sábado, 20 de decembro de 2008

Adrede

A pesares da miña promesa de non reincidir no xa dito (recuncar somente presta noutros menesteres que non preciso citar...), retomo parte da filosofía do post anterior no senso de que non todo se merca con cartos. Todos confluimos nesa aseveración e , en maior ou menor grao, amosamos ledicia por tal conclusión. Non sei se como forma de espelirnos a alta dependencia que deles temos, ou como rexeite do elevado índice adictivo que os cartos provocan en nos.
Certas xeneracións -nas que me vou incluir- fomos criados na austeridade duns tempos menos tecnolóxicos que, dado o caso, se fose preciso volver saberíamos (con "mono", pero saberíamos) enraizar de novo naquel xeito de vida.
Pero témonos establecido na solaina de certas comodidades con tal ensimismamento, que me pregunto se fomos capaces de transmitirlles aos nosos cachorros aquela filosofía.
Deixémonos de landainas: non o fixemos. E sería debido a que nos arrastrou a corrente ou foi adrede?

Foto: O mesmo tronco, pero diferentes pólas. Mazaira xeada de Antas

18 comentarios:

Carlos Sousa dixo...

Cantas veces teño barrenado con iso. Para os que nos recordamos dos tempos de austeridade (que non fame) penso que nos custaría un montón voltar a acostumarnos. Para os rapaces novos, cos vicios que lle inculcamos, non quero nin pensalo como sería.

Deixamonos levar.

Antón de Muros dixo...

Chousa: eu creo que todos fixemos o lóxico: pensar no futuro dos nosos fillos.
Agora, quen puido ter unha ollada apocalíptica sobre o mesmo?
Se houberon adiantos técnicos, era lóxico que contáramos con eles, non si?

Penso que non temos que subestimalos. Se teñen que loitar, aprenderán da memoria dos seus antergos (eu non necesitei comer pan de boroa para saber o que é a miseria da aldea do meu avó).

Se os nosos pais e avós puideron facer frente á adversidade, os nosos fillos poderán facelo. Só que serán outras tribulacións (de acordo aos novos tempos).

Unha aperta.

Antón.

Chousa da Alcandra dixo...

Amén, Antón.
Máis permíteme que unha milésima do meu bulbo raquídeo considere a duda desa adaptación.

Carlos Sousa tamén abriga dudas coma min. Habería que facer unha proba. Ainda que fose curta no tempo...

Antón de Muros dixo...

Por suposto, Chousa, a dúbida é inherente ao ser humano, claro.

Unha aperta.

Antón.

CRIS dixo...

Hola... no se qué decir... no he tenido que transmitir nada a ningún cachorro humano, y los animales, entienden de muchas cosas pero no de cosas materiales ni dinero, así que lo he tenido y tengo fácil. No tengo que educar a nadie sino mucho que aprender aun.
Complicado.. no se qué responder o si de verdad no se ha hecho, el transmitir esa filosofía. Quiero pensar que algo de todo eso sigue quedando y que quedará.

Bfetiños que no saben...

Kim Basinguer dixo...

Non estou moi segura, se sabriamos.
Felieces festas.

Carlosm dixo...

Eu apuntome no carro das dudas tamben.
E dirialle a CRIS que se non pode opinar como transmisora sim pode facelo como receptora (cachorinha).

E ti tenme coidado coas xeadas de Antas estas manhancinhas, non vaias colher un catarro agora que venhen as festas

Carlosm

irene dixo...

Lo malo de los cachorritos es que, aunque se intenta hacerles valorar las cosas, a la hora de la verdad, la mayoría de ellos, lo tienen todo sin ningún esfuerzo, no creo que sea muy bueno, o sí, la vida va pasando, nunca se sabe cuando termina, y el futuro está por venir, así que, que te quiten lo "bailao".
Biquiños festivos.

No logramos lo de la lotería, si os toca, tendréis que invitarme a un riveiro.

CRIS dixo...

SUERTE PARA MAÑANA, ir haciéndome hueco que si toca tendré que ir a celebrarlo;)

M. Moure dixo...

Cada generación transmite a las siguientes sus conocimientos y sus principios. Después esas nuevas generaciones las asimilan a su modo y manera obteniéndose unos resultados que no siempre son los esperados por la generación transmisora; pero eso no necesariamente quiere decir que el "trabajo" no esté hecho.
Comprendo su preocupación y asumo -como padre que soy- mis errores también.

Le felicito por su blog. Le sigo con asiduidad aunque hoy es mi primer comentario. Le pido disculpas por no atreverme a escribir en gallego, aunque lo entiendo perfectamente.
Un saludo de un gallego en Madrid.

HADEX dixo...

Non teño fillos, primeiro de todo. Pero penso que o feito de vivir en tempos de austeridade (nunca me faltou nada na miña casa, pero caprichos cero)non nos autoriza para que desexemos ou queramos inculcarlle o mesmo para os nosos descendentes. Eu ás veces penso que se eu fora unha adolescente de hoxe en día ía estar chea de frustracións. O meu pai non consideraría necesario nada do que hoxe teñen os rapaces, ni ordenador, nin internet, nin móvil....
penso que hai que ensinar a xusta medida das cousas, con razoamentos, pero non negar os avances. Ensinar o valor do traballo e dos cartos, o valor de ter o que outros non teñen, necesidades básicas, pero sen lembrar continuamente a austeridade que nós padecemos....

Biquiños!

Artabria dixo...

Bueno, eu non teño cachorros que criar, pero se nos poñemos a pensar custanos saber como era a vida sen móbiles, internet...

Anónimo dixo...

Moi ben Hadex.
Deches na zafra. Pero dime: como se ensina a xusta medida das cousas, con razoamentos? (...)Como se ensina o valor do traballo e dos cartos, o valor de ter o que outros non teñen? Como se fai todo iso?.
Demasiado teorizante e sumamente complicado de levar á práctica.
Eu son un dos (bestias) que teñen dito que ese programa que trae a convivir con familias de aqui a nenos saharauis durante unhas semanas é unha iniciativa cruel. Durante 5 semanas amósaslle a nenos que non teñen nada o paraiso, e despois devólvelos á sua realidade. Cando medren non nos extrañemos que queiran cruzar o estreito en patera, en cayuco ou nunha caixa de mistos.
Penso que sería moito máis constructivo levar os nosos alí, a convivir cos saharauis, duas ou tres semanas. A sua escala de valores seguramente mudaría.

Unha nai de hoje

Chousa da Alcandra dixo...

Gústame a polémica e animosa discrepancia suscitada.
Non sei como vai o marcador, pero tanto ten.
Graciñas polas felicitacións a ese lector madrileño.
Irene: No se que rayos pasó con tu comunicación. La invitación a la que aludes dalo por hecho, toque o no toque.

Saúdos

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria: a ti tamén te invitaremos eh!

paideleo dixo...

Boa meditación a túa.
Supoño que o fixemos seguindo a corrente e seguindo o espírito de competencia que ten o ser humano.
Eu o que vou tratar de inculcar aos meus fillos é a ilusión de vivir. Penso que iso non se consegue con cartos e que é o verdadeiro motor da humanidade.

Bueno, e se mañá non toca a lotaría devolves os cartos ?. Ha, ha, ha.

Chousa da Alcandra dixo...

Carallo, paideleo; proposme un nejosio ruinoso. Coido que eso faino somente Hacienda e, para o caso, devólvenos dos que xa eran nosos!!!

Lembrade todos que o día 23 é o día da saúde...
(Ainda que neso di un amigo meu que "hai algúns cabróns que teñen saúde e tamén cartos!")

Barreira dixo...

Case todo o mundo dice que a seus fillos non lle quere facer pasar o mesmo que pasou él. Será porque tan mal o pasou??, pasase mellor hoxe en dia logo??.
Teñase razon ou non o que si é certo e que os cachorriños non van polo mesmo camiño porque nós mesmos nos empeñamos en que así fora.
Saudos Chousa.