domingo, 17 de novembro de 2013

Transxénese

Era visto. Tanto voto á dereita tiña que ter consecuencias.  
Xa se vían vir machetazos cara os pupitres, navalladas cara os fonendoscopios e ráfagas de plomo cara os avances na xustiza e nos dereitos sociolaborais.
Contábase co incremento notable de rosarios e letanías, si; pero non pensabamos que tivesen o valor de mutar tanto as células desta sociedade, ata o punto de lograr que as mazairas desen froitos tan raros...

Foto: Mazá transxénica

10 comentarios:

Pedras dixo...

Uff! Andaremos e veremos...
Tan orixinal!!!

Alís dixo...

As veces pregúntome qué almorzas, porque gústanme as túas fotos, encántanme os teus textos, o teu xeito de fiar as ideas, coas que moitas veces concordo, pero como máis flipo é imaxinando cómo funcionan as túas neuronas (ves que che presupoño máis dunha) para relacionar as imaxes coa idea dos textos.
Sexa o que sexa o que almorzas, eu tamén quero diso

Bicosss

Anónimo dixo...

Magatos!! Que ricas!!

Chousa da Alcandra dixo...

Pedras: Ti tamén viches froitos así de estranos, ou consideras que aínda a miña mazaira pode fructificar algún cancodrilo??

Alís: Leite galego con Nesquik e unha robada de pan con manteiga e mel. Ambrosía á mañá cedo. Despois empeza a corrupción alimentaria.

Anónimo: Hoxe fun ao Gadis (que seica viven como galegos, pero pensan como marcianos), e non atopei esa froita que dis

Dalicia dixo...

¡¡ e tanto!!!

Por equí medraron leiras de lixos varios. unha paisaxe cambiante e moi acertada dado o panorama.

Raposo dixo...

Aínda se ven froitos peores: polos montes medran como cogumelos, lavadoras, cociñas Fagor, neveras e outros enseres pouco comestibles.
Cousas dos tempos modernos!

mariola dixo...

E tanto que dan!
Un texto ben atinadiño, como sempre, chousa.
E este froito parece mansiño, imaxínaste algún outro con dentes afiados como navallas?
bicos que son bicos aínda.

paideleo dixo...

Eu tamén pensaba que non ía ser para tanto co paso á dereita pero estánme abraiando cada vez máis.
Ogallá non che fagan vacinar a maceira ou meterlle un chip.

Ginebra dixo...

Ciertamente se les veía venir, pero hay algo aún más inquietante: después de lo visto, ¿volverán a ser votados en las próximas elecciones generales?.
Eso "me quita el sueño".
Un gatito trepador y ecologista:)
Besos

Zeltia dixo...

nada me estraña.