venres, 25 de xullo de 2008

Patria


Coa fachenda de sentirnos fillos da Galicia nai que hoxe celebra o seu día e percibindo que o azul e o branco son as verdadeiras cores dos nosos corazóns, quero expresar unha vez máis a miña ledicia de sentirme galego. Hoxe e tamén os outros 364 días de cada ano!


--oOo--

En pé! Irmáns!

En pé, sereos,

a limpa frente erguida,

envoltos na brancura

da luz que cai de riba,

o corazón aberto

a toda verba amiga,

e nunha man a fouce

e noutra man a oliva,

arredor da bandeira azul e branca,

arredor da bandeira de Galicia,

cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores

a noite da Frouseira

á patria escravizaron

uns reises de Castela.

Comestas polo tempo,

xa afloxan as cadeas…

Irmáns asoballados

de xentes extranxeiras,

ergámo-la bandeira azul e branca!

e ó pé da enseña da nazón galega

cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia

de lexendaria historia,

en pé! en pé dispostos

a non morrer sin loita!

O día do Medulio

con sangue quente e roxa

mercámo-lo dereito

á libre honrada chouza!

Xa está ó vento a bandeira azul e branca!

A oliva nunha man, a fouce noutra,

berremos alto e forte:

“A nosa terra é nosa!”


Ramón Cabanillas

Foto. As miñas bandeiras: Antas de Galicia

14 comentarios:

HADEX dixo...

Feliz día da patria!!!

♥ meninheira ♥ dixo...

Bo día da patria!!

BK dixo...

Feliz día da Patria Galega!!

Vivamos como galegos :P

irene dixo...

Me parece estupendo que te sientas orgulloso de ser gallego, y no sólo hoy, también los 364 días del año restantes, yo también lo estaría.
Bicos.

CriS dixo...

Ola, moitas felicidades! A ti e ao resto, e especialmente tambien a todos os galegos repartidos polo mundo que estarán añorando a súa terra.

Bicos con morriña.

Unknown dixo...

Fermoso poema para os actos do día das Letras, e para hoxe tamén, como non!

Saúdos

Anónimo dixo...

Pois como ben dís, o día de Galicia debe ser cada un dos días do ano.

O poema de Cabanillas está ben, pero a realidade de hoxe é outra.

Loitar por Galicia é hoxe outra cousa. Así non veremos o AVE por eiquí ata 2013 ou máis tarde. Hai que loitar contra a despoboación da Galicia interior. Hai que potenciar e promocionar os nosos productos. Hai que preservar e difundir a nosa cultura e tradicións, non impoñelas.

Aquelo da "doma e castración de Galicia" dos Reis Católicos queda xa moi lonxe. Hoxe temos entre todos que facer unha Galicia próspera, pero sen perder nunca a nosa esencia.

LM dixo...

feliz día e feliz ano!beijos.

Ego dixo...

Feliz día, pues, aunque con retraso. Me limité a ver en la tele el espectáculo de fuegos artificiales frente a la Catedral de Santiago, pero feliz todo al fin y al cabo.
Un bico

Marinha de Allegue dixo...

Unha aperta ao día seguinte da celebración.

;)

A Conxurada dixo...

Unha moi boa homenaxe ao noso día da Patria.

Chousa da Alcandra dixo...

Si, Dezarutas, precisamente por todo o que dis e por todo o demais, sigue plenamente vixente o poema de Cabanillas.

Unha aperta galaica

Paz Zeltia dixo...

mamaiña, cando abrín o teu blog pensei que me trabucara; cómo é que eestaba rota a estética uniforme da Chousa de Alcandra!
Pero estou contigo que o fervor patriótico todo o vale!

:) bicos galegos e patrios!

Chousa da Alcandra dixo...

Alédame sorprender tamén no desorde, Zeltia...