domingo, 26 de abril de 2009

Reinventar

Pisamos con seguridade (ás veces ata con chulería) os terreos dominados polo noso suposto coñecemento. E baduamos sin parar, dando clases maxistrais de ignorancia a un auditorio ateigado de sabiondos dispostos a crucificarnos cos seus adxectivos inválidos e verbos mal conxugados.
E pensamos que o sabemos todo e que sin nós no mundo non habería centrípetas forzas para unir ideas e que todo o universo estalaría centrifugado cara ningures.
E so con puntuais excepcións -coma o camiñar esplendoroso e magnífico da moza loira de verde que se ve ao fondo- temos abondosos fallos de configuración na nosa óptica inmediata; ata o punto de confundir ideas tan básicas como a escala de valores que, con mimo, un día nos inculcaron. Seremos capaces de reinventarnos para volver poñer no seu sitio a amálgama de erros que fomos acumulando ultimamente?

Foto: Farola encadeada a máis de 1.400 Km de Antas de Ulla.
(Zoom potente o da miña cámara!)

31 comentarios:

vintxuca dixo...

Tarefa complicada, esa de reiventarse, pero non imposible, todos deberíamos facelo a diario. Un saudo chousa, eu estou intentando adaptarme á rutina tras coñecer mundos fermosos.

Chousa da Alcandra dixo...

Xa somos dous entón, Vintxuca.
A ver que tal nos vai aló polo xoves; que os comezos da semaniña dame a min que van ser complicados...jajaja

mencía dixo...

Non é cousa fácil a de reinventarse, pero si que é altamente recomendabel, e non digamos o de darlle significado a escala de valores que con tanto aínco nos infundaron e que parece a piques de perderse.
Bicos.

medrarengalego dixo...

Parabéns. Moi interesante e digna dun pequeno premio honorífico que deberás recoller no noso blogue de medrarengalego: http://www.blogoteca.com/medrarengalego/

anto dixo...

Si, debemos reinventarnos día a día; mais nese reinvento ten que haber algo noso anterior; senón, somos etéreo aire, é dicir, nada.

Debemos, paréceme a min, estar nun presente mirando sempre cara ao futuro, pero sen perder de vista o pasado. Mudar sobre seguro.

Deus che conserve a vista, Chousa! Heheheh... Eu estaba a mirar como a bicicleta aguantaba da farola, e ti xa...por baixo do verde. Cada quen ve o que quere ver, pois si!

Carlos Sousa dixo...

Estache ben o truco, dirixir a cámara hacia a bicicleta e ti ollando polo zoom cara a moza. Moi agudo, (cousa que por certo xa rne feito máis xente). O dito, vaite reinventando, que se estarán a perder os valores, pero non a vista(jeje).

√ Lolylla √ dixo...

O certo e que pareceme Chousa que hay opcións dentro de nos que son dificiles de cambiar, reiventarse soa moi ben, pero a tarefa torna ser complicadiña, ainda que habera que ver que se pode facer...

saudiños!!!

Aldabra dixo...

eu me reinvento agora vendo a tua foto... e son a dona da bici... aparqueina un momentiño porque entrei a mercar na pastelería unha milhoja de merengue... e que me apetece... eso que levo todo o día comendo conguitos.

bicos,

SoO* dixo...

Pero a cousa non aínda non remata con tanta facilidade! Por se fora pouco considerarnos os "reis/raíñas e señores/as do mundo" aínda se nos da por destruir o noso medio sen tan sequera reparar nel... No dano que estamos a facer para nós e para as vindeiras xeracións.
Ás veces penso que o home é o único ser perfecto para a destrución.
Saúdos dende o Miño!

Markesa Merteuil dixo...

No seu sitio? Non creo. Sempre tenderemos ó erro, que non é considerado tal ata que por fin nos damos de conta de que o é.

avelaíña dixo...

Para visualizar á moza de verde fai falla ter vista... jeje
O primeiro paso para desfacer os pasos equivocados é darse de conta cómo pisa un. E ti parece que o fas con forza. Pero tenta saltar os charcos, que tal e como está o tempo...

Barreira dixo...

A reinvención nunca vai a ser como nós queremos. Será un cambio que se quedará a medio camiño do que debería ser.
Pero será un cambio ó fin e ao cabo.
Saudos

irene dixo...

Dicen que de los errores se aprende, lo único que debemos hacer es reconocerlos, que a algunos no les es muy fácil, no creas.
Es bueno andar con paso firme, como la moza de verde, pero sabiendo que en cualquier momento podemos tropezar.
¡Qué envidia!, yo quiero un zoom tan potente como el tuyo para sacarle fotos a la luna llena.
Moitos biquiños, Chousa.

HADEX dixo...

Claro, claro.....eu teño fe cega na reinvención de cada persoa....Para exemplo o meu, que me tiven que reiniciar e reprogramar moito da miña educación católica (catro tías monxas non se superan facilmente) e conservadora......Vaia se me teño reinventado!!!!

Pero non vai a ser todo ausencia de modestia....Supoño que sí é difícil reprogramar certos prexuizos e comportamentos erróneos...

Bicossssss

Cuspedepita dixo...

Non sei se te acordas dunha vez que me dixeche que cando atopase esa moviola caralluda que permitise volver atrás e tomar o camiño correcto que te avisase, pois agora debería dicirche o mesmo ¿ou?
Pero sonche moi optimista, xa me coñeces, e penso que case sempre se pode dar marcha atrás e andar sobre os propios pasos, anque hai que recoñecer que é algo que esixe tempo e esforzo, dúas cousas que agora estamos pouco dispostos a derrochar.

E teño as miñas dúbidas de que che interesase máis a rapaza loira que a bicicleta ;-);-)

A lareira de Santiso dixo...

Mulleres, bicicletas, cidades alleas, marca da casa á marxe esquerda... todo iso nunha soa foto? Tas mellorando moito, Chousiña!
Apertas.

Pau dixo...

A nosa ignorancia non nos deixara reinventarnos, pois todos no fondo creemonos perfectos ou casi perfectos.

Zeltia dixo...

Qué te voy a decir, si yo acabo de llegar?, si ésto es como el mar, quien conoce alguina esquina? Dejadme nacer, que me tengo que inventar!
Fito.

Zeltia dixo...

Ah, que me esquecía de preguntarlle a Pau, se de verdade pensa que todos nos cremos perfectos ou case.
a ver se vou ser eu a única defectuosa aquí, che!

Zeltia dixo...

defectuosa? ou non, é defetuosa ¿non? a veeer os que escribides en galego, sácademe de dúbidas!

LM dixo...

esse palavro nom se inventou para ti zeltia... assim que tanto faz como se escreva ;-P
chousinha, nunca choveu que nom escampasse e a mesma silveira de sempre nasce todos os anos com rebentos novos e amoras novas e flores novas e... os erros (seguro que esaxeras um bocadinho e nem há tantos...) formam parte da aprendizagem e sinalam os novos caminhos de dúas rodas ou andando! cada quem constroi o seu!
beijos de regresso a moreas

Pitima dixo...

Certamente todo muda... e cómpre que nos poñamos a medida das circunstancias. Dá preguiza, entre outras cousas porque nunca estaremos seguros de que a nova escala de valores sexa a correcta. Reinventarse para volver a constatar a inutilidade do traballo feito.. aisssss, ó mellor para constatar que estabamos mellor antes..
Jajaja, pois eu teño cámara nova.. ¡estou moi contenta porque ten un zoom dos máis potentes! Teño que póla a proba, xa sabes que estiven maliña e non me adiquei ás miñas fotos, pero non creo que poida rivalizar con esos 1400 kms da túa!! jajaja.
Bicos... co zoom xusto.

A palabra de verificación e trokine.. jajaja.
Pois a trokar.

Carlosm dixo...

Juuuder coa camarinha, Chousa. Esa tiveches que mercala no cortinglés de antas polo menos.

Resulta certo e complicado dicir se é a bicicleta a que está encadeada á farola ou viceversa. Suponho que ambas estan atadas. Puntos de vista

E ja vejo que te fijas moito en todo o visor cando disparas unha foto ;-)

Apertas garimosas
Carlosm

susanamoo dixo...

E se finalmente é a moza de verde a encadenada aos tacóns e ao tinte?
Non sempre as cousas son o que parecen. Eu quero mirar á moza espida pedalexando coas súas deportivas, polo caminiño que vai á fonte fría.
Esa é a miña reinvención.

Cris dixo...

OLA!!!!
reinventarse, redibujarse, desnudarse y volverse a vestir a veces no es tan fácil!! No se si seremos capaces al 100%, cambiar nuestros valores por otros es casi como cambiar de piel y nosotros, no mudamos tan fácil como las serpientes, pero podemos intentarlo, si, hay que intentarlo!!

Bfletes en escala!

milonga dixo...

Os pasos veñen marcados por tantas cousas das que xeralmente non somos conscientes que o ritmo e a seguridade podense deber ata os sóns que hai na nosa cabeza... pero que treman os téus valores e principios resultamen tan difícil de entender. Eu creo no que aportan as vivencias onde non se vive como un entende que se debe vivir(é dicir, como na casa) e ata nesta urbe que me agota e me absorve e que sinto máis lonxe que nin sequera podía entender o que me querían dicir ou non existían verbas na miña cabeza para poder dicir eu algo.

Se estás de volta, benvido e se segues lonxe, só podo dicir "miña casiña, meu lar"

lua dixo...

dificil tarefa...bicos.

Barreira dixo...

Chousa. Foches o gañador dun premio fenomenal. Si o queres vaite pola miña leira e recolleo.
Saudos e parabens

Kim Basinguer dixo...

No,no creo que seamos capaces.
Bicos

~pi dixo...

difícil tarefa

não por falta de criatividade
mas por...

sobreposição de interesses,,,?



beijo



~

Chousa da Alcandra dixo...

Xa vexo que todOs comprendestes que a loira de verde captase tamén a miña atención, por máis que a intención fose -simplemente- fotografiar unha farola atada a unha bici.

Tamén me decato da dura crítica que algunhas lle facedes á pobriña moza de tacóns de agulla. Seguro que algunha quería vela pedaleando na bicicleta sin sillín...
Maaaaaaaalas!!!!

En calquera dos casos, graciñas por vir ver o magnífico zoom da miña cámara, que é capaz de retratar con tal nitidez unha imaxe tan distante.

Saúdos garimosos para os cabaleiros, e vehementes abrazos para as damas!

Continuamos a bingo!