A pasada fin de semana lin un artigo nun diario galego que, baixo o mesmo epígrafe, falaba dunha ponencia-marco sobre a regulación dos órganos de goberno das Caixas de Aforro galegas e tamén sobre a necesidade de darlle un marco legal á prostitución.
Cando un periodista consagrado fusiona eses dous temas é que seguramente hai conexión entre eles. Será que considera que os Consellos de Administración das Caixas teñen certos matices en común coas casas nas que se exerce o oficio máis vello do mundo?; ou cecais estima que nos chamados clubes de carretera podería prestarse un servizo adicional relacionado coa dispensación de efectivo?
Pasados uns días ainda persisto en debullar as motivacións de tal mistura. Se cadra tamén foi debido a unha simple confusión do rótulo dun caixeiro automático co neón azulado do último bar de copas...
Cando un periodista consagrado fusiona eses dous temas é que seguramente hai conexión entre eles. Será que considera que os Consellos de Administración das Caixas teñen certos matices en común coas casas nas que se exerce o oficio máis vello do mundo?; ou cecais estima que nos chamados clubes de carretera podería prestarse un servizo adicional relacionado coa dispensación de efectivo?
Pasados uns días ainda persisto en debullar as motivacións de tal mistura. Se cadra tamén foi debido a unha simple confusión do rótulo dun caixeiro automático co neón azulado do último bar de copas...
Foto: Ou arre ou xo. Sinais en Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla)
23 comentarios:
juas juas juas!!!! Traizón do subconsciente...está claro. Bicos.
Home... por que non? Tendo en conta que xa nos "venden" ata potas e coitelos, por que non un servizo máis. Non nos imos limitar ó ámbito dos seguros.
Si, de certo que xa pensara eu tamén na proposta de unha maior diversificación na oferta de productos extrafinancieiros por parte do sector do Aforro. Pero se ese é o caso, o cambio non vai ser moi grande que se diga. Claro que ata o de agora estabamos afeitos a ir á Caixa a que nos fodesen; xa era hora de ir a foder...
Jejejeje...este Chousa!
Deixoume enn blanco,xa non sei que iba a comentar...jejeje
Bicos
Os Bancos e Caixas (tanto monta...) deberían expender preservativos. Já que nos joden, que non nos empreñen.
Eiqui tes o punto de interseción que buscabas entre o putiferio e a gran banca occidental.
Carlosm
ummm claro, es que no es lo mismo joder que estar jodido, y allá si vas a un club o a un banco, estás en un punto o en otro... Ahora el dinero mueve a ambos... ummm debo pensar un poco mas en esto...
besos gratuitos, sin comisión
As entidades financeiras están empufadas e andan escasas de efectivo, así que vano buscar onde saben que circula. O medo que eu teño é que te manden a ti a recollelo.
Moi bo o post, dos que me van a min.
vonMises
Debe ser por eso que cando tes que pedir cartos concertanche unha cita co director,xa o pensaba eu unha "casa de citas"....
bico.
A min parécenme ben máis honrados os das casas de citas (as, case sempre) ca os dos bancos. Aos primeiros xa sabes a que vas... as cousiñas claras.
Bicos Chousiña, xa te botaba de menos...
Sen palabras, eu tamén teño unha pequena mistura de opinións na miña cabeziña...
jajaja.. pois sí.. estámosche ben... Que regulen que regulen, que o regulador que regule, bo regulador será... ou non.. vai ti saber se saben encontrar os órganos que hai que regular.. jejejeje.
Pois sí que misturou ben o periodista...
Bo post. Habería que pensalo ben, pero creo que nunca chegaríamos a ninguna conclusión clara...
¿E dices que está consagrado?.. peor mo pos..
Olvidábaseme:
Bicos xeados.. que vai moito calor.
Vaia ho!
Parece que os funcionarios e os banqueiros somos os colectivos máis amados deste pais...pero ter teñen máis delito os banqueiros... Tocarnos os cartos !!...
Eso sí, teño que recoñecer que es un valente sacar o tema, si señor, estou orgullosa de terte por amigo ;-)))
Xa sei que ti andabas polas altas esferas, pero cando se tira unha pedra ao rego case sempre salpica arredor;-)
Non me esquecerei dos saúdos por alá.
Gárdame o sitio ata que volva :-)
Unha morea de chuchos para repartir por Antas, pero coa condición de que lles leves tamén aos da Caixa ;-)
Ata loguiño ! :-)
Ahhh, e anque me gardes o sitio, que conste, diante de toda esta xente, que non che din permiso para poñer nel un expendedor de preservativos, nen sequera un caixeiro automático, que ti es capaz de calquera cousa ;-)))(..polo que vexo...)
E agora si, agora xa son bicos incondicionais :-))
Tem razon a pita que falou antes cando di que te atreves con todo.
A min tamem me deixaches gratamente impactada co asunto que desta vez trataches. Seguro que todos sabiamos algo do putiferio, pero non nos atreviamos a poñelo na palestra. Entre o diario galego ese (foi na Voz, verade?) e mais ti, xa confirmamos as sospeitas.
Grazas
B.F.
Muitos beijos te dan. Suponho que es un jeito de "pagar" un bo artigo.
Pagar ,seja na moeda que seja, un servizo seméjase un pouquechiño á prostituzóm. Todos somos putos e todos sumos clientes nesta verbena de jodiendas chamada vida.
Beijos tamém,
Está claro que os grupos de empresas, grandes corporacións, holdings e demais figuras "tragaempresas" fan que os grandes oficios "artesanais" se interrelacionen unhos cos outros. Son a solución perfecta para a subsistencia neste mundo tan globalizado no que vivimos.
(CXG Prostitution)
O mellor é que están pensando en poñer caixeiros automáticos en tódolos puticlubs, cousa que por certo me parece moi necesaria.
Veño para traquilizar a vonMises no senso de que eu son un profesional, e se hai que ir a pola pasta, pois vaise a onde faga falta.(Ía dicir que a "sitios peores" xa teño ido por ela, pero o certo é que o negocio está tan ben montado que ata o de agora case sempre ma viñeron traer...)
Así e todo lembre vostede que ostenta o título de coadxutor desta parroquia alcandresa, o cal pode levan implícito o acompañar a este párroco na sua labor pastoral-recolectora.
A don Victor da Barrela recomendarlle que axilice o pantentado no nome comercial para que non se lle anticipen. E de paso podería rexistrar tamen CXBoba Enterprostitution tamén... (por aquelo de ampliar espectros).
Estou plenamente en concordancia coa proposta do Sr Raposo. Claro que a identificación deses caixeiros habería que disimulala baixo un inocente "Restaurante el tenedor de oro"; máis que nada por aquelo da tan traida e levada conciliación da vida familiar e libertina.
A Cuspedepita (e libre o diaño a futuros anómimos de volver a quitarlle o cuspe sin mais!), dicirlle que me alegro de que se alegre da miña valentía gramatical (da outra so se me supón, e ímolo deixar en suposición; non vaia ser que me revele como un caganicas).
Pitima Que susto me deches!, pensei que che esquecían os bicos. Temos unha colección ben feitiña de calificativos biqueriles. Cando che pareza facemos un unpluged deses e poñémolo no mercado. Claro que os teus han de venderse moitísimo mellor ca os meus, peeeeero metémolos xuntos e así amólanse. Outro bico con aire acondicionado para ti, que así fresquiños tamén saben ben.
Veca non quixo expoñer as misturas que ten na sua cabeciña. Logo seguramente teñen matices interesantes. Anímate Verónica, cóntanos, que o verán reblandécenos os miolos i estamos todos máis permeables...
Alédame moito cando a Lareira de Santiso di que me botaba de menos, cando a realidade era xustamente a contraria: era a Chousa quen facía de menos o lume na Lareira.
Vermella puxo o punto sobre a i co seu atinado comentario sobre citarse co Director da Caixa para que che explique os termos da hipoteca. Nese senso van moito máis adiantados nos puticlubs, que todas as empregadas teñen poder bastante para comunicarche as comisións e tarifas aplicables á operación. Bico para ela tamen (un día explicarasme pq os das en singular?)
A madrileña galega con máis retranca, dona Cris matiza con atino os participios e xerundios citando a Don Camilo naquela resposta parlamentaria memorable de que non tiña moito que ver estar fodendo con estar fodido. E non ten, non. Cámbiache o conto de carallo...
Logrei confundir a Ana cando entrei ao trapo da suxerencia de Marquesa de Merteuil coa diversificación de productos á venda nas sucursais bancarias. Sei de boa tinta que moitos empregados do sector agardan con impaciencia a chegada de lencería fina para as clientas e de gayumbos para os clientes. Agardan tamén que os empregados-as sexan asesores de imaxe na adquisición das citadas prendas.
Hadex pensou que todo era producto dunha traizón do subconscente, pero á luz das opinións verquidas, incluso con profusión de anónimos, faime chegar á conclusión de que todos estabamos ó tanto de que -como di lentisca- nesta vida de jodiendas todos somos oferentes e receptores.
Pero o que mais me mola de todo é que xa hai que sinte envexa dos bicos que as blogueiras me enviades. Non deixedes de vir, non deixedes de bicarme tan ben como o facedes.
Calurosos apretóns de mans para os varóns (non sei se polo medio hai algún barón, se así fose, que se dea por incluido tamén).
Remato esta perorata con un franciscano Paz y Bien.
gustaríame ler o artigo. ;-) podes poñer unha referencia?
A foto é perigosa para os indecisos jeje
Pois non o dou atopado na edición dixital, Zeltia. Pero saiu en La Voz de Galicia do sábado-19 de xullo.
Que vostede lo misture bien!
Con respecto á sinal, pois dicirche que penso que é máis efectiva que un Stop, xa que todo quisque para nese punto (agás os indíxenas do lugar, que pasamos fogueados).
Moitas gracias por tentar satisfacer a miña curiosidade, a ver se lle cadra que o vexa cando desenvolva o peixe do mercado :-) Unha semana para un periódico eche coma unha era.
Publicar un comentario