domingo, 12 de xullo de 2009

Deloirar

Pecharse en demasía no propio pensamento acaba por facernos obstinados maniáticos que non ven máis aló do propio nariz. Por iso resulta refrescante a lectura, que nos aporta fluxos de ideas novas ou, cando menos, danos o pé para un novo xeito de bailar nesta muiñeira que ten pasos de jota con aires de pasodoble.
Pero con máis énfase ainda é preciso resaltar a interrelación coas persoas. Iso sí que aporta bagaxes novas e fainos sair da quietude do peitoril da propia existencia, ó tempo que nos inxecta e contamina nas propias neuronas a vitalidade que podíamos ter esmorente.
En todo caso está moi ben, faise preciso e resulta hixiénico deloirar as roupas; pero non compre esquecer que esa necesidade está solapada á de lavar e ventilar axeitadamente as propias intimidades que aquelas prendas -deloiradiñas- tapan.
Que o mesmo que nos enriquecen, o propio facemos nós cos demáis. E cheirando...non é plan.

Foto: Tendedeiro de intimidades perto de San Caetano...

23 comentarios:

Avelainha dixo...

Este Chousa hoxe vennos con outra metáfora interesante. Ou son duas nunha soa?. E que o da muñeira con aires de jota e pasodobre sóame a mensaxe subliminal tamen. Boeno e o título da foto qué qués que che diga!.
Chousa, eres un trasgresor.

Mandoche bicos con moito aireado

zeltia dixo...

tamén eu estou dacordo en que tanto as personas coma as relacións, canto mais pechadas, mais cheiran a aire sen renovar. abrirse ós demais, como tí dis :-)enriquece ós outros e deixar que os outros entren na nosa vida, ventila as nosas ideas e produce emocións novas tamén, -que poden ser de moi diversas castes-
agora que xa, a recomendación de lavarnos antes de "enriquecer" a ninguén... non o pillo.
A roupa interior da foto, non será bonita, pero cómoda e práctica parece, xa que a dona debe andar con carnes abondosas.
estiveches ahí lixeiro de cámara!

Antón de Muros dixo...

Non está mal delourar a cachola de cando en vez (tamén a roupa, claro) ;-)

Saúdos.

Antón.

Ana Conde dixo...

Simples,lavadiños e ventilados. Mellor consello imposible.

Ana Conde

Carlosm dixo...

Perto de San Caetano? Qués disir que os habitantes daquel pazo seica queren aparentar coas roupas delouradas (pensei que non se podía dicir deloiradas como dis ti, pero xa vin que o diccionario tamen recolhe a acepción de Antas), pero que todo queda en apariencia?.
Homemm, pero iso deberías sabelo ti. Hoxe o que conta é a imaxe. Sair ben na foto. O demáis...xa se amanhará amanhá hahaha

Carlosm

Cris dixo...

Vaya, qué buen post... interesante... voy a pensar... me lo llevo a mi... ummmm ventilo mucho sí... pero... nunca tiendo fuera de casa... nunca se ve mas de lo que creo necesario y que ya roza mi intimidad...

ummm no se, voy a pensarlo bien...

bletes al aire...

Artabria dixo...

Hai que airear, claro, pero hai xente tan cotilla que hai que ter tino de non airear de máis.....

Post moi profundo, si señor.......Kant o teu lado era un aficionado.

Aldabra dixo...

a foto non ten desperdicio... roupas de muller maior... probablemente que viva soa...
dan un pocuo de tristura, qué queres qué che diga...

biquiños,

susanamoo dixo...

Limpos, aireadiños, vale, pero mellor espidos que con iso.

Raposo dixo...

Vale vou poñer a delourar os calzóns, eso si a ritmo de reggaetón, e chis pon!!

Cuspedepita dixo...

Eu prefiro as medidas drásticas: directamente á lavadora e acabouse !
Eso de deloirar non é o meu, teño o olfato fino de máis.
Agora que hai tanta neura co tema da transmisión de datos ¿acabarán por prohibir os tendedeiros?

Chuchosssss

Xarope dixo...

Eu sempre o digo: Hai que ter un coidado co sitio onde se colgan as intimidades.
Airearse sempre esta ben. E queda un/unha moi fresqiña-o

Barreira dixo...

As intimidades, que soen estar tapadiñas, pero que existen (ainda que haxa quen diga que non ten nada que esconder), hai deixalas de vez en cando que entren en contacto co aire, aproveitando para lavarse un e lavar a roupa íntima. E dende logo, para airear non hai como os tendedeiros de fora, as praias nudistas ou as terrazas dunha cafeteria.
Saudos.

Anónimo dixo...

Yo alucino contigo tio. Me pasas de treinta fotos de naturaleza salvaje y virginal a esto y sin meterme en camara de aclimatación ni ná. En todo caso tengo que decir que te lo curras bien. Me gusta

anto dixo...

Chousa, farías a foto lonxe de Antas; do contrario, véxote mal; se apañas un día un caldeiro de auga fresca, xa sabes o porqué. Cando a señora se informe, e haberá quen a informe, que as súas bragas están colgadas na rede, mi madriña, a que vai montar! E con razón:tiña esas roupiñas penduradas na traseira da casa, pegadiñas á parede, para maior discreción, que nin aireaban nin carallos, e pasas ti por alí e...zas... á rede. Líbreme, Deus, de fotógrafo con ollo!

Pitima dixo...

Primeira fase: ler o post
Segunda fase: ler os coments anteriores
Tercera fase: reler o post e buscar os termos dudosos:
delourarv.t. 1. Pór ó sol ou ó aire [roupa, cereais, etc.] para secalos ou quitárlle-la humidade. Deloura-las fabas. // v.i. 2. Perde-la humidade [a roupa, os cereais, etc.] ó estaren ó sol ou ó aire. Con este tempo deloura moi ben o gran. u SIN. asollar(se).
peitoril
peitoril s.m. Muro ou varanda que se pon nas ventás, balcóns, pozos, pontes, etc., para poder achegarse sen perigo de caer. Encargáronlle os peitorís das ventás a un ferreiro. CF. piar2. O coche derrubou o peitoril e caeu ó río.
Cuarta fase: pensar...
... rum rum
... rum rum
¡Tranki, e que hoxe levanteime espesa e vou lentiña!!
Quinta fase: comentar
Equilibrio. Claro. O post, aparte do sorriso que provoca a túa falta de... respeto para coas roupas da señoriña ben lavadiñas a secar ó sol... pois fala de equilibrio.
Quén sabe!! Seguramente á muller gustaríalle saberse roubada na súa intimidade.. jajaja, que a xuzgar polos modeliños seguro que hai tempo que non lle sacan as cores... jejeje
Tamén falas de mestizaxes, que sempre enriquecen, claro que sí..
Se cadra eu son desas: obstinada maniática que non ve máis aló do propio nariz...
Pero só ás veces...
Tí enriqueces moito...
Que saibas que ás veces hai que cheirar un pouco... Os que nunca ulen a nada é que non viven. ¡Ten razón a nai do fuchibolista! para disfrutar hai que mancharse un pouco. E se logo hai que pór as bragas ó sol... pois iso.. jajajaja. Xa haberá quen as fotografíe...jajaja.
Recordei unha historia que contaba a miña nai, dunha muller, dunha escaleira, de homes seducidos e da hormonal falta de hixiene íntima... aisssss... ¡qué cousas!
Bicos... delourados

chimeneaverde dixo...

Leer, un poco de vida social y despues a airearse la cabeza, buen plan.

SoO* dixo...

gustoume o texto! sobre todo porque son moi maniática cos cheiros; mais hai quen lava a roupa e se esquece da hixiene persoal, neste mundo atópase un con cada personaxe...
Bicos divertidos.

Anónimo dixo...

A xente colga as suas intimidades en calquera lado.

Manoel dixo...

O da muñeira con pasos de jota e aires de pasodoble estivo moi logrado. Agora que xa te quería eu ver a ti fendendo no punteiro para tocala con arte :))

O ghaiteiro maior

Chousa da Alcandra dixo...

Un día destes, cando o meu editor logra convencerme de que este marabilloso blog hai que levalo á rúa (non teño avoas)- adicareille á dona das bragas expostas un exemplar (do libro). Mentras tanto seguirei agradecéndovos os vosos comentarios piadosos.
Mención especial merece Pitima pola sua magnífica lección do savoir faire blogueiro diante dun post complicado de entender e indescifrable para a comprensión jajaja

Deixamos as bragas e mailo sostén deloirándose e ...continuamos a bingo!

Anónimo dixo...

E logho quem cantou linha?

Chousa da Alcandra dixo...

Moi atinado o comentario, Anónimo. Penso que a liña cantouna a dona das roupas a deloirar.