Estradas ateigadas de maletas, apreixadas nos seus compartimentos coma quen soba os nabos no caldeiro, circulan estes días con idénticas direccións pero en sentido contrario.A envexa engadida á bagaxe dos que voltamos fai que a idéntica equipaxe da ida semelle non caber no mesmo habitáculo de fai un par de semáns.
E miramos con cara seria ós que veñen, mentras pensamos que a nós ninguén nos vai quitar o disfrutado e, ó fin e o cabo, eles traen os días contados...
Mentras conducimos as nosas ideas polas curvas do pensamento decatámonos de que cando empezabamos a collerlle o tranganillo ás chanclas, hai que volver coller as ferramentas da canteira. Penso que algúns (eu entre eles) deberíamos quedar para explicarlles aos recén chegados como rulan as cousas polo lugar.
Foto: Ferramentas para non queimar os pés na area























