domingo, 24 de novembro de 2013

Diacrítico

Que me guste a fotografía non garantiza en absoluto que faga boas fotos. Eu ver véxoas; pero despois, cando interpoño entre o ollo e maila realidade o obxectivo da cámara, aparecen as complicacións.
Non sei manter as distancias focais, abuso de velocidades de obturación, fago mal os contrastes e apreto con lixeireza o disparador.
Claro que, entre tantas que fago, hai algunha á que non se lle pode poñer ningunha péga. Aínda que eu tivera un día crítico...

Foto: Pega sen péga. Outono urbán.

9 comentarios:

Alís dixo...

Sei dun fotógrafo con varios premios do que din (e eu creo) que ten que facer mil fotos para acadar unha boa. Pero a que o é, vale por tódalas outras.

Pensaba ó ler o segundo parágrafo que menos mal que falas do teu desempeño como fotógrafo, e non noutras lides. Fixen unha lectura con segunda intención e pensaba que iso sí que sería un día crítico.

Eu xa che vin unhas cantas que son moi boas.

Bicosss

Dalicia dixo...

onde non chegas co obxetivo falo cas verbas. E por riba non es atildado, ¿ qué máis queres?

Pedras dixo...

Fermosísima paisaxe!! Con anduriña incluida...
Canta luz!!

mariajesusparadela dixo...

Efectivamente, non hay péga para a pega. Unha foto con pegada: falarase dela.

Pitima Alvarez dixo...

Gústache xogar, coas imaxes, as das fotos e as outras, as das palabras...
Días críticos témolos todos... Será cuestión de pór o tilde diacrítico onde corresponda para facer cambiar a semántica á nosa conveniencia... ¿ou?

paideleo dixo...

Pásache un pouco coma min que miro fotos fabulosas pero logo sáinme mingurrias.
Iso si,o dominio da palabra teu non ten rival ( pega, péga, diacrítico, día crítico ).
Déixasme pampo.

Pedras despistadas... dixo...

Un erro crítico: non hai anduriña, senón pega!

Zeltia dixo...

pois nesta, púxoseche "una urraca", que es peor.

(tamén lindo o outono urbano, va que si?)

abuelacris dixo...

Esta foto ten unha pega, seguro