sábado, 13 de decembro de 2008

Gavelas

Teóricamente tense considerado como innecesario pero a sua vileza proporciona ao ser humano a capacidade de loita máis encarnizada nas sociedades "modernas". Máis que o amor, tanto como o sexo...(que manda carallo!). Polo que representa téñense dado soadas traizóns, cruentos asasinatos e mil xeitos de prostitución. Con él seica se poden mercar intencións, calidades, cualidades e ata pensamentos.

Gavelas de seres teñen perdido a dignidade por unha presa de moedas. Presas de moedas, fluidamente aboadas en conta corrente téñennos prendidos na canga vital da nosa cotidianidade.

Xa sei, hai cousas que non se mercan nin se pagan con diñeiro; máis cada día que pasa a canga metálica apreta con renovada enerxía os nosos febles pescozos e profundiza a nosa dependente adicción polas gavelas de billetes finamente acuñados e precariamente distribuidos.

Foto: Simplemente cartos

35 comentarios:

Barreira dixo...

Eu coido que todos temos un prezo, ainda que estou de acordo que hai cousas que non se pagan con diñeiro.
"Poderoso é" dice o señor Botín e compañía.
Saudos chousa

Artabria dixo...

Pois non, os cartos non dan a felicidade, pero axuda....ás veces, moito moito......

Antón de Muros dixo...

Sen cartos non podes manter aos teus fillos, mercar comida, roupa, ir ao médico, pagar os colexios...

Sen cartos non podemos vivir.

A loita de cada día para acadalos é a nosa responsabilidade. Non son un fin en si mesmos, mais sen cartos.....

Unha aperta.

Antón.

O Raposo dixo...

Desas gavelas póñame cuarto e mitade. E non os envolva que os levo postos!

Markesa Merteuil dixo...

Unha das cuestións que máis lle sorprende á xente é atopar a alguén que non codicie... Pero é que codiciar é contrario á felicidade.

CRIS dixo...

La avaricia rompió el saco... y este mundo está lleno de sacos rotos que no hay hilos ni agujas capaces de coser ni remendar.
Demasiada importancia la que se concede a algo que al final, es moneda de cambio, demasiado caro sale el intercambio, demasiadas cosas tienen precio cuando en sí mismas no lo tienen... Complicado, muy complicado...
Ains... yo hoy ando emocionada, no tiene precio el día de nieve, juego y fotos que he tenido... no lo hubiera cambiado por un buen fajo de billetes...

bicofletes nevados

Pitima dixo...

Teóricamente... pero moi teóricamente ademáis, porque na práctica os cartos sonche ben necesarios.
Por certo, ¿a foto é túa? ¿e toda esa morea de cartos?
Agora hasta os cartos son teóricos: números na conta que suben e máis ben baixan.. jejeje. Agora andamos todos co trozo ese de plástico que vale en tódolos establecementos onde venden suposta felicidade envolta en papel de regalo...
Aissss
Bicos regalados, que non vendidos..

irene dixo...

Dicen que poderoso caballero es don dinero, pero también vil. Para qué nos vamos a engañar, es necesario, pero no el que tiene mucho de sobra, es necesariamente más feliz.
Y hay cosas muy importantes, que jamás se podrán comprar con dinero.
Biquiños.

niar dixo...

O gracias a usted ha llegado a mi blog. blog en el que verdaderamente grandes. aunque no entiendo el sentido del nombre.
pero me gusta.
lo siento no puedo hablar español.
el placer de conocerte.

HADEX dixo...

Como di Irene,Poderoso caballero es Don Dinero. Quevedo explicábao ben naquela outra letrilla:

¿Quién hace al tuerto galán
Y prudente al sin consejo?
¿Quién al avariento viejo
Le sirve de Río Jordán?
¿Quién hace de piedras pan,
Sin ser el Dios verdadero
El Dinero.

LM dixo...

essa é a comisiom da lotaria!!!!??????
beijos

Carlos Sousa dixo...

Non dan a felicidade, pero axudan de carallo. Sen eles estaríamos bastante fastidiados.

A mín non me gusta ser avaricioso, pero desas gavelas póñame o que non levou o Raposo, e tamén sin envolvelos.

Ub saúdo.

mencía dixo...

Pois a cousa é que sen cartos vívese mal, pero para sorte dos que temos poucos, haiche moitas cousas que ises tan ricos xamais terán e eu si jejeje.
Mándeme a min tamén uns cantos paquetiños dises da foto, fanme falla para unhas menudenzas que teño pensado para estas festas.
Bicos.
(xa che mandei un correo, se non chegou dimo)

Chousa da Alcandra dixo...

BARREIRA:
Como non vai ter prezo a vida, se ata os americanos xa dixeron que o tiña a morte?. E o que din os americanos é palabra sacrosanta nesta sociedade. Botín e compañía estanse levando un botín de carallo. A min non me importaría ir facerlles o arqueo un día destes, por un módico % (por baixo do euríbor incluso, mira se estou xeneroso!)

ARTABRIA:
Á que si que axudan?. Xa decía un amigo meu que seguramente non dan a felicidade, pero colaboran moi activamente en conquerila de xeito moitísimo máis cómodo. Así temos montado o tranganillo; así que so temos que tentar que non nos exploten en demasía (ti ben sabes como lles fan aos empregados das tendas ultimamente…jajajaja)

ANTÓN DE MUROS:
Claro que non son un fin, Antón; pero son o único medio que coñecemos para poder vivir con xeito. Xa pasaron os tempos daqueles movementos sociais dos 70, nos que se comentaba a posibilidade de volver á vida dos trocos (non dos trucos, que ese é outro cantar jajaja); pero moito me temo que o máis doado hoxe é trocar papel moeda por servizos ou necesidades.

O RAPOSO:
Jajaja. Boa idea compañeiro. Eu tamén me apunto á cuestión. E tampouco me fai falta envolvelos que xa me desenvolvo eu que nin diola con eles así “a pelo”. Da gustiño velos; pero ainda da moito máis posuilos, disfrutalos…jajajaja xa logo parece que estou a falar doutra cousa!

MARKESA MERTEUIL:
Boh, xa sei; pero hai tantas cousas que son contra algo…que xa non dou reprimido a miña propia codicia. E non solo polos cartos. Codiciamos e desexamos case todo aquello que non temos. Seguramente forma parte do xenoma humano…vostede que pensa ao respecto?

CRIS:
Pois disfruta desa emoción que non ten prezo!. Ao final as pequenas cousiñas de escaso valor económico son as que fundamentan moitos momentos de ledicia. Pero non o digamos demasiado alto nin o repitamos en demasía; senón acabarán por gravalas cun imposto! Jajajaja

PITIMA:
Si señora, ten vostede razón. Non son cartos de plástico, son cartos teóricos. Gustoume a definición e vou plaxiarte descaradamente de agora en diante.
Claro que eu facía un alegato á teoría, por iso digo que estamos enganchados na canga, como as vacas de leite, que por diante danlles o silo e por detrás sacan o leite.
E si, a foto é miña. Outra cousa é que o que retrato sexa meu…como en case todas as outras fotos…jajaja

IRENE:
Y tan poderoso!. En su nombre bien tropelías que se han cometido. Peeeeeero en tanto no se desarrolle otro mecanismo de “convivencia” habrá que continuar teniéndolo como medio (no como fin!!!).

NIAR:
Que nivel! Esto es el deseo de todo ser (e se é home moito máis): que non o entendan nadiña,pero que lle guste! Jajaja.
Pido disculpas pola broma. A sua visita deulle un toque exótico ao meu blog. Asemade penso que debe ser a primeira indonesia que contacta con Antas. Esto ten que ter un valor incalculable en cartos!!!!.

HADEX:
Quevedo era un cachondo. Seguramente lle pasaba coma min: que tiña poucos cartos e tentaba compensalo con inxenio. Ogallá eu chegase a ter un tercio do inxenio del.
Eche ven certo; que con cartiños ata o torto parece máis dereito e ata semella que coas pedras pode facer pan…

LM:
Deches no clavo!!!!!. Descubríchesme o segredo!. Pois estes que amoso na foto son as comisións que percibín antes de mercar ti. De modo que xa te farás unha idea.
Eu aceptaríate como axudanta; pero teremos que pensalo para a de Reis, que esta xa se está rematando o prazo.

CARLOS SOUSA:
Pois non che vou poder poñer a que levou o Raposo, posto que xa a levou él. O moi pillabán deveuna esconder na sua madrigueira xa…

MENCÍA:
Eu apúntome a ese mesmo carro do consuelo que ti dis, Mencía. Eles non poderán ter certos matices que os que percibimos menos no reparto temos. Pero…han de terche outros matizazos os moi capullos…jajaja
E a ver logo se che podo mandar uns paquetiños tamén para ti destes que salen retratados…

niar dixo...

gracias por visitarme de nuevo. Realmente me alegra saber acerca de su historia Galicia. Espero poder visitar su nuevo blog. encantado de conocerle.

vermella dixo...

A foto ou ben atopachela no google ou collecionas???
nestes tempos de crise eu acordome da miña avoa que decía os cartos non son de quen os gasta son de quen os garda,cando era pequena e dábame diñeiro par o cine dábame dous billetes de 500Pts,un para pagala entrada e o autobús e o outro para traelo de volta,van de compañeiros decíame....
bico.

Doutora Seymour dixo...

oooohhhh, unha foto clasificada $!!
Tería que por un aviso, avisando.
Saúdos.

LM dixo...

mui bem, senhor chousa! trato feito. aliás som boa representante de toda a parte infantil... quem melhor do que eu para recolheitar as comissons do neno!
beijos

Chousa da Alcandra dixo...

NIAR:
Gracias por agradecer. El placer de que descubras Galicia a través de mi blog hace realmente el placer sea mio. Un cordial saludo.

VERMELLA:
Que sorte tiñas con tua avoa. 1.000 pesetas!!!! Iso era toda unha fortuna. E xa me dirás se empalmabas unha sesión de cine con outra, pois cen pesos daban para ver varias películas eh!!!!. Xa explicarás eso ;-)
E si, a foto é miña. E a man tamén. O resto...xa é outra estrofa doutro poema! jajaja

DOUTORA SEYMOUR:
Ten vostede toda a razón. Debería telo advertido. Na miña defensa alegarei carencia de dolo e de alevosía. Agardo unha sentenza benigna e prometo non reincidir.

LM:
Moi ben, señora LM, convenceume; poreina en contacto cos folkeiros para negocie vostede direitamente con eles a fin de facer a subcontrata...

Mariola dixo...

Simplemente?

Zeltia dixo...

pero mira
os cartos sí
pero non os queremos por sermos ricos
queremolos para o de sempre:
uns para o poder
falo de sentirse superiores
sentirse libres -cousa errada me paredce a min-
protexidos
outros para ter amor
ou ter sexo.
(si, si, e non falo de puticlubs, que para iso vaise tirando cun sueldo medianiño; falo de ter "ás mulleres mais bellas do planeta pelexando por un pelexo baleiro de corpo e de mente, e iso pódeo dar os cartos. incríble)

LM dixo...

senhorita grazas

Chousa da Alcandra dixo...

MARIOLA:
Simplemente, si.
Como non te esteñas a referir á man que pode semellar que os quere coller; pero que na realidade os está consagrando...non hai mais nada. Cartos simplemente. ;-)

ZELTIA:
Si, incluso a atención de mulleres a un pelexo físico e mental. Pero tamén de homes que lles fan monerías a velliñas coma uvas pasasas en cadeira de rodas. Manda carallo. (E non sei como raio me veu á mente un que decían que era avogado, gastaba barba e se rodeaba de pitufiñas que mais parecían as suas netas; ou de certa señora, Grande de Spain que a prensa debeu volver tan tola que pensa que un que podía ser seu neto...Canto se fai polo carto!).

LM:
Nunca aprenderei. Pero tomo nota.

Paquito de Penas dixo...

Eu contáballe ao meu fillo fai uns días, que era moi importante a súa idade apuntar nunha lista as cousas que se podían facer sen diñeiro. Coido que aínda son moitas, pero a sociedad
na que vivimos atrapa a nosa vontade e reduce o pensamento.

Paquito de Penas dixo...

¡Ois, por certo, acabo de darme conta que en Antas andades unha hora adiantados!

busto.agolada dixo...

Boeno Chousa, vexo que os cartos dan moita miga, que non felicidade. Algúns din que axuda. Eu cando tiña menos que agora era máis feliz, quizais porque os compromisos e obrigas tamén nos esclavizan. Por certo agora teño os que teño e tampouco son moitos, que ningúen vaia pensar. Nin rico nin pobre. Pero o que si é que eu nunca os vexo en gavelas. Chegan ao meu peto aos pouquiños, raconados polo caixeiro automático, menudo invento!
Non dan a felicidade, pero tamouco a quitan. O que si quitan é algúns problemas.
Gustoume o que apuntou o amigo Paquito de Penas cando lle propuxo ao seu fillo as moitas cousas que se poden facer sen cartos.
Unha aperta e que nos toque a lotería... da felicidade, máis a outra. ¿Incongruencias? Pois si.

A lareira de Santiso dixo...

Home! Cos cartos podes pagar uns viños e unha boa cea para botar unhas risas cos amigos... Algo sempre cómpre que choquelee no peto.
Como nos imos poñer coa lotería, compañeiro!

Chousa da Alcandra dixo...

PAQUITO DE PENAS:
Tomo nota da tarefa que lle puxeches ao teu fillo. De seguro que hai moitas cousas que apuntar nesa lista e moi seguramente, se houbese que pagalas, non abondarían os faixos que saen na foto.
E si, en Antas imos unha horiña por diante de Canarias!!
(Cando eu fixen a mili ---tranquiiiiilos, que non vou contar unha batalliña--- estiven en La Laguna –Tenerife- e tocoume pasar alí o fin de ano. Foi a única vez que comín as 12 uvas duas veces: unha cos da Península e outra por solidariedade, cos chicharreros!!!)

BUSTO AGOLADA:
Ese invento do “diñeiro de plástico” quitoulle moito sexapil ao tema da pasta. Teño un amigo tratante de becerros que saca do peto cada mollo de cartos que mete medo. E di, con cara de risa, que a sua tarxeta está emitida polo Banco de España (cando eran pesetas).
E súmome ao teu desexo, que ainda que semelle incongruente non o é.

A LAREIRA DE SANTISO:
Tes razón, Vanessa; que algo de ruido no peto compre que che fagan. Ainda que ás veces tampouco é cousa de cantidade, senón de sabelos mover. Nese senso decía un home de Antas que ten duas fillas, e unha casara “para casa rica de labranza” e a outra para casa con menos cabezas de gando: “Cajonatós, fai mais barullo o meu xenro pobre con duas pesetas, que o meu xenro rico con duascentas mil”.

A Conxurada dixo...

Certo que hai moitas cousas que os cartos non pagan, pero sen diñeiro tampouco se pode vivir.

Cuspedepita dixo...

Espero que certo comentario sobre as Bahamas non sexa a orixe deste post ;-) jajaja.
Agora xa non sei se me podo fiar de vostede neste tema dos cartos ;-)e quedo preocupada...

Agora en serio, con ter o imprescindible para sobrevivir xa me conformo. Non preciso moito, fun criada con austeridade e sei vivir así.
Nunca entenderei que se poida traicionar, venderse ou matar por cartos.

Estes días teño abandonada a blogosfera, pero xa volverei :-)

Millóns de chuchos :-))

mencía dixo...

Chousa xa che mandei varios correos, xa me din conta que non os recibiches, debo ter mal a dirección, a ver se damos contactado con xeito.
Bicos.

so dixo...

É ben certo o que dis, mais afortunadamente, aínda quedan cousas que non poden ser mercadas con cartos.
Podes mercar un libro pero non o saber.
Podes mercar luxo pero non clase...
Un saúdo!

Chousa da Alcandra dixo...

CONXURADA:
A tua capacidade de síntese esnaquizou o meu post en cincoenta millóns de pedaciños. Certo, certo, certo. Así estamos nesa canga vital que nos ten prendidos mentras...nos muxen ou nos engordan para a ceba ou ...vai ti saber!.

CUSPEDEPITA:
Fíese, Cuspe, fíese vostede que eu xamais iría ás Bahamas (xa lle dixen que me tira máis o Caribe!!!). E si, cecais a nosa xeneración (permítame que ainda sendo tan noviño me inclua...) fomos criados nunha austeridade que nos permitiría voltar a ela, non sen dolor, pero na que de seguro sobreviviríamos. Pregúntome: Transmitimos eso aos nosos cachorros?

MENCÍA:
Finalmente recibín a tua conexión. Agardo que ti recibises tamén a miña resposta. Ufff, costou eh?

SO:
Afortunadamete!. Que sería de nos se todo fose transaccionado mediante a contrapartida dos cartos. En todo caso estámosche con unha dose de dependencia deles que, se fose adicción, habíamos ser considerados unhs drojadictos de moito carallo!

LM dixo...

hoje em dia transmitir que os recursos som limitados e que a terra suporta até um ponto é dificil porque os "cachorros" vivem num mundo no que todo se merca mas isso nom quer dizer que nom seja possível. em todo caso é a nossa responsabilidade e depende de nós, só de nós.
e ainda que som practicamente uma adolescente também me incluo na gerazom da austeridade (se me deixam).
beijos enormes

Chousa da Alcandra dixo...

LM:
Estas últimas reflexións fixéronme elevar o comment a rango de post. E que unha adolescente (!) se inclua na xeneración pureta, aínda me incitou máis!!!