sábado, 12 de xullo de 2008

Optimismo

O mundo empresarial estuda con recalcitrante énfase o xeito de optimizar os seus recursos coa fin de acadar mellores resultados e rendibilidades sen acometer novas inversións e reducindo os custes.
É como se co mesmo paquete de deterxente pretendésemos lavar máis roupa moito máis sucia en menos tempo e reducindo o consumo de auga.
Solución: meterlle caña á lavadora.
Os traballadores somos a lavadora das empresas. Agora, para minimizar o impacto da crisis nas suas contas de resultados, falan de poñernos a lavar durante 65 horas semanais. Sin engadir deterxente nin suavizante e coa esixencia dun centrifugado máis intenso.
Parecía que todo ía ben e mira ti; para que logo digan que hai que ser optimistas.

Foto: Profecía ou advertencia?

26 comentarios:

Cuspedepita dixo...

Eu non acabo de crer que se chegue ao das 65 horas, son optimista, creo que os traballadores temos a última palabra: podemos permitilo ou non.
A foto é todo un poema non só o pesimismo senón á mala leche.
Eu "por si las flys" non chamaba a esa porta nin de coña ;-) Non vaia ser que sexa eu o "alguno"...
Ánimo, neno, que xa chegan as vacacións ;-) Non desesperes agora!
Eu xa estou facendo a maleta ;-)

Chuchiños para repartir pola túa casa.

Paz Zeltia dixo...

Claro será moito ser optimista esperar que o parlamento europeo non o aprobe. E se o fai é claramente un retroceso nos avances conqueridos polos traballadores, porque esas garantias que disque vai haber para que o patrón non poida presionar ó traballador para pasar das 48 anos, esas garantías digo, xa sabedes o que van facer con elas...

E penso que é profecía (o da foto, digo) ;-)

Paz Zeltia dixo...

horas, corenta e oito horas quixen dicir, non anos. [a crisis esta da mediana edade tenme tola]

LM dixo...

pois haverá que voltar aos casacos de pana que resistem melhor os lavados...

pitima dixo...

Non hai crise ho! É desaceleración! jajajaja. A economía é o que se desacelera, mentres a nós, os traballadores, se nos pide celeridad, optimismo e un sonriso.. que ó mal tempo hai que pór boa cara.. jejejeje.

Lavadoras.. jejeje. Boa metáfora, sí señor...
Bicos sucios.. non non, perdón, inda que sexa domingo mándoche bicos limpos, centrifugados e suaves, que non se diga que non somos traballadores.... jajaja.
Oremos...
Haber se hai sorte e non nos toca traballar tantas horas semanais... que non nos quedaría tempo para as trivialidades... tan importantes

Markesa Merteuil dixo...

O que non sei é de onde pensan que imos sacar tempo para consumir o que produzamos. Para que producir se non hai consumo? Pero bueno, co da luz xa se saíron coa súa... e eu non vexo a ninguén megamobilizado. O mesmo é que estamos sendo agoreiros ou... que a xente ten que adicar tanto tempo para ver como lograr mercar víveres que nin tempo a enterarse do que fan ás nosas costas teñen...

E, si, a idea de Veca é estupenda...

Ana dixo...

xa non saben que facer para jorobarnos mais...
E como facemos pra "lavar" e atender a familia ? A mim non me saen as contas...

Pareceme co dono da casa é moi pesimista,non?

Bicos

BK dixo...

Vai haber que chamar ao servizo técnico!!

CriS dixo...

Las lavadoras también tienen su carácter y como las llenes demasiado se paran en seco, dan error y o lo reajustas o eso no lava por mucho que quiera quien las fabricó y quien las publicitó.
A las pruebas me remito (http://elsegundodecris.blogspot.com/2008/02/oz-lo-que-cuesta-lavar-4-bragas.html)
Así que yo soy optimista y confío en el carácter de las lavadoras...
Aburiño!!

irene dixo...

Optimismo sí, pero no a ese precio, siempre tienen que pagar el pato los mismos, ¡basta ya!, comoo dice un dicho: lo que no puede ser, no puede ser, y además es imposible.
Gracias Chousa, me gustan todas las visitas, pero las de los gallequiños me hacen especial ilusión, no sé por qué, o tal vez sí.
Una aperta y un bico.

Anónimo dixo...

Que o cartel non sexa unha profecía, ho!

Ánimo o meu amigo...

Saúdos invernais ;-)

Antón de Muros.

Raposo dixo...

A corda case sempre se rompe polo lado mais débil, que somos nós. Con todo, neste caso sigo sendo moderadamente optimista.

A Conxurada dixo...

E se se aproba haberá que saír á rúa.

busto.agolada dixo...

Excelente comparación lavadora-clase obreira. E co que subiu a corrente e con tanto centrifugado as cousas pintan mal.
Eu confío en que o das 65 horas non sexa máis ca un globo sonda e espero máis sentidiño na clase empresarial. E sei a que tio de empresarios te refires.
Unha aperta.

Anónimo dixo...

estou con quen se referiu ó consumo, pois para vender hai que comprar, ter suficientes recursos para facelo e o suficiente tempo para esgotar a mercancía.
saúdos

Anónimo dixo...

Polo menos non nos fan lavar a man (de momento).

vermella dixo...

O cartel ven ao pelo,a mín o que máis me indigna é que os "socialistas obreros"estén tan caladiños,as lavadoras novas xa non están preparadas para tanto ciclo e as vellas xa están cansas de prelavado e lavado intenso.
bicos dende o programa do suavizante.

chimeneaverde dixo...

Tranquilidad, aquí el "máximo" (teórico, sin contar horas extra) son las 40 horas semanales. La verdad es que otras deberían ser las prioridades,¿comprar más lavadoras?
saludos

Anónimo dixo...

Hola. Son unha blogueira frustrada. Levo unha temporada léndovos a varios e teño que recoñecer que disfruto moitísimo. Pero hai un problema: tedes un nivelazo e non me dou decidido a iniciar o meu.
Do teu, por exemplo, gústanme moito as fotos que pos e que veñen sempre a colación co texto. De onde raio as sacas? Vas facer a foto e despois escribes?. Ocúrrechese algo e vas buscar a foto?. Tesme alucinada

B.F.

Anónimo dixo...

As comisions de festas de Antas teñeno jodido com o home desa casa. Calquera lhe vai pidir!!!!

Anónimo dixo...

A lexislación española polo momento non permite esa barbaridade. Ademáis están os convenios da Organización Internacional do Traballo que tampouco o permiten.

Ademáis, a escravitude está abolida. Ou non. Manda carallo.

asbeirasdoarnego dixo...

si, si xa se lle ve a Zapatero que se empeza a acojonar con isto da crisis, xa se atraganta nos discursos, e acabanselle os argumentos optimistas.
Un Saludo chousa

Anónimo dixo...

Yo pienso que es un globo sonda de esos que mandan los politicos para centrar la atención y luego meter el cuchillo por otro lado. Es que no tiene sentido, jopelines!!

paideleo dixo...

Isto das 65 horas é un desastre para os traballadores que non sei como vai rematar.

E non, non somos cocheno ningún dos pais do Leo. Si que o son os dous avós paternos que tiveron tres fillos destros e dous netos maniscotos.

Anónimo dixo...

Eu tiña visto estes azulexos mais veces, pero sempre os vin nas tendas. Ainda non atopara un con un par de c... de poñelos na sua casa

Suso Lista dixo...

Creo que deberían pedir tamén o dereito de pernada, e que unha vez a semana teñamos que facer a limpeza da sua casa e rozar o monte que teñan en propiedade. Fachas