Había que saber transformar correctamente a inxente cantidade de enerxía que producimos mentalmente. Sobre todo cando barrenamos dándolle mil voltas ás cousas que, precisamente, so teñen unha volta...Adoita acontecer nas noites de insomnio. Luz apagada e corpo quedo. Entón todos os novelos de ideas enzarapállanse no disco duro que levamos enriba dos hombreiros, conformando unha madeixa que remata nun bucle estéril que unicamente consegue un espertar cansino.
Por iso, e mentras non se invente o acumulador para esa fonte de enerxía renovábel (digo eu que o será), vai ser preciso lembrar que a cama serve para moitas cousas; pero non para poñer a motora en marcha!
























