
En certa ocasión un neno acompañaba a seu pai na feira de Antas, cando pasaron a carón dun burro que tiña o seu órgano sexual extendido en toda a sua lonxitude. O rapaz, sorprendido pola visión, e cargado coas dudas da sua candidez infantil, preguntou:
-
Papá, e que lle pasa ao burro?O pai, que non gustaba de verse en camisas de once varas, tentou sair da situación como mellor puido e respostou
-
Nada neniño, o burro está enfermo.O día rematou, cargado de anécdotas para o rapaz, e pasados varios días dende o 10 (que é o da feira de Antas), ía o neno camiñando para a escola -esta vez na compaña de sua nai- cando avistaron un burriño na mesma situación co detallado anteriormente. O neno, amosando sabiduría, dille á sua nai:
-
Mira mamá, ise burro está enfermo.
-
Enfermo?, e quen che dixo a ti tal cousa?-
Seino eu, porque mo dixo o papá.A nai, enrugando o fuciño, axeitando a postura do mandil sobre o lombo e mirando cara o frente cun levísimo sorriso de resignación, respostou:
-
Xa quixera teu pai ter a metade da saúde do burro!E xa que estes días haberá tinta abondo corrida sobre as eleccións americanas; este é o meu humilde tributo a tal evento.Foto: Burro saudable en Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla)