domingo, 19 de abril de 2009

Ruta

Canta satisfacción produce deixarse perder por vieiros pouco transitados e cos ruidos impropios da cotidianidade. Resulta dificilmente medible en decibelios de dulzura o canto namorado dos xílgaros que se mistura co arrecendo das chorimas .
Pero alguén ten que coñecer o camiño de volta. Alguén debe saber que os paxaros polas noites non cantan (!) e que tra-los pétalos marelos ocúltanse afiadas agullas leñosas que se ensartan nos dedos na procura de sangue; e , por moi ben que ula, non deixa de ser un toxo.
Para eses que dende mañán lles toca a misión de trazar a ruta dende o toxal santiagués de San Caetano, que saiban sempre interpretar as sinais que lles permitan non trocar o arrecendo floral polo alcatreo ácedo das follas secas; e que lembren -xa de paso- que un toxo de Antas -nin a golpe de decreto- vai endexamais a ser un tojo...

Foto: Sinalización forestal. Agora seica toca cara a dereita.

30 comentarios:

Cris dixo...

Chousiña!!!! No se lo que es "tojo"...
Quitando eso... ay... (suspiros) perderse por determinados sitios no es perderse sino encontrarse... y a veces hasta merecerá la pena no saber el camino de vuelta para precisamente... no volver!! No volver y que se nos haga de noche y en vez de oir a los pájaros cantar, escuchar de verdad los sonidos de la noche y comparar, disfrutar...
A veces prefiero pincharme con las espinas y sangrar y reaccionar!! A veces prefiero caerme por no haber seguido la fecha, reaccionar!
A veces prefiero no seguir las flechas y no llegar donde pretendía, porque así descubro otros lugares...
A veces tantas cosas...

Que tengas buena semana!!!
Bicofletes forestales y dulces!

Cris dixo...

(seguido la flecha, no la fecha, quise decir...)

Pau dixo...

O que pasa é que a estes dos que falas ao millor dalles por ir en quad ao monte e arrasalo con todo. Tando da que sexa toxo que tojo

susanamoo dixo...

Se queres sentar o cu no monte, mira que non haxa toxos e se queres sentar enriba dun home mira que non sexa un tojo, ja!
Qué tontería!

Gústame o arrecendo das chorimas.

LM dixo...

esperemos que a coisa nom seja tam negra como pintam e que os caminhos de regresso trazam também aos que foram embora ou aos que estam por vir.
beijos *******

Barreira dixo...

Será toxo ou "tojo" en función do que os que falamos dia a dia en galego, que ben que mal, queiramos. O galego perdurou no tempo porque había xente que o empregaba para moitos usos, a pesares de que non estivera ben visto. Ese é o xeito de manter vivo o galego, e non a golpe de decretazo. Os que en determinados momentos non falaban en galego porque lles daba vergoña e non era "fisno" agora son os que fan os decretos da lingua e se erixen como os salvadores do galego. O galego non hai que salvalo mentres llelo ensinemos aos nosos fillos. Que sexa a sua lingua a falar no dia a dia, que iso non se ensina, iso faise cantando "durme meu neno" ao cativo mentres o arrolamos. E todo o demais son caralladas, ou "carajadas", según queiramos.
Eu son dos que creo que o toxo sempre vai a ser un toxo. I e que si o levas para outras latitudes non medra.
Saudos chousiña

Moraima dixo...

Na miña vida escoitara dicir ''tojo'' salvo a persoas que adican ir pasear por sendeiros con tacóns e roupa de ''domingos''. Como ben di Barreira, para min, sempre será Toxo.

Apertas

Pitima dixo...

Na miña casa sí que se dicía "tojo". Claro que teño que engadir que a miña familia éche rara de carallo!! e non porque fosen polos sendeiros con tacóns e roupa de domingo... non, nin moito menos... jajaja
Eu quéroos, pero ás veces síntome nas antípodas do seu ideario...
Alguén incapaz de ver o galego como unha língua, rebaixándoo a folklore local, ten que estar equivocado...
Oxalá puidéramos confiar nas xentes, no pobo... pero eu estou bastante desenganada. O pobo galego é de dereitas, das rancias... Así o dicen as urnas unha e outra vez. Haberá que aceptalo. Sonche difíciles de convencer.
Identifícase a esquerda con radicalismos, coa falta de ética, coa incultura, cos pecadores e bohemios...
E non avanzamos.
Aissssss..
Un bico sen pinchos.

Carlos Sousa dixo...

A veces sería interesante perderse unha temporadiña polos montes, con esa tranquilidade, e sen presas de voltar.

Non me imaxino a meu pai decíndome, "este sábado temos que ir a cachar el tojo" escarallaríame de risa.

Un saúdo.

~pi dixo...

eu sim, perco-me nas florestas

a ver ninhos,

e quando não sou eu, são as aves que vêm.

[ tenho duas rolas-bébés-gigantes num,,,, vaso de plantas,

em plena cidade!! :)

( uma benção! :)




beijo





~

Carlosm dixo...

Ja vejo que ti eres dos da "xeada" e que gustas do arrecendo floral. Pouco a pouco estase a descubrir o poeta que hai dentro de ti.
Ainda que te propoñen para politico ti e mais eu ben sabemos que ti houberas feito carreira se te fixeras cura.
(Non lembras aquilo de "burriño, e por unha vas perdelas todas"?)
E andame con tino cando vaias por eses paraxes tan agrestes, non te me vaias esfachar

Carlosm

Artabria dixo...

Non só teremos tojos en vez de toxos, teremos cousas moito peores que estas........tempo ao tempo.......

4 anos pasan rápido???

Markesa Merteuil dixo...

Pois cando eu era cativa eran tojos e silvas, e penso que o arrecendo da súa flor me resultaba ben máis familiar que agora que os chamo toxos. O importante penso que non é tanto a palabra coma as sensacións que produce o representado coa palabra. É dicir, que lles chamen como queiran, pero que siga habendo toxos, que despois de ver como colocaban herba artificial en Lugo... xa me vexo tentando uliscar toxos artificiais...

vermella dixo...

pois a mín non me sorprendería nadiña que si no suposto caso que o conselleiro Juarez teña que referirse ao toxo diga o que lle pete,ou ao peor nin o coñece..........
bico.

Anónimo dixo...

O toxo deberia ser incorporado no escudo do noso pais. Con flor ou sin ela e unha boa ensenha.

E en Verín tampouco se lle vai trocar o nome. Seguirá a ser TOXO, igualinho que en Antas

Xerome

irene dixo...

No sé lo que es tojo, pero yo estoy un poquiño "toja" esta primavera.
Me gustaría perderme por esos bosques, escuchando sólo el trino de los jilgueros, perderme y no volver a currar.
Biquiños, Chousa.

Mer dixo...

Xa de paso, aos do toxal de San Caetano, recomendaríalles que vaian deixando miolos de pan polo camiño, para saber retroceder se fai falta, por que ás veces é preciso percorrer os teus mesmos pasos cara atrás, que aínda que non sexa o políticamente correcto, sí é unha maneira de coller carreiriña para que o avance chegue ata máis lonxe (se o camiño elixido é o correcto, do contrario só collerán carreiriña para estamparse contra a primeira parede que atopen)

Chousa da Alcandra dixo...

Cris: Claro que sí, que todos queremos perdernos nesa espesura agreste que, tal vez, o único que faga é reatoparnos. Pero así e todo...un día temos que volver para a comodidade do noso sofá preferido, a poñer nas orellas o mp4 cos sons do grupo que nos gusta tanto...ou non?
Bcflts con olor a primavera

Pau: Imos concederlles o beneficio da duda e imos considerar que o sentido común (ainda que sexa o menos común dos sentidos) vai imperar nas decisións.
(E o quad por este sitio non o dan metido ainda que o leven en helicóptero!!!cajonatós)

Susanamoo: No monte sempre hai lugares moi axeitados para non ter que sentarse enriba dun toxo. E envolvericados no arrecendo das chorimas e coas raioliñas do sol primaveral quentando o corpo por fora, estou convencido de que algunha idea che se ocurrirá a ti para continuar o cadro...

L&M: Súmome a ese pensamento positivo teu; na liña de pensar que vai imperar o sentido común.
E se na ocasión anterior algúns nos sentimos un chisco defraudados diante dunhas expectativas creadas; cecais agora, con esas expectativas máis baixas, poda ser que se dea o resultado contrario. Ogallá.
Beijos tamén *****

Barreira: Ben certo é canto dis, e toda a razón mereces; máis non por elo debemos quedar caladiños de todo; que ti ben sabes que rancho que non berra...ás veces non mama!.
Confiemos, en calquera caso, que a brúxula do nado na encrucillada dos Peares saiba dirixir a nave cara o lugar axeitado.

Moraima: Pois habelas hainas, carallo. Claro que cos tacons polo toxal ten que ser unha estampa ben atrainte jajaja.
Ti, cando pilles unha desas, fotografíama, que inauguramos unha sección nova na Chousa...

Pitima: Es que en La Coru...a lo mejor te son tojos!!!. jajajaja.
Levas razón no razoamento, no senso da eterna demonización da esquerda e da "folklorización" da lingua. Por todo iso, agora máis que nunca, cada un de nós, coma gardas suizos, debemos ser garantes da pervivencia...dos toxos!!!
Bicos afiados, pero sen pinchos tamén

Carlos Sousa: Si que dan ganas de perderse unha temporadiña, si. Agora que hai que revisar primeiro o itinerario. Sobre todo se imos "perdernos" en bicicleta e hai subidas coma paredes...;-)

~pi: Moi intelixente pola tua parte!. Xa que non pode ir Mahoma á montaña...traemos a montaña a Mahoma, non si?.
(Xa vin os teus paxariños no vaso de plantas. Imaxino que medrarían moito, cos mimos que lles prodigarás).

Carlosm: Vexo claramente que te perdeches o día da miña ordenación sacerdotal, filliño. Pois deberas vir, que o sermón que botei víñache que nin pintado...
E graciñas polo consello de ir amodo, que o sitio efectivamente merece precaucións.

Artabria: Imos concederlles os 100 días de gracia para ver cara onde poñen as escopetas e, sobre todo, cara onde lles saen os tiros. Tal como dicíamos máis enriba, poida que nos sorprendan positivamente desta vez.

Markesa Merteuil: Diaños, Merteuil; eu ainda daba unha saquiña de maravedís por verte uliscando a herba artificial esa que dis!!.
E si, sempre importa o que representa a palabra; máis o xeito de dicila...tamén carallo!. E non che vou poñer exemplos, que seguro que ti xa tes varios en mente...á que si, marquesa?

Vermella: Pois se non o coñece levámoslle un feixe deles para San Caetano e poñémosllo no sillón para que teña un "achegamento" coa natureza forestal do país...
Bico con arrecendo de flores

Irene: Pois como vexo que vos sumades varios á proposta; se vos animades de certo, fundamos unha comuna á antiga usanda hipi dos anos 70. E ímonos para as torrentes do Ulla a escoitar xílgaros e ulir chorimas.
(Por un anaco apetece eh; á que si?)

Mer: Uiii, se deixan anaquiños de pan haberá espabilados que veñan detrás co torresmo para untar no miolo...
Levas razón tamén, cando dis que ás veces andar para atrás non debe tomarse como un retroceso; senón como un coller folgos para avanzar con novo impulso. Esperemos que non haxa paredes para esfacharse nelas!

----
E mentras tanto isto acontece...a Rede segue fervendo en Vieiros!!!

Zeltia dixo...

en lacoru son tojos, claro está. además aquí no te tenemos tojos desos, solo para chupitos de lico r de tojo, porque nosotros te lo tenemos todo asfaltado, con aparcamientos subterraneos pordebajo, para juardar los coches, ainda los que no tienen jarage de suyo, porque aquí no te queremos andar llenos de lama por los montes adelante, que te fuimos criados dotra manera. Y te lo siento bien que tú tenjas que andar por esas corredoiras y hablando mal de los políticos, cosas de las que sejuramente tú no entiendas, que la ignoracia te es muy atrevida.

A lareira de Santiso dixo...

mimadriña...non vas ter ti campo de cultivo para a túa sorna nin nada! jajaja, algo bo tiña que ter esta viraxe da flecha, compañeiro.
Bicos santisianos

Raposo dixo...

Teño a sensación de que en San Caetano non só hai algún tojo senon que hai moito cardo borriquero.

Lúa dixo...

que maravillosos es perderse en la naturaleza!!!bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Ai, carallo, cuanta razón me tienes!. Pero es que yo no te me doy estado callado nin debajo del auga, e xa vas viendo en lo que voy batiendo. Aljunas veces con acierto y outras no tanto; pero es que las cousas te son tan complicadiñas...
Y si que la ignorancia te es muy atrevida. Dímelo a min, que se no lleja a ser por la osadía propia de los ignorantes yo, léveme el diaño, como no te escribía un blog. Pero ni de coña, vamos!.
En cualquiera caso, diles a los de La Coru, que si pisan un angazo que tengan tino; que les puede dar en los fuciños... ;-)

Lareira de Santiso: Asegúroche, compañeira, que prefería uns centos de veces non ter "materia" que tratar por estes eidos, que ainda lle vou sacando partido a outras lerias. Pero, xa que estamos...nin o dudes: haberá que poñer todo o ouro a relucir...

Raposo: Non digas tal oh; que seguramente tamén haberá rosiñas e rosais dignos de ser admirados.
Xa verás como dentro dunhas semanas empezamos a collerlle o gustiño a este xeito de menear a cousa...
(Digo eu)

Lúa: Perderse sempre pode resultar moi interesante, á que si?. Pero perderse con alevosía, claro; senón case pode dar algo de medo.
Así e todo, coma no xogo do escondite, o mérito non so consiste en esconderse ben; senón tamén en que -ao final- te atopen...

Aldabra dixo...

pois como dí Alejandro Sanz "no es lo mismo"... eu engadiría, nin parecido.

bicos a dereita, bicos a esquerda, bicos no centro, bicos arriba, bicos abaixo...

A Conxurada dixo...

Ogallá che fixesen caso...pero eu non teño moita fe en que eso aconteza.

Chousa da Alcandra dixo...

Aldabra: En nada se semellan i en nadiña se parecen, por máis que representen a mesma planta con espiñas e flores mareliñas. Á que non?
Arrodeamento de bicos tamén...

A Conxurada: Muller de pouca fe!.
Ademáis... tanto che ten que me fagan caso ou non, vaiche seguir sendo un toxo igualmente...jajaja
(Déchesme tema para unha próxima entrada. Falarei da fe.)

A Ulloa en fotos dixo...

Xa vexo que che gustou a sinalización da canle vella!

Chousa da Alcandra dixo...

A Ulloa en fotos: Moloume moito. Pareceume un xeito moi útil, sinxelo e nada agresivo visualmente para co medio.
Hai que darlle un dez a quen tivese esa iniciativa.
Ademáis, non me dirás que non ven caralludamente para o texto...

Paquito de Penas dixo...

Políticamente correcto, meu.

Por certo, aínda vas ter que perdoarme por ubicarte as veces en Palas de Rei. Se alomenos fose na Golada, non si?

Chousa da Alcandra dixo...

Paquito de Penas: Vouche perdoar a errónea ubicación por ser o primeiro erro que che percibo; que senón...
Son do Centro Xeográfico da Galiza de feito e de dereito. Por doble ascendencia e por triple descendencia. Incluso por colateralidade nunha porcentaxe ben ampla tamén. Pódese dicir algo máis?

Ei carballeira!