domingo, 1 de decembro de 2013

Parolar

Aquelo que nos contaron na escola de que o corpo humano constaba de tronco, extremidades e cabeza era unha definición incompleta. Agora xa todos sabemos que tamén consta de teléfono móbil. 
Este artiluxio, que ten a capacidade simultánea de poñernos en contacto coas persoas que estan lonxe á vez que nos illa por completo das que temos ao noso carón,  ven a deixar constancia de que -por moi pouquiño que teñamos que dicir- moito nos gusta parolar (á do pelo vermello guasapear).

Foto: Paroladoras de diferente pelaxe.

9 comentarios:

Alís dixo...

Si falamos con propiedade, ERA unha definición completa, pero É incompleta agora, porque por máis que queiramos parecer máis novos, cando íamos á escola o teléfono móbil non existía. Se cadra, nin siquera como idea futurista.

Parolar, en moitas ocasións e nalgunhas máis que noutras, pode ser moi pracenteiro.

Bicosss

Pedras dixo...

Canta razón! Paroladas de un en un(aparentemente).
E si, hai que actualizar os libros de Coñe...

Apertas de decembro

Anónimo dixo...

Afecta a todos, pero podria ser que algo mas a ellas? Tu foto lo evidencia. Claro que las mujeres siempre tienen algo que decir
Anonimous

mariola dixo...

Certo. Eu tamén o uso pero de momento non abuso. Gústame máis parolar coa pelaxe de sempre.
biquiños chousa...máis o que estou a facer agora é tamén outra modalidade, no si?
apertas.

Ginebra dixo...

A todos, a todos, nooo. Yo hablo poco por teléfono y no "guasapeo", no tengo ese apéndice en forma de móvil en mi cuerpo, pero creo que soy una excepción, pues a mi alrededor veo lo contrario, incluso en mi propia casa:)
Besos

Anónimo dixo...

Seres lingüísticos, Sr. chousa, dunha maneira ou doutra!É comunicación. A vostede dáselle moi ben, é un pracer botarlle os ollos!!
Bicos móbiles

Paz Zeltia dixo...

estaríanlle contando a alguén o da pega que estabades vendo.

susana moo dixo...

Ando tentada de facer un blog cos retazos de conversas telefónicas que se escoitan por ahí.
Chulísima a foto, Chousa

Carlosm dixo...

Pelo teu olho nom tiram os telefones móbiles, nom...Saudos