Non teñen establecemento fixo.
Elas vanse sen previo aviso, levando consigo toda unha bagaxe de curvaturas con magnéticas xeometrías.
E deixan tras de sí levísimas testemuñas da súa estadía. Apenas algún elemento piloso enroscado nun chan cargado de risas picantes que ule a crema solar mesturada con intencións inconfesables.
E deixan tras de sí levísimas testemuñas da súa estadía. Apenas algún elemento piloso enroscado nun chan cargado de risas picantes que ule a crema solar mesturada con intencións inconfesables.
Ás nómades da praia cústalles desprazarse e camiñan con nugalla. Elas non o saben (ou si); pero, ademais de transportar os seus útiles de sedución, carrexan ducias de córneas masculinas adheridas a algunha das pezas dos seus bikinis.
Foto: Nómades dun deserto superpoboado.

























