Cada día 10 hai feira en Antas. Según os vendedores ambulantes, cando cae a sábado ou domingo non é o mellor día para que eles fagan moitas transaccións. Disque a xente non acude tanto á vila en xornadas non laborables, aproveitando mellor os días de diario para facer de paso outras xestións.Eu hoxe merquei unhas tixeiras de podar, que xa está vindo o tempo e as que tiña era hora de concederlles a xubilación.
O que me pregunto é se a moza que estaba na feira non tería frío desa guisa que lucía así de lozana na praza do Concello. Quixen preguntarlle onde mercara os vaqueros, que teñen unha marca ben interesante, pero como son moi tímido, apretei as miñas tixeiras de poda, e voltei coas ganas de preguntar na idea e coa imaxe da feiranta fresquiña, na memoria da miña cámara.























