti que cousas ve a xente no tronco dun carballo. A min pareceseme a uns labios (da boca malpensados)
Biquiños Chousa
Yo creo que mis cicatrizes son demasiado profundas, nunca se curaran del todo....me mantienen con los ojos abiertos!
Creo que Veca entendió lo de Demi Moore, jejeje
Biquiños
Eso explica moi ben a inmadurez da sociedade co estado de bienestar. Sí. Tes razón. Antes a xente maduraba antes, porque se pasaba moito peor...
Non estamos preparados para as desgracias, que nos veñen a madurar de golpe, e non pouco a pouco..
Non che sei que prefiro, porque só valoramos as cousas cando nos faltan. Ás veces parece que non sabemos ser felices...
son as peores, non? as cicatrices que non se ven a primerira vista... esas son as que máis doen, as que abren con facilidade, as que sempre están presentes, as que non queres que os demáis descobran porque tes medo de que sexan un estigma
El hierro se forja a base de golpes y fuego... todo termina siendo una cicatriz... mmm no sé por qué me acordé de esto.
a mi las cicatrices me gustan... siempre dan buen tema de conversación.
E por moito que digan que o malo tendemos a olvidalo e a apartalo da nosa mente, e precisamente isas malas experiencias as que máis nos fan como somos. Por es
eu adoro as miñas cicatrices. a meirande parte non se ven... pero me lembran moitas cousas. cousas que non debo facer de novo, o que debo facer a pesar de todo...
De todo se aprende en la vida, y yo prefiero quedarme con los mejores momentos, que los malos ya se encargan por sí solos de hacerse notar.
Saludos
As árbores mostran as cicatrices naturalmente,a savia encargáse de axudar a pechalas,en nós non se ven pero sabemos que están.........
maravíllasme outra vez co teu ollo fotográfico.
bicos.
Só vim ver o estado das coisas.
Unha aperta.
Pois o conto é que o que non te mata faite mais forte, si. Pero por eso o camiño está sementado de mortos, che. ¡a min que me volvan para o paraíso ese do conto e que queden con todo o aprendido, arremecajená! que xa estou farta de aprender.
Unha foto ben atinada.
Concordo íntegramente.Reflexión fotográfica e Fotografía reflexiva. Encantoume o post!!!.
Unha aperta grande.
:)
Ai... Non sei por que non sae o que che escribo no blog... Esto eche un misterio, meu. E oes unha cousa, para a feira do queixo aínda falta, non si? Este ano penso que lle toca ós de Palas á organización da cita. A ver se me convidan a un queixo, que ben saboroso que é, e se amais mo acompañan do pan de Antas... mi madriña, que delicia.
Dicía que é curioso que sexan precisamente as dificultades e as penurias a que crean máis fondas raizames na nosa personalidade. Tal vez son as únicas ás que lles damos importancia. Tal vez a ledicia sexa secundaria entre tanto queixume.
Boas de novo....pois a cerca do da donación non é que eu non queira...e que fai menos dun ano que fixen unha tatuaxe e polo menos nun ano non me deixan donar...e tamén me sería bastante complicado acercarme a Antas porque non teño coche...e pola semana curro...en fin....de todos modos, moitas gracias por avisar. Ten seguro que en canto poida volver a donar, fareino ;) un saúdo!!
Por certo, interesante reflexión a das cicatrices da vida...algunhas veces aprendese moito pero outras costa moito superar certas cousas. Non todos actuamos igual ante a mesma situación nin levámos os problemas da mesma forma...pero... como digo eu sempre: aprender e intentar quedarse con bo...ainda que as vees seña dificil....
un saúdo!
Que a Galiza contnui verde e linda!
Bicos de Portugal.
Dende a profunidade do cicatrizado e robusto carballo de Dorra, os meus saúdos.
Qué sería o que lle fixo esa marca? Eu tamén o pensei. E toqueina, e mireina con reiteración. Apostaría que foi un machetazo. Que lle faría deter os golpes ao "maderista"?.
(O carballo tamén vos manda saúdos moi garimosos)
Publicar un comentario