sábado, 9 de maio de 2009

Sorteo

O blog amigo Sempre en Galicia, do incansable Julio Cougil, vén de pór en marcha un magnífico Concurso no que podemos participar tod@s e levarnos "pola cara" unha estadía dunha fin de semana nunha casa ou hotel rural galego.
Participar é tan sinxelo como dar unha característica ou servizo que ofrecen as casas que se relacionan nesta entrada enviándolle un mail a semprengalicia@gmail.com. No caso do lote de produtos compre indicar algunha característica da explotación que os oferta. A cambio so hai que sementar en outros 5 blogs a iniciativa e falar do sorteo nos nósos.
Dado que tamén se participará a través do programa de radio que emite Radio Cornellà cada sábado de 18:00 a 20:00 horas; podemos dicir que este é o Primeiro Concurso no que se da unha maridaxe entre o mundo das ondas hertzianas e mailas ondas "internéuticas" do blogomillo e da blogosfera enteira.
A que raio esperas?. Podes participar ata en 7 sorteos!!
Post-Edición. Ultima hora: Unha nova Casa Rural únese á iniciativa. Julio, dende o seu blog, dará cumprida información de como a imos incorporar aos sorteos; que agora xa van ser oito!!!
- Cada período de tempo irei engadindo algunha característica das casas participantes na marxe dereita do blog-

24 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Coméntame Julio que hoxe non se emite o programa de radio, pero sí podemos empezar a pedir números!!!.
Eu vou agora mesmiño xa!

Druid dixo...

Pois vou ter un pequeno problemiña, que últimamente, como poderias observar, non teño moito tempo para sementar (ni para sembrar), así que vos cedo amablemente a participación.

Gracias por comunicar iniciativas coma esta.

Apertas.

(si, sigo vivo... o esforzo (jeje... jejeje) de encargar un reisiño non e o que acabou conmigo, si e o que pensas jeje).

Barreira dixo...

Vaia. Esto sí que son sorteos e non os que facemos nós. Ja.
Por certo, ainda che teño que facer entrega do premio que che tocou.
Saudos.

Markesa Merteuil dixo...

Sona ben eso de esforzarse para encargar reisiños... :D

Chousa da Alcandra dixo...

Si, si, resulta complicado; sobre todo cando hai que facerlles as revirivoltiñas das orellas.

Academia j.m.rivas dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
elvira carvalho dixo...

Aí está uma boa maneira de promover o turismo rural.
Um abraço e bom Domingo

Academia j.m.rivas dixo...

Dicía máis arriba con outro perfil que eu teño moi mala sorte co xogo...pero vou intentalo a ver, bicossss

HADEX dixo...

Bueno, pois a de arriba son eu....esto de ter varias contas de correo.....

Zeltia dixo...

Gracias por avisar, Chousa. Eu xa fixen os deberes
:-)

Cris dixo...

UFF tengo tan mala suerte en los sorteos que no se ya si intentarlo siquiera... Bueno, cuando esté mas despierta echaré un vistazo, gracias por avisar ;)
Bfletes en juego!

Pitima dixo...

Paréceme ben a iniciativa, moitas grazas por convidarme,pero vouno deixar pasar, que non estou para moita festa, apetéceme quedar na casa... ¡que bastante rural é! jajaja.

Encargar reisiños non é esforzo (pareceume a min que ata lle gustou... jejeje), o que sí que é un esforzo son as orellas, que aínda non che están perfiladas, hai que ir amodiño... que estas cousas levan o seu tempiño.

Moreas de Bicos tamén sen sorteo.

mencía dixo...

Pois a ver se o intento, que ando con pouco tempo esta tempada.
Non teño tempo para atender ao blog.
Bicos.

Mariazita dixo...

Turismo rural é muito bom, merece ser promovido.

Um bom domingo.

Abraço
Mariazita

vakastolas dixo...

Eu quero relax!

Carlosm dixo...

Esta si que e uma boa oferta. Eu tamen participarei. Manhán já contarei o mecanismo no choio pero e que unha finde pola cara nunha casa rural ten interese.

Parabens a quen a logra e a quen lle ajuda.

Carlosm

Moraima dixo...

MMM pois si que é boa idea! vou ver se me aclaro e buscar un pouco de tempo para poñelo no blog ;)

Bico ;)

mencía dixo...

A ver Chousa, que eu xa teño nº no sorteo das casas rurais.
Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois eu -recalcitrante que son- reitero a tod@s os que decides que ides deixar pasar a oportunidade de participar, que reconsideredes a cousa.
Unha fin de semaniña nunha destas casas é un agasallo interesante; ou non?

E agora xa hai 7 casas + o lote de queixos do Xurés que ofrece Antonio!!!

Quen da máis?

Carlos Sousa dixo...

Tes razón Chousa, estouno deixando escapar. Pero haberá que participar, aínda que nunca teño sorte, a ver se desta volta soa a flauta.

Unha dúbida, hai que poñer un post para entrar no sorteo? Ou no mensaxe a Sempre en Galicia comentarlle algo sobre as casas? É que non me aclaro moito, corto que é un a veces.

Un saúdo e garcias por lembrame.

alexandraonelight dixo...

Olá, querido vizinho! É verdade, ainda estou viva! ;0) Pois tenho as mesmas dúvidas que o vizinho Carlos Sousa, em relação a este sorteio, para o qual te agradeço me tenhas encaminhado. Também é bom voltar a encaminhar-me para aqui, para as tuas paragens sempre belas... e, para que saibas que não me esqueci de ti, tens uma coisa à tua espera... nas minhas paragens!
Um abraço fresquinho e a cheirar a cerejas maduras, de cá.
Alexandra a Volátil

Chousa da Alcandra dixo...

Ben, pois aclaro un pouquinho a mecánica da idea.

Para participar hai que entrar no blog de Julio (http://semprengalicia.blogspot.com).
Na entrada do sorteo hai links que levan ás páxinas de cada unha das casas e tamén da queixería do Xurés que rexenta Antonio. Neses sites atoparedes datos e detalles para poder enviarlle á caixa de correo de semprengalicia@gmail.com de cada unha das casas participantes.
Despois tedes que espallar entre outros cinco blogueiros a iniciativa. Podedes facelo escribindo un post ou deixando recado mediante comentario. Libre elección. A idea é que o Concurso rode pola rede canto máis mellor e ver se lle inundamos a caixa de correo a Julio!!!.

Se non me expliquei ben, volvede preguntar.

Senda dixo...

Pois convidándome Mencía máis ti eu non podo negarme... e máis habendo queixo polo medio... jajaja

Bicos

Carlos Sousa dixo...

Xa o capisquei. A ver se mañán me poño ó chollo, e hai sorte. Como da outra volta non me tocara nada, espero que agora disfrute dun fin de semana nunha casa das do sorteo. Por pedir que non sexa.

Apertas.