Acicalámonos para que nos vexan ben e, dese xeito, amosar máis seguridade; co cal verannos mellor. Un círculo vicioso que día a día tentamos manter enfundando aquela camisa que nos engaiola moito e mergullándonos no perfume que namora as propias pituitarias.É así como saimos da casa pisando forte, coa cabeza erguida e a vista ó frente. Gastando axiña a camisa bonita e facéndonos resistentes a esa colonia que xa non somos capaces de ulir.
Pero ainda coa gravata centrada e os zapatos relucintes, seguimos a ser sabedores sempre que, de cando en vez, non hai como botar un peidiño para liberar tensións e deixarnos o corpo -por un segundo- sumamente relaxado.
E que, de tanto falar, acabamos todos padecendo aerofaxias que compre liberar. Ou non?
Foto: Canalizacións residuais non radiactivas [creo].( Antas de Ulla)
























