domingo, 7 de xuño de 2009

Valor

A idea de valor que temos das cousas está sempre vencellada a unha serie de variables de moi diversa índole. Establecer os métodos axeitados e unanimemente aceptados para acotar contías e baremar calidades é unha das tarefas relevantes á hora de poder establecer un prezo.
Nada -por nimio que poida semellar- é despreciable segundo o ránking de necesidades que un grupo de consumo poida ter. Todo está catalogado con precisión milimétrica.
Establecida a equivalencia, xa so nos queda protexer o ben en función da contía; cuestión que pode resultar espiñosa e complicada. Ás veces en caixas fortes, outras baixo sete candados e algunhas cunha advertencia.

Foto: Olliño cos toxos de Laxe, que teñen dono.

37 comentarios:

Carlosm dixo...

Deijáchesme pampo. Os tojos tamén valen cartos ainda que eu nom son quen de dicir para que no día de hoje. Houbo un tempo no que dicíam que se faría un motor con combustible a base de tojos galegos.
Con tudo os vecinhos de Laxe fan bem en protejer o seu. É de lei. Ainda que as eleccións europeas as gañe o PP.

Carlosm

Zeltia dixo...

unha cuestión "espiñosa" sí, ésa dos valores que lle damos ás cousas...

quedei apampada co letreiro, preguntándome quén iría cortar toxos ó monte ese de laxe, non tendo que ir cortar os toxos... coño que vaia á miña aldea que os toxos invaden as casas e os montes estan... a monte!

Estiveches moi ben na reflexión á que che guiou o cartel.

Carlos Sousa dixo...

Polo menos o letreiro non prohibe entrar, so se limita a non poder cortar o toxo, ou sexa que se hai madeira, non hai problema en cortala, non?

E tanto ladrón iría alí a roubalo?

Me da que un dos tantos letreiros de asociacións de viciños ou comunidades de montes, que poñen para presumir de territorio, ou para facerse ver, como tal que velan polos bens comúns. (Unha jabachada máis)

Unha aperta.

Barreira dixo...

Pois teñen que ter un valor de carallo eses toxos. En Carballedo non se poñen carteis para que non se rozen os toxos. Póñense para que se rozen e nin así.
Debe ser que os toxos de Antas teñen boas cualidades.
Saudos.

Markesa Merteuil dixo...

Que boa a foto!

HADEX dixo...

Bueno, bueno....ti dillo ao meu irmán, que é moi hippie,....fai ensaladas coas frores dos toxos e di que están boísimas...

Isto recórdame a que a miña nai empéñase en arrancar as muruxas da súa horta mentres que outra xente que coñezo cómeas tamén en ensalada...

Ai o valor, cuanto relativismo!!!

Bicossss

Avelainha dixo...

Impresionante!. Isto vai ser que os viciños de Laxe queren poñerse cachas rozando nos toxos e non queren que ninguén lles amole o seu ximnasio particular.
Bo ollo o teu para captar estas cousas.
Bicos

Avelainha

O Garcia do Outeiro dixo...

Grande o cartaz

Galeguiña dixo...

Pois claro, os toxos non son sobras, nin lixo. Nin prescindibles.

Encantoume velo escrito.

Anónimo dixo...

E parece que lles fan caso, xa que polo menos arredor do cartel non hai que meta un fouciño.

Artabria dixo...

Manda carallo!! E que pasa se entras a cortar toxos?? Chaman o Seprona ou enviante directamente ao cárcere??

Doutora Seymour dixo...

Todo é por ben, as prohibicións serven para que non nos manquemos....

irene dixo...

No me perdono estar tanto tiempo sin venir, entre la apatía, la primavera, los viajes..., estoy muy perdida.
El valor de las cosas es muy relativo, y el de las personas y sentiminetos no se puede medir, ¡menudo dilema!
Bicos, Chousa.

Traducir el gallego, después de venir de rusia, es coser y cantar, terrible, terrible, terrible comunicarse con los rusos.

Maia dixo...

Poner precio a las cosas y que éste sea unánimemente aceptado.... complicado... Poner precio a cosas que NO lo tienen, peor aun.... Y hay cosas que ni gratis tienen valor para mi...
Si el tiempo es relativo, el valor de las cosas ni te cuento.

Y sobre el cartel.... rescato una parte de una canción en la que me columpio:

"escribiremos nuevas reglas
esta es la primera de ellas
está prohibido prohibir...."

saludos

vermella dixo...

O que para uns ten valor par outros é palla,neste caso toxos...

noa dixo...

tamén, qué necesidade haberá de lle ir corta os toxos ós de Laxe...
;b

Todosilvas dixo...

noa; e ti non eras a de todotoxos?. Pois fala co Chousa e que te poña en contacto cos de Laxe para porlle valor a eses toxos
:-)

Anónimo dixo...

e se salen a bo prezo falade despois comijo que teño unha estivada que poderianme facer falla unhas carradas deles

todosilvas outra vez

aopedofarelo dixo...

Cando lexo certas cousas, eu diriache o que xa dixo co moita razon, e bastante antes ca min, o insustituible xenio de Groucho Marx: Eu nunca poderia ser socio dun club donde admitiesen alguen coma min...

Anónimo dixo...

Nunca mellor esterco se viu que o feito con toxos. Claro que hoxe o esterco póñeno na parrilla televisiva e non o fan con toxos misturados con bosta

Saludos dende Chantada (e que me "sona" moito ese letreiro e fixome parar por aqui)

vakastolas dixo...

Pode que realmente queiran que alguén os corte, trataríase deses casos de psicoloxía inversa, de retar ao díscolo a executar o que eles non poden ou queren, e o máis importante, vencer.

paideleo dixo...

Teño perto un cartel bastante semellante que ao millor subo algún día no teu honor.

Aldabra dixo...

e menos mal que o que non se poden coller son os toxos que si chega a ser outra cousa!

bicos,

Cris dixo...

Cuando mas nos prohiben mas nos tienta no? Si pasas por ahi y no ves el cartel lo mismo ni se te ocurre coger nada, pero el prohibir da un valor especial a las cosas, pues eso, a veces las convierte en tentación cuando no lo eran... no se..

bfletes robados

vintxuca dixo...

Os da Asociación de veciños venden os toxos óa escoceses...hehehe e que cando fun a Edimburgo vin que en moitas casas os tiñan en macetas nos patios e xardíns como algo ornamental...as floriñas amarelas sonche ben fermosas.

setesoles dixo...

Acórdame aquel licor de toxo, ho... Qué terá sido del, pobriño...
(Cada ún fala por onde lle doe...;)

Saúdos

susana moo dixo...

O peor destes casos é cando se actúa coma o can do hortelán.
Especialmente si ese can é un marido: ou que coma ou que deixe comer, pero os mellores son os que poden, e queren, facer as dúas cousas ao tempo.
Me explico?

LM dixo...

já me deu vontade de ir colher a fouce e entrar a levar uns poucos ;-D
beijos

Raposo dixo...

Carallo, esta claro que estamos en época de crises, nin os toxos se poden cortar!
Pois eu teño algunhas fincas en Sober cheas de toxos e demais maleza e quedaría moi agradecido se alguén as rozara.
Chousa, si te animas xa sabes...!!!!

Pitima dixo...

Se cadra fan algunha bebraxe especial cos toxos de laxe..jajaja, ou teñen algún tesoro por alí escondido..
Habería que investigar ¿non?
Tamén a leña colleu valor engadido últimamente, coa crise enerxética... Algo haberá que queimar nos duros invernos..
jajaja.. a palabra de verificación é entlai (entra tí... que eu non me vou pinchar..jajaja)

Chousa da Alcandra dixo...

Recoméndovos a visita por onde queda este aviso.
Subindo ata o monte Faro polo lado de Rodeiro. Amodiño (para disfrutar da paisaxe), despois de visitar as alturas dende as que se divisa media Galiza -Antas incluido- e baixando dirección Chantada para ir tomar unha cerveciña veredes este letreiro.

Secadra hai un tesouro agochado, tal vez toxos-combustible; vai ti saber!. Pero dende logo a ruta...paga a pena.

Bicos de altura (para as chicas), e saúdos garimosos (para os chicos).

A do outro lado da xanela dixo...

o que ven a reafirmar outra vez iso de que todo e subxectivo... e menos mal, senón que sobrevaloradas estarían algunhas cousas!!!

Bico dende os toxos!

Anónimo dixo...

Hai días escribinche aquí un comentario que se frustrou no último momento por mor dun mal paso informático. Quedei sen ganas de repetilo entón e dubido que o de hoxe se aproxime ao do outro día.
Dicía nel que actualmente padecemos un exceso de letreiros que contaminan visual e fisicamente a paisaxe. Este dos toxos é un adefesio co natureza ao fondo. Non hai moito abraioume ver un enorme letreiro do PlanE para unha obra ben pequena. A Administración peca de colocar letreiros descomunais para calquera obra, ou varios xuntos. Inaugurada a obra, o letreiro permanece alí durante meses ou anos. Se na Xunta quixesen aforrar tanto como propoñen nese plan de austeridade empezarían por poñer menos letreiros e máis pequenos.
Respecto ao valor do toxo. Si o tivo e segue a telo. Foi estrume para as cortes e para as corredoiras, abono orgánico para as leiras. É biomasa forestal aproveitable. Con el faise un biocombustible, un licor coa chorima. E mesmo hai quen afrima que a súa flor debería figurar no escudo de Galicia.
Así que non me estraña que os veciños de Laxe reclamen a súa propiedade e a poñan en valor. As cousas humildes ben xestionadas tamén son importantes.
Moitas apertas, Chousa.
M. Busto

Kim Basinguer dixo...

¿Valen moito os toxos de Laxe?

Zeltia dixo...

A Busto non lle falta razón, e ninguén dí que os toxos non vallan para nada!. Os toxos valen... o que sempre valeron. Pero as cousas teñen un "valor" ou outro, según a utilidade que se lles pode dar hoxe en día.-
E, por exemplo, para esterco á antigua, pois xa non, porque primeiro quitaronnos as vacas, e segundo xa non as podes ter na corte á maneira de antes...
Así que hoxe en día, moitos donos de toxos regalaríanllos a alguén se os quixese, sobre todo se fose rozalos!, poruqe hay que limpar os montes, eso sí.
Xa che digo, vai por algúns montes da comarca do Deza e tes toxos a esgalla. (regalados)

Chousa da Alcandra dixo...

Hoxe, se queres que chos corten (os toxos), hai que pagar desbrozadora e pedir cita previa (coma no Sergas).
Todo muda de valor nos tempos que corren (ou centellean). Confío en que se nos espetamos non sexa contra unha petada de toxos.

Chousa da Alcandra dixo...

...

(e que me faltaron os points de suspensión no comentario anterior. Claro!, ando centellado...)