venres, 17 de xullo de 2009

Buratos

Un país enteiro desbordado pola insistencia informativa dunha desgracia que non da máis de sí. Unha morea de cánidos famentos devorando un anaco de carniza. Un fato de corvos arrincando vermes no medio do esterco.
E os políticos todos conformando "comisións investigadoras" e bandadas de responsables sociais entonando cánticos que claman "depuración de responsabilidades..."
E qué carallo badúan se os responsables son eles mesmos por incompetentes e por criar un estatus no que prima a inoperancia e o absurdo máis kafkiano? (que nin Kafka imaxinou siquera).
Mentras tanto a única esnanfrada contra o muro da culpa é unha moza co título de enfermeira ainda empatenado á que non houbo quen lle axudase a conquerir a graduación que somente da a experiencia.
Non propoño que lle dean unha medalla, pero tampouco que a empareden deste xeito quenes a meteron no burato para salvar os seus propios cus de incompetentes absurdos burócratas.

Foto: Porta aberta á comprensión

36 comentarios:

Pitima dixo...

Eu dígoche, dende a primeira liña, que non sei como non pasan moitas máis e terribles traxedias...
Cheguei o convencemento de que as cousas funcionan case soas.. sen ninguén que realmente se faga responsable, ou con uns cantos que sin comelo nin bebelo, acaban carrexando no lombo máis do que poden soportar o do que están preparados para levar... polos incompetentes e absurdos burócratas, que cando lles vas a contar que non podes máis só che dicen que outros están peor...
(Que para iso debemos estar en primeira liña, para levar por riba todos os golpes...)
Un bico... sen ánimo de aleccionar, que non son quén..
A palabra de verificación é recogge... jaja

Pitima dixo...

Marabilla de burato, por certo. Encántame..jajaja
Eu compraría o teu libro, ilustrado, por favor, e con dedicatoria..jaja
Outro bico!

Aldabra dixo...

pobres os que se foron: a nai e o pequeniño... pobre mulleriña... todos foron desgraciados... uns cun sufrimento con data de caducidade e a que quedou sin data... por sempre xamais...

non teño mais palabras.

bicos,

Carlos Sousa dixo...

Tema complicado. A rapaza tiña que saber o que estaba a facer, iso está claro, pero o que non é lóxico é que no seu primeiro día de traballo estivera a exercer un posto con tanta responsabilidade.

A primeira impresión que me viu cando saíu o director do hospital a comunicar a noticia, foi de pena por todos, ata por el, que saía cunha cara descomposta e ata un pouco emocionado, dicindo que ían cargar coas culpas e buscar responsabilidades.
Pensei, chapó!, cousa máis rara que non o taparan, como fan a maioría das veces.

Pero pensando ben, non sería que é un caso bastante mediático, que estaba seguido polos medios, e non terían forma de tapalo? Gustaríame pensar que non, pero a saber cantos casos destes pasan e non se sabe nada. Por desgracia, penso que bastantes.

E comisións de investigación, para que? Se total todas quedan en nada.
En resumo, hai máis culpables que a rapaza, pero non están esnafrados contra o muro.

Unha aperta.

elvira carvalho dixo...

Passei. Talvez por viver longe, não entendi de que falava, nem a sua revolta.
Um abraço

Artabria dixo...

Eu non creo que sexa tampouco toda a culpa da enfemeira.........fai un ratiño lin na prensa que ingresou nun psiquiátrico....

galicia maravillas dixo...

unha mágoa o que aconteceu, de certo, en canto ao traballo, moitas veces, a responsabilidade a ten que asumir en soidade a persoa que chega de novo e os e as compañeiras as veces o que din é que ten que espabilar, iso é o que se escoita as veces... e non debería ser así, os protocolos se os hai, non se cumplen, e a cadea quebra pola parte máis feble, neste caso, un meniño, os seus pais e unha enfermeira novata e soa.

Carlosm dixo...

Un mundo embrutecido pola tecnoloxía vainos comer a punta do cerebro, para acabar deglutindo as dedas dos pes. Tamen podemos probar a parárllelos antes (os pes).

Súmome á tua denuncia e subliño contigo o manifesto contra o fato de papafrebas que comandan este tinglado.

Apertas variadas
Carlosm

Barreira dixo...

Estamos no de sempre. Ante unha sociedade onde prima o poder fronte á convivencia das persoas, so se pode rezar para que non pasen mais cousas destas.
Moitisima xente enseguida pon un pañal (coma o dos nenos pequenos) para salvar o seu cu. E si para iso hai que deixar a outro co cu ao aire, nin se pensa por un segundo, e deixase co cu ao aire.
E porta á comprensión pechase a cal e canto, ou incluso se tapía.
Saudos

Avelainha dixo...

A comprensión entra pola porta, pero a estupidez entra polas ventanas.
Chousa puxo unha porta enfrontada a unha fiestra. Niso seguro que tamén hai mensaxe. Seguriño que si.
Eu non podo evitar sentirme igualiño ca esa enfermeira. Levo tres dias pensando nela. A traxedia sufriuna o neniño, pero entre as víctimas tamen está ela. Víctimas dun sistema tolo cheo de cus incompetentes

zeltia dixo...

uff, arrepiante todo iso. eu, penso coma pítima, que é bastante estrano que non ocurran casos deses mais veces. que moitas pasará e non se sabe, porque non son casos tan cantosos, se é un velliño cun pé na tumba e familia que non se entera ben... por desgracia tiven que pasar en dous periodos da miña vida meses no hospital acompañando primeiro a miña nai e despois a miña irmá, e nesas horas eternas en que enfermas chegaban e se ían de alta, vías moitas cousas... unha sempre presente é a falta de persoal, non chega a xente para atender as plantas; sempre ás presas; e ese "medo" ás broncas posteriores se toman a mais mínima iniciativa...
eu comprendo que levar un hospital enorme con tantos habitantes coma unha vila, entre enfermos e traballadores, non debe ser cousa doada; o orzamento do que dispoñen tampouco será dabondo; pero... ahí os erros custan o que todo o diñeiro do mundo non pode comprar. a xente novata ten que estar supervisada!

HADEX dixo...

Buf, canta comprensión a túa (dígoo polo da porta aberta....) Xa podía ter eu un anaquiño desa!!

Bicossss

Markesa Merteuil dixo...

Lamentablemente non hai nin orde nin concerto, e así nos vai. O caso saltou á luz porque non quedou outra, xa estaban no punto de mira, pero... se non fose así, se a nai non morrera de Gripe A ¿saberiase sequera? ¿canta xente morre por erros de alguén que non é supervisado e carece da experiencia suficiente como para facer o traballo en solitario? Un dia nunha planta, dous noutra, mañá a outro hospital... e corre, e vai, e tolea...

Chousa da Alcandra dixo...

Tedes razón, seguramente hai moitísimos máis erros que non teñen a repercusión mediática deste. E moi seguramente tamén é un misterio o feito de que non haxa moitos máis erros ainda. Supoño que esto reafirma duas teorías: unha que fala de que as cousas tenden a solucionarse por sí soas (técnica de brazos cruzados), e a número dous é que cando algo vai mal sempre pode empeorar moito mais (lei de Murphy).
Con todo, e sen minimizar a dor da familia do neniño con que semella que se cebou a desgracia, non podo evitar sentirme moi perto da "enfermera 1" (como lle chama hoxe a prensa). Ela, sen dúbida, é unha víctima tamén.

Estes de Blogger semella que andan de cachondeo coas palabras de verificación ultimamente. A deste comentario é "tutead"...

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Sei que falas dende o púlpito do coñecemento nesta materia, por iso a tua opinión ten moita relevancia. E tamén teño claro que pouco podedes facer vos como pezas desa engranaxe para mudar o sistema que ameaza con esmagarnos a todos. Os médicos síntense coma oficinistas despachadores de receitas que prescriben outros, os especialistas cabréanse cos casos que lles mandan os de atención primaria...e no medio os usuarios (que somos todos).
Quen nos ía dicir que a globalización e maila tecnoloxía ía vir coa carpeta da deshumanización debaixo do brazo!

(Cando o editor se decida, conta coa adicatoria persoalizada!!)

Aldabra: Sen duda algunha eles sufriron a traxedia pagando coas suas vidas. Non hai paliativos para esa realidade tan crúa.
Pero eu insisto en que o sufrimento non remata co punto final dos que se van. Hai quen queda pendurado duns puntos suspensivos que precisan ser un punto e seguido. Complicado.

Carlos Sousa: Pasoume o mismiño que a ti nun primeiro momento. Sorpresa polo recoñecemento tan directo. Non nos teñen afeitos a iso.
Despois foi cando empezou a fraguarse a realidade.
Unha mágoa que para unha vez que o corporativismo parece que non vai campar, resulta que a precipitación fai acto de presenza.

Elvira Carvalho: Seguramente que hoxe xa chegaron a Portugal os ecos da noticia da xove enfermeira que cometeu un erro humano (con altas doses de participación dun sistema que non supervisa aos profesionais noveles, escasez de persoa, etc); á cal fan agora única culpable.

Artabria: Eso parece, si. E non me estraña nadiña. Supoño que nos facemos cargo da tremenda responsabilidade que sinte polo efecto do seu innegable erro. E se a elo lle sumamos este impacto mediático...como para non tolear!

Galicia Maravillas: O que me pregunto eu é cal será o motivo de que, neste caso, esmaguen con tanto énfase a esa rapaza; cando noutros casos tapan e cuestionan todo tipo de situacións.
Unha terrible mágoa este caso.

Carlosm: Coa tecnoloxía pasa como con case todo: cando se emprega ben é unha virguería; pero cando se usa mal...o signo negativo pode elevarse progresivamente con efectos tremendos.

Barreira: "Lo has clavao!", que diría un castizo. Por ese lado van os tiros desta escopeta nacional cargada de perdigóns traizoeiros. Escopeta para a que non se precisa licencia e parece que nin siquera hai vedados; co cal...todos somos víctimas potenciais dos furtivos apoltronados en despachos enmoquetados que -curiosamente- puxemos nós alí...Manda moito carallo!

Avelainha: Enfrontei unha porta a unha fiestra para que entrase por ambas a comprensión e mailo sentido común; pero tés razón. Por onde entra o frio tamén pode entrar o calor. Coma sempre, vai quedar na man do dono da casa saber modular as entradas e saidas...

Zeltia: Eu tamén pasei meses de acompañante nun hospital, e percibín esas mesmas présas, medos e necesidades que ti dis. Tamén captei moita inoperancia á vez que moitísima profesionalidade. O problema case sempre ven dado polo sistema en sí mesmo. É como se a un carpinteiro lle mandas facer un mueble coas mans atadas á espalda. Por moi bo profesional que sexa...o mueble vai sair daquela maneira.
Ás veces so é cuestión de sentido común que, como se ven dicindo, case sempre é o menos común de tódolos sentidos.

Hadex: Non digas tal, que ti levas amosado tanta comprensión (polo menos) como a que eu "tento ter" neste caso.
A porta sempre aberta (e non so para que entre a comprensión. Ás veces tamén para que me saia para fora a mala uva!!!!)

Markesa Merteuil: Si si, e saen de facer unha garda nocturna en urxencias do Xeral e logo van facer un turno no PAC de Antas de Rei, para enganchar con turno corrido na semana no Centro de Saúde de Palas de Ulla. E se se tercia ainda fan media xornada na Residencia de Persoas Maiores de Chanboada...
A isto aspirábamos?. Vale, pois xa o temos. Agora hai que cambiar os obxectivos!

Anónimo dixo...

Soame moito o lugar da foto...ummm estou remirando...

Carlosm dixo...

(O anónimo anterior fun eu. Esquecin a sinatura)

Anónimo dixo...

viñen de carreira e deixo constancia da minha admiraçom. hei volver pasarme con mais aplomo por este cantinho.
gostei
envirado

~pi dixo...

gosto do que dizes e de

c o m o o fazes,

faz me sempre

reportar...

... bem, aqui

ao lado...

[ a porta, também,

pois,




beijos





~

noa dixo...

xa sei que non ten nada que ver, e que é un tema moi serio... pero dende que lin o título do post non podo deixar de escoitar a mucha (de mucha e nucha) dicir: "burato do monte!" con voz de ultratumba...

irene dixo...

Estoy totalmente de acuerdo, tampoco propongo que le den una medalla, pero las responsabilidades hay que buscarlas más arriba, no en el último escalón, el más débil. Espero que rueden cabezas (en el mejor sentido de la palabra, por supuesto).
Ando un poquillo a trancas y barrancas con el blog últimamente, espero se me pase pronto este desánimo.
Moitos biquiños, Chousa.

vintxuca dixo...

Os erros son humanos...se non os tiveramos seríamos todos máquinas e de ultimísima tecnoloxía porque ata elas erran as veces.
Esa rapaza ten que estar pasando por un momento arrepiante...estou con todos os que dicides que a reponsabilidade hai que buscala por arriba.
Bikos a todos e sinto ter o blogue tan abandonado.Aínda así non vos esquenzo.

Aldabra dixo...

teño que contarche un segredo... o outro día soñei contigo, é decir, con Chousa... no meu soño te escribía un poema no teu blog...

este tipo de cousas paréceme divertido porque penso: "¿e porque soñaría eu con Chousa?".

en fin.

bicos,

A Conxurada dixo...

Para non variar....canta razón tes.

un beijo que ule a mar.

Doutora Seymour dixo...

Buratos negros, negros escuros, onde agochar a podremia.
Puto mundo. Este. Onde sempre pagan os de sempre.

anto dixo...

E... se non andase polo medio a gripe A e se a este bebé antes non lle tivese morto a súa nai, quen de nós falaría do meniño Rayan? Ningún.
Cantos morreron nos hospitais, nas estradas, tirados por aí con unha sobredose "de cabalo"... por erros de distinto signo no ano que andamos? A cantos de estes que erraron apuntaron co dedo...para a lapidación?
A cantos marroquinos se ofrece a trasladar en avión o rei Mohammed?
Hai mortes e mortes tamén entre os pobres! Algúns chegan á gloria antes ca outros, a través das mortes mediáticas.
Un morto e un morto...e ás veces parece que che toca por adiantado; aí moito temos que mellorar.
Por certo, particularmente a min deume bastante máis pena a morte da nai; ante a dúbida, eu salvaría a nai.

Fóiseme a pluma, Chousa; adestrarei dicir máis con menos texto.

Manuel L. Rodrigues dixo...

hahahahaha

...e que terán os buratos???

Ro dixo...

Os buratos son para as ratas, e desas (de garabata e dúas patas)... neste país temos demasiadas.

Síntoo moito por tódalas vítimas nesta e en tantas outras traxedias que quedan agochadas e ben gardadas baixo chave.

Un saúdo tormentoso (meterolóxicamente falando)
Cousiñas de Ro

vakastolas dixo...

Todos furamos nalgún lugar e con máis ou menos transcendencia abrimos fendas na terra. Somos culpables... pero alén da culpa está o "dolo" e diso saben máis os de arriba que os de abaixo.

Druid dixo...

Donde eu traballo, os días que acadamos mellores resultados, son os días que maís apurados andamos e que peor estamos de xente... son os días que as cousas parecen sair soas.

Neste país faltan moitas cousas e medios, pero unha das cousas que faltan e vergoña nos políticos, eses mesmos que para favorecer un amigo cambias todas as centralitas, teléfonos e ordenadores dos centros de saude, e logo din que non teñen para contratar mais persoal.

Anónimo dixo...

exactamente..

Chousa da Alcandra dixo...

Que ben se està de vacacións, cajonatós!!!!

Saúdos asturianus para todos...

zeltia dixo...

que che aproveite a sidra e o cabrales.
que che aproveite o vivir a un ritmo distinto.

bicos cara asturies

vermella dixo...

Os nosos políticos e institucións sempre precisan unha cabeza que decapitar para poder seguir coa conciencia limpa,e os medios so queren "carnaza".

Eu acabo de voltar das vacacións e ti disfrutándoas,que o pases ben.....

Chousa da Alcandra dixo...

Unha paradiña (pequena) nas vacacións, para continuar unha semaniña mais de asueto e liberdade. Esta vez, xa polo país. Olliño: levo a cámara comigo!!

Bicos a todas e cada unha das visitantes.
Saúdos fraternais a todos e cada un dos que visitaron a Chousa.

LM dixo...

claro que é normal ter erros mas cada trabalho tem a sua responsabilidade e deve ser asumida porque senom estamos a desculpar continuamente os erros. o trabalho das enfermeiras é saturante e excesivo mas isso nom desculpa uma morte(aliás tam dolorosa). ninguém lhe pos uma pistola na caluga para asumir uma responsabilidade que nom era sua e se o soldo afinal de mes está por riba dos riscos da sua profissom. temos que saber dizer nom nalgum momento das nossas vidas apesar das consecuencias persoais.
beijos