xoves, 31 de xullo de 2008

Derrega

Resulta curioso que nun país no que a auga sempre veu do ceo, sin moita máis complicación, acaeceran liortas de moitísima relevancia polos dereitos de rego. Complicados turnos non sempre acotados polos días ou meses, se non polas lúas, unidos ás sucesivas partixas sobre predios cada vez máis pequenos e minifundistas, teñen rematado en verdadeiras traxedias entre consanguíneos, colaterias, veciños e Administracións.
Avogados e asimilados levaron as suas talladas por mediar en conflictos de augas e deslindes nun país no que, unha vasta extensión, estaba a comaróns , valados, sebes e silveiras.
Pero hoxe siguen vixentes os marcos que colocaron a pulso homes que non coñeceron o descanso, que se guiaban pola altura do sol para delimitar os seus horarios vitais e que, cando levaban o seus corpos cansos a cear detrás da lareira unha cunca de leite con pan de millo, a terra que labraban cada xornada seguía pegada ós seus zocos, á pana dos seus pantalóns , ó texido epitelial das suas mans e perimetralmente presente nas suas mentes.
Resulta curioso, pero comprensible, que as derregas fosen a fronteira a defender diante do invasor, xa fose irmán, cuñado, veciño ou brazo administrativo.

Foto: Derrega entre Pontevedra e Lugo no Marco-Ludeiro (Antas de Ulla)

19 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

É o espírito da nosa especie. Sempre buscamos algo que xustifique unha liorta, aínda que sexa absurdo. (Penso que todas as liortas, a fin de contas, son absurdas. E se queres, discutímolo... :P). Bicos.

♥ meninheira ♥ dixo...

Eu non creio que o galego sexa liorteiro, máis ben ó contrario e asi nos vai, pero nun pais que vive da terra e esta partíllase ate límites insospeitados (unha das nosas fincas ten 25m, por exemplo) un metro cadrado pode supor comer grelos ademáis de patacas.

Anónimo dixo...

Eu lembro ata mortes por unhas horas de regar o prado. O sentido da propiedade sempre estivo moi enraizado nas nosas xentes e defender o territorio -non sempre con toda a razón- tamén é bem certo

Eu non sabia que Antas fose de Lugo, mira ti

Anónimo dixo...

Un marco na Galiza sempre foi moito mais que un simple "chito" espetado na terra

B.F.

HADEX dixo...

Eu tanto como mortes non...pero sí recordo pelexas graves....como di alguén por ahí ...a natureza do ser humano.....

Cuspedepita dixo...

Non pode ser que me vaia de vacacións e escribas tanto ;-) Cando volva terei lectura abonda para moitos días!!:-))

Mándoche uns bicos mooooi señerdosos desde a mañá anubada de La PLata.

paideleo dixo...

Cando se ten pouco un marco é mui importante e vai a vida e o honor en defendelo.
Aos nosos ollos parece absurdo pero hai que pórse na pel desa xente.

Druid dixo...

Recordachesme a miña aboa (si quere o Sr. Tempo, cumprirá 80 o día 7) a sair a correr da casa, pola mañan temprano, no veran, porque algunha veciña lle estaba a roubar a auga da poza, que enchera toda a noite, e na da cal se servian a días alternos.....

Nestes días sobra auga.... xa nadie rega... as fincas de leitugas, pementos, tomates e zanouras, ahora son monte...

Apertas nostalxicas.

pitima dixo...

Pois todavía non hai moito, nos chegou pola porta do PAC un homiño coa cabeza rachada por unha liorta de lindes e auga... ¡entre irmáns! O rural segue a ser o rural. Os que vimos das cidades encontrámonos con miradas desconfiadas e comportamientos que non entendemos ata pasado algún tempo...
Un bico sen lindes.

Anónimo dixo...

Eu acórdome de ver a meu abuelo a beiriña da noite co sacho ó lombo para ir "TORNAR A AUGA". Sempre me chamou a atención esa expresión. Eu sempre quería ir con él, pero como era moi pequeno nunca me deixaban. A primeira vez que fun levei tamén ó lombo un sachiño pequeno. Foi unha experiencia que xamais esquecerei: cando tornei a auga con meu abuelo José...
Grazas Chousa por traerme estes recordos á miña mente.

Brais Fente

Anónimo dixo...

Es cierto eso de que se luchaba por un palmo de tierra y luego una buena porción de ella se dejaba sin cultivar,cubierta de maleza. Aún así la propiedad es la propiedad

Un saludo de un galego en Aragón

tertulias para perogrullos dixo...

A xente con tal de pelexarse busca calquera escusa jaaja. Saúdos, por certo, son David de d´Agolada no meu novo blog, pásate velo se queres. Saúdos

CriS dixo...

Nunca llueve al gusto de todos... y si lloviera al gusto de todos ya nos buscaríamos algo por lo que pelearnos, entre desconocidos, o entre hermanos...
Aqui bueno... el rio al lado, con su aljibe.. sus repartos para las fincas... sus canalizaciones, todo mas o menos organizado... nadie se pega garrotazos.. pero ahora.. día que se rompe tubería, día que hay restricciones... y se nos olvida organización cualquiera y la liamos como los que mas... ains... qué estrés... me voy a desayunar y beber un poquito de agua fresca!

besos empapados

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

o das derregas sonche palabras maiores, teño entendido que ata había un arado especial para facelas e todo. como non podía ser doutro jeito!!!

dalles saudos e moitos parabens os organizadores do festival folkantas. como quen non quere a cousa van traendo a antas o mellorcinho da musica do noso pais (susana seivana, jarbanso negro, cempes, treixadura, pepe vahamonde, milladoiro, xochilmica, cuchufellos... e agora os ruxe e berroguetto.)

xurxo

vermella dixo...

o noso sentido da propiedade é único(sentido colectivo) porque non so herdamos a terra tamén a histotia desa terra e a súor que custou,un marco movido por un veciño a mala fe é visto como unha ofensa.Pode que as veces seña un desprósito pero a terra é un símbolo.....
bico.(suma e sigue nas débedas)

Elvira Carvalho dixo...

Depois de uma cirurgia, estou voltando aos poucos a visitar os amigos.
Um abraço

busto.agolada dixo...

Está ben traer a actualidade este asunto que tantos pleitos e disgustos causou no pasado. Creo que na actalidade hai menos problemas deste tipo e nin falta que fan.
Vexo que acompañas a entrada cunha imaxe de Marco, a divisoria das provincias na estrada N-640. Quizais o topónimo lle veña dalgún fito ou parafita que delimitase terras desde moi antigo. Os nosos antepasados, que eran moi sabios, marcaron os límites do condado decense na Idade Media e das provinciasde Lugo e Pontevedra, na actualidade, seguindo a liña divisoria das cuncas hidrógráficas. Por esa mesma razón, entre Antas e Agolada era improbable que houbese pleitos pola auga. Eu non teño noticia diso. A Serra do Faro, O farelo, O Picolongo, O Monte Queimado teñen nos seus curutos a fronteira administrativa natural máis lóxica.
Unha aperta desde Agolada.

Anónimo dixo...

Antas de Ulla se llama asi por estar "antes" del Ulla?