luns, 24 de marzo de 2008

Velocidade

Din que o tren de alta velocidade chegará a Galiza un lustro destes. Boeno, está moi ben iso. Unhas boas comunicacións seica son augurio de progreso, desenvolvemento e civilización.
Hoxe todo ten que ser con presas, se non xa semella que non ten mérito nin valía. E, pola contra, no disfrute persoal sempre perseguimos aquelo que podemos facer de vagariño.
Compre que atopemos ese equilibrio no que as premuras e maila inmediatez se dobleguen diante da calma e o sosego. A mente dos nenos de aldea coma min, non sei se saben viaxar con alta velocidade.

Foto: Tráfico desconxestionado na "peaxe" de Vilapoupre (Antas de Ulla)

28 comentarios:

Xesús dixo...

Pódese dicir con máis palabras, pero non mellor.

busto.agolada dixo...

Este teu artigo coincide na substancia cun de Vanessa de Santiso que titulaba "Atallo". Creamos unha falsa necesidade: a de vivir rápido, aforrar tempo para logo perdelo inutilmente en cuestións sen trascendencia.
Tanto Vanessa coma ti estades a escribir un tratado de filosofía con enfoque rural, moi meritorio, pois del despréndese unha bagaxe didáctica que invita á reflexión.
As fotos con que acompañas as túas verbas engádenlles máis sentido e imbrícanas na terra, no agro, no sentir da aldea.
Unha aperta.

Marinha de Allegue dixo...

A velocidade fainos tomar distancia en moitos casos...

Unha aperta.
:)

paideleo dixo...

A velocidade excesiva non é natural e non leva a ningunha parte. Todo require o seu tempo.

Pitima dixo...

Os trenes, que son coma berces, que te mecen e arrullan co seu chucuchú chucuchú.. Este de gran velocidade... penso que non vai ser o mesmo.. ¡nin siquera te dará tempo dunha sonadiña! aissss.

Un bico de vagar, non vaia ser que non te des conta de que cho dín.

Mariola dixo...

Eu non gosto da velocidade.
Os de aldea somos de outra madeira, non somos de aglomerado.
Precisamos tempo para adaptarnos á humidade, á calor, ó frío, ós cambios do vento.

irene dixo...

A mí me encantaría que llegara, siempre que no fastidiase el paisaje como ese camino de la foto.
Bicos.

d´Agolada dixo...

Moi boa entrada, a min g�stame facer as cousas paseni�amente pero reco�ezo que a velocidade tam�n � importante. En canto � do AVE creo que era innecesario que ser�a moito mellor gastar os cartos noutra cousa ma�s util para Galiza ademais non creo que o podamos ver terminado en lustros sen�n en s�culos jaja, � paso que van... Por certo xa hai tempo que non te pasas polo meu blog, avanzou moito nestes �ltimos tempos. Sa�dos.

asbeirasdoarnego dixo...

o AVE esta destrozando todo o noso entorno, especies, e demais incluso acabará por destruirnos a nos se non poñemos ¿non cres?
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

HADEX dixo...

Buf...eu boto moito de menos a falla de presas....coñecina de pequena na aldea do meu pai....Ainda que Lugo é unha cidade tranquila....

Veca dixo...

Igual toleamos ao ver pasar o mundo tan deprisa.....

Cuspedepita dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Cuspedepita dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Cuspedepita dixo...

Estes días aproveito que chego cunha hora de día á casa para saír pasear polo monte outra vez.
Xa case non acordaba a última vez que pisei unha corredoira chea de lama...
E, mentres o facía, pensaba que, rodeados de asfalto e cemento, e vivindo contrarreloxo, esquecemos que nós tamén formamos parte desta natureza e sentímonos alleos a ela como se miráramos a casa de outros desde fóra.

Chuchiños

Pau dixo...

Gustame o pe de foto, eche ben inxenioso.

A lareira de Santiso dixo...

Uff, eso que di Busto de "bagaxe didáctica" non sei se me quedará algo grande, pero é certo que eu coma ti, Chousa, temos un ollar de aldea a través do cal as cousas van, ou deberan ir máis mainííííííño.
Saúdos

Cris dixo...

Pues creo que lo ideal sería un equilibrio entre unas buenas comunicaciones, que a Galicia le hacen falta, y el cuidado del entorno privilegiado que tenéis. Que si lo hacen lo hagan con la cabeza y no con el bolsillo y sin prisa pero sin pausa, con cuidado y esmero.

Ana dixo...

Non sei que decirte,por un lado veo ben lo del AVE,ya que poder hacer un trayecto que antes te duraba 8 horas en 3,es una gozada.
Por outro lado, es verdad,que cambiará moito o paisaje, y que los viajes de antaño en tren eran guapísimos.

vermella dixo...

Estou contigo os nenos de aldea non estamos feitos para a presa,o ano pasado fun no ave Madrid-sevilla e nin puiden disfrutar dos olivos nin da paisaxe inda que entendo que unha cousa é viaxar e outra desplazarse............
bicos sen presa.

Druid dixo...

Os nenos de aldea poremos un pouco de calma nesta tolemia de mundo, pero o malo e que non somos capaces de non vernos no medio da bola de neve.... e xiramos o ritmo que xira todo o noso redor.
Apertas.

Markesa Merteuil dixo...

O mundo xira e os que temos que andar as presas agradecemos esa velocidade para poder estar alomenos media horiña nos sitios ós que precisamos ir ou que queremos coñecer. E os que nos mareamos en cada viaxe, aínda máis agradecemos que este pase canto antes... Todo debe ter cabida: aínda que eu pediría algo máis de tempo para ollar.

Rifo I de Zeuquirne dixo...

Que veña o AVE, pero que non fagan unha desfeita coa paisaxe.
Inda que me parecería moito máis interesante que arranxaran e renovaran os trenes que temos.
Porque o que é unha vergoña é que dende A Rúa de Valdeorras, se tarde en chegar a Santiago ou Vigo catro ou cinco horas, (hai 200 km) e que o tren sexa o mesmo que había cando eu era estudante e iba a Santiago, so que claro agora están un pouco máis oxidados e máis vellos, o que vos digo unha vergoña.
Apertas.

Suso Lista dixo...

Que fagan AVE e cercanias, pero que non desfagan as corredoiras.

chimeneaverde dixo...

Recientito lo han instalado aquí, pero la verdad no me apetece más ave que la que aparezca en mi plato en la cena de hoy.

apertas

Markesa Merteuil dixo...

I Blog-Xuntanza...

São dixo...

Esperemos que o comboio de alta velocidade não se embrulhe em confusões ainda mais altas, como aqui em Portugal!!
Unha aperta.

Manel Vázquez dixo...

quixeran imitar á imaxinación cun revoltixo de ferros.

Zeltia dixo...

Bueno, non sei se entendin ben esta frase:
"sempre perseguimos aquelo que podemos facer de vagariño", porque eu penso que cada día menos buscamos tranquilidade!, ata para ir a un sitio tranquilo fanse km. e km. a toda prisa para chgar aló, ó sitio tranquilo, jaja, e dempois ós dous dias está a xente aburrida, e non sabe que facer, é que falta o pub, o restaurante, o DVD a playstation...
Non, non creo que a xente sempre persiga aquelo que pode facer de vagariño. Algún coma tí, secadra ;-)
I ata eu, ás veces...