Lembro que nas primeiras nocións de informática de programación que escoitei, decíase que o ordenador era un auténtico burranzán ó que era preciso ir dando todas as instruccións pasiño a pasiño de xeito que soupera executalas correctamente.De tal sorte que non se podía dar unha orde que supuxese un mínimo avance na acción, sen que antes non se lle dese a inmediatamente anterior, so pena de caer nun bucle ou simplemente que a acción non se realizase.
Algo de pailáns nos debe quedar aos humanos no córtex, cando compre seguir lembrándonos as normas mínimas de convivencia e de civismo. O que non sei é como sabemos conducir audis e bemeuves sin que anteriormente nos ensinaran a lavarnos os dentes...























