mércores, 8 de abril de 2009

Ministros

E se cadra a realidade non existe, e todo depende dun conxunto de lentes atravesadas e perspectivas interesadas coas que miramos.
E vai ti saber se a beleza non so é relativa, senón tamén imposible.
Ata podería ser que as cores fosen so froito dunha malformación na retina que envía sinais erróneas a un cerebro ávido de, simplemente, querer ver.
Fai pouquiños días creo que a miña cámara estivo na Fervenza do Toxa e penso que a sua beleza caía impudicamente núa, contaminando as pedras co seu cromatismo incoloro.
E alí, incrustado no fondo da natureza agreste, pura, cargada de arrecendos florais húmedos e coa súa cúpula arbórea virxe e impenetrable; pensei que, se cadra...todo é froito da miña imaxinación. Despois pensei que Magadalena Álvarez ainda era Ministra; seguidamente, nun ramalazo machadiano, soñei que soñaba...
Real ou non, é un bo sitio para celebrar un Consello de Ministros!, para enfriar ideas alí e para quentar músculos ó volver subir...(Vale, a Magdalena Álvarez e a Solbes deixámolos ir tamén esta vez. Como penitencia ou como tributo. Ao gusto de cada quén).

Foto: Fervenza do Toxa (probablemente)

23 comentarios:

torredebabel dixo...

Certamente a beleza é unha mestura alquímica entre o que hai, quen o ve e sobre todo como o ve. Con todo, esta imaxe é fermosa e listo. Eu de min que non é moi boa idea a de montar alí un Consello de Ministros... deixarían todo estragado, contaminado e cheo de promesas incumpridas.

elvira carvalho dixo...

E será que os conselhos de ministros merecem ser celebrados? Sai cada coisa desses conselhos...
Um abraço e uma Santa Páscoa

A Conxurada dixo...

O teu encargo está feito. Agardo que che guste.

bicos golosos

Carlosm dixo...

Ja me percato de que o que en realidade querias ti ver era as senhoras ministras sudando á volta, posto que ver a Pepinho Blanco a caron da cascada non ten interese nengun.
Se aceitan a tua proposta avisame. Eu tamem quero velas hahaha

Carlosm

Raposo dixo...

Ante a beleza da fervenza falar de ministros e da Magdalena dame como arrepíos...

Barreira dixo...

Pois eu agora imaxino que estou escribindo isto. Ainda que ao mellor non, pero o importante é o que sinto, e sinto que o escribo, e sinto que vin unha boa foto, e sinto que algún sentiuse moi ben pensando que estaba xunto a fervenza.
Saudos.
P.D.: Pero a ti que carallo che deron hoxe de comer, ou que che pasaron polo "pasapuré" dos miolos?.

HADEX dixo...

hummm....hai unha corrente científica -new age que promove que é realmente o pensamento o que modifica a materia, que ésta ocupa un lugar determinado en función do desexo do observador.

Deixa a Madalena que vaia dar unha voltiña.....


BICOSSSSS

Zeltia dixo...

A túa cámara estivo casi na miña aldea! ás veces sí está realmente salvaxe e agreste aquelo! hai invernos de chuvia abundante en que o río baixa tan tolo que é imposible estar no cabo do camiño sen quedar empapado en auga, e sin ver nadiña nadiña, tan cheo de pequenísimas gotas esta o ar, que semellas estar no meio dunha nube de auga e estrondo.
En troques, no vran, baixa o río cantarín, a espesura das follas dos carballos fan un teito verde acolledor, salvándote das agullas do sol... entón sí que arrepía bastante rubir a costa!
parece que me emocionei un pouco falando dun sitio que sinto tan meu, -perdoa, ¿que dicias?-

:-)

Cris dixo...

¿la belleza un imposible, una ficción, un sueño, fruto de nuestra imaginación? ¿No existen los colores?
Entonces apaga y vámonos. Yo al menos si fuera así... me tendría que ir. Otra cosa es como cada uno reciba las cosas y las modifique, las comprenda, las aproveche y las dote de colores y formas, eso sí es relativo...
Ay no se... lo mismo sólo creo que creo como tu sueñas que sueñas...

Bcftes agrestes!

Mer dixo...

Se toda a beleza das cores e da natureza sae da nosa imaxinación, casi non importa que sexa mentira, se realmente é o que vemos e sentimos.

Por outra banda... non todo pode ser imaxinado, ¿ tí imaxinarías a Magdalena Álvarez coma ministra? Eu non.

irene dixo...

Nada es verdad ni es mentira..., ya se sabe, todo es del color del cristal con que se mira, hay cosas bellas, y siempre las habrá, estoy segura, pero en algunos momentos no sabemos verlas, eso me pasa a mí ahora, lo veo todo negro, muy negro, política, crisis, paro................ y muchos etcéteras, a lo mejor es la primavera, que me altera.
Esa foto me parece hermosa, tal vez lo sea.
De todas formas, biquiños de colores.

Anónimo dixo...

Personalmente levaria a todos os ministros a outro lugar menos bonito. O que pasa e que ti eres un malvado. Claro, como agora o teu amigo de Palas tamen e ministro non queres quedar mal de todo con il.
;-)

susanamoo dixo...

Eu non sei que quererías mirar ti na fervenza pero eu miro clariño coma o día que iso é un orgasmo feminino en toda regla... Si é vaxinal ou clitoriano xa non podo aseguralo.

Mira ti omo as gastan nas terras de Zeltia!

Aldabra dixo...

penitencia non creo ¿ti sabes canto cobran os exministros de por vida?... un pastón, home, un pastón... solbes en concreto ainda cobrará un pouco máis porque ten non sei que cargo ademáis de diputado...

en fin, que se van cos petos ben cheos.

biquiños,

non coñezo esa fervenza da foto pero coñezo A Fervenza de Marraxón, cerca de onde vivo que é unha pasada.

Una de las cascadas más bonitas de Galicia, se encuentra en el ayuntamiento de Neda, concretamente en el barrio del Roxal. En este lugar el río Belelle salva un desnivel de 45 metros, en un lugar realmente hermoso y muy accesible.

http://images.google.es/imgres?imgurl=http://bp1.blogger.com/_O1jibaOWsXw/R97eCX3sQjI/AAAAAAAAALM/WhyIEB7rKzk/s400/200_2095-hdr.jpg&imgrefurl=http://cascadasgallegas.blogspot.com/2008_03_01_archive.html&usg=__rxB9SIW9qFdxNuZxW2VVigFwi8U=&h=400&w=268&sz=33&hl=es&start=1&um=1&tbnid=sGF8s_u-j-25gM:&tbnh=124&tbnw=83&prev=/images%3Fq%3Da%2Bfervenza%2Bmarraxon%26hl%3Des%26rlz%3D1G1GGLQ_ESES292%26um%3D1

neste link podes ver a súa foto.

Pitima dixo...

Curiosa mezcla de política, filosofía nihilista, poesía... jajaja. E logo son eu a que me poño filosófica.
Supoño que estar a carón de esa beleza de fervenza (coido que as fervenzas son unhas das manifestación húmidas máis belas que existen) pode provocar un cortocircuito para que os miolos vaian por derroteiros descoñecidos, machadianos, políticos, filosóficos... Sempre boas viaxes, seguro!
Os ministros non son diferentes ós demáis, e non creo que o ruido da auga caíndo deixase ó seu cerebro atender os importantes asuntos dos que ó parecer se ocupan... ou deberían ocuparse..
Sen embargo parece un bo lugar para cargar as pilas ¿non?
Bicos para o ministro de Antas.

Pitima dixo...

Nunca cae a auga a gusto de todos!!
Era eso.. ¿non?

Sole dixo...

Si la ministra paso por Toxa, debe de tener cero sensibilidad, porque si no es inexplicable que las obras pasen tan cerca de esa maravilla poniendo en riesgo el habitat de la flora y la fauna de la zona.
Yo los reuniría, pero los haría dar un pequeño saltito a todos.
Buenas Pascuas!

Aldabra dixo...

eu son unha das que che confundín cunha muller, ata que mirei o teu perfil para saír de dúbidas... espero me perdoees... penso que a confusión débese ó teu nome... chousa é feminino.
bicos,

milonga dixo...

pois como ti dis, son diferentes lentes as que conforman a realidade.

eu prefiro pensar que as veces a realidade é soño e as veces o soño, realidade... unha cuestión de perspectiva.

e penso como o raposo, mira que pensar en magdalena en sitio como ese!!!!

saudos

SoO* dixo...

Fermosa foto, en canto ao texto, deixoume pensando un bo anaco...
En canto a beleza dicir que está na mente de cada un.
Quédome con "E se cadra a realidade non existe, e todo depende dun conxunto de lentes atravesadas e perspectivas".
Un saúdo.

Chousa da Alcandra dixo...

Vaaaaale, xa me esquecín de Madalena. Paso páxina.

Graciñas pola suxerencia, Aldabra. Tomo nota desa fervenza.
E tés razón, Sole. Procurei que na foto non se visen as obras ás que aludes.
Eu tamén philosopho ás veces Pitima. E que te leo moito e todo se pega!
Susanamoo, un bonito xeito de velo. Éche ben raro que eu non me decatase delo. Ou xa o fixera? ;-)
Irene; o sitio é unha pasada. Cando volvas a Galiza tés que ir vela. Eso sí, se é inverno abrígate!
Mer, ti e máis eu non a imaxinamos; pero Zapatero imaxinouna durante uns cantos anos!! jajaja
Cris, eu vivo soñando dende sempre. Non che é nada novo; pero dame a impresión de que xa te decataras diso; á que si?
Zeltia; pois a próxima vez que volva faime sinais de fume, e despois aproveitamos o lume e asamos uns torrezmos.
Hadex, ti dende o experimento ese do gato vivo e morto á vez, deixáchesme un pouco pensativo ainda. Mira que post me salen dende aquela...
Barreira: e que che fai pensar que foches ti, e non outro, o que escribiu o teu propio post mentras se apropiaba do teu teclado?...
Levas razón, Raposo, fixen unha mistura do carallo. Pero agora xa foi. Confio en que saibades disculpar a licencia blogueira...
Carlosm: todos me recomendan que deixe á Magadalena; boeno, pois ti deixa logo ó de Palas e que non vaia ningún á fervenza!
Conxurada, sempre tan cumplidora e áxil de semántica. Da gusto (en tódolos sentidos) leerte.
Elvira Carvalho: Terte pola Chousa é sempre un pracer grande. Envíoche moita enerxía positiva para continuar o caminho, veciña!
Torredebabel, despois do aconsellamento maioritario feito por todos vos; quedoume claro que non levarei aos ministros á Fervenza do Toxa. Deixarémolo nun alarde virtual namais.
SoO* : Non penses moito no que digo; que ás veces vaiseme un chisco a pinza jajaja
Milonga: A tua presenza tan dosificada pola Chousa ainda a fai máis valiosa. Graciñas por reñerme tamén por pensar na señora Alvarez nun sitio coma ese...

Antón de Muros dixo...

Gustoume a foto co seu "cromatismo incoloro" ;-) aínda que non sei se a puiden ollar ou foi só un sono.

Qué queres que che diga, se penso nos políticos preto, ata a fervenza perde beleza :-(

Unha aperta.

Antón.

Paquito dixo...

E logo non viches ese monstruo de cemento que levantaron para que o paxaro ese de ferro voe cara á Santiago ao carón da fervenza. Esa é a unica beleza que lle interesa aos ministros :-(