sábado, 6 de decembro de 2008

Lapso

Con canta sabiduría e aparente sinxela arquitectura acomete a natureza as solucións para as inclemencias da intemperie. Cal galiña de alas protectoras que acobilla á sua niñada, as follas da camelia fan de teito dos xoromeliños que un día han ser flor.
Todo está previsto e non hai lapso cando das plantas se trata.
Do outro lado estamos os humanos que imos brincando dende o lapsus calami ata o lapsus memoriae pasando polo lapsus linguae cometendo tropelías na fala (olliño, e non malinterpretar aquí).

E non vou citar o lapsus carnis; posto que nese caso poda que haxa máis intención premeditadamente alevosa...(olliño, e malinterpretar -para atinar- aquí).

Foto: Os capullos seguen intactos despois da nevada en Antas

25 comentarios:

carapuchiña vermella dixo...

Se fosemos tan sabios como a natureza...que ben lle iría á humanidade.

HADEX dixo...

Mira ti eses capuliños que ben resisten. E os carballos e resto de árbores adultas que tiñamos nós forontodas para o carallo coa nevada. Oque son as cousas, as terras e os capullos!!

CRIS dixo...

Wow... qué impresión de ha dado la foto, qué buena!
Pero es que claro, has ido a dar con la antigua Rosa del Japón con las hojas tan fuertes que tiene y lo bien que resiste el hielo...
Si es que parece que se está bebiendo ese agua y creciéndose. Mírala qué orgullosa está y qué brillo tiene... Una envidia que me da... ja ja

(Y no voy a hacer ningún juego de palabras por ejemplo con: humanos, capullos, hielo y sus consecuencias, aunque me lo has dejado preparadito, preparadito y me está tentando ;)

Cálidos y Brillantes Bicofletiños!

Artabria dixo...

Algúns capullos sempre parecen fermosos, por qué será??

Non estou para mimos, pero bueno, agardarei a que estea mellor para pedir os atrasados :P

Antón de Muros dixo...

Detrás dunha boa foto atopamos unha boa reflexión.

Así es ti ;-)

Unha aperta.

Antón.

Cuspedepita dixo...

Por desgracia os humanos carecemos desa sabiduría innata, a maioría facemos o que podemos para protexer aos nosos xoromeliños, outros... nin eso.

Biquiños

Pitima dixo...

Todo sucede por algunha causa. O mundo natural (o mundo sen máis)está ordeado ata a última molécula, ata o derradeiro átomo. O desorden do manto otoñaltamén está estipulado e así debe ser.. O agua no xeo, a flor no capullo, a semente, o ciclo... Todo. Por iso eu, tan desordeada, atópome tan pouco natural. Seguro que é una percepción humana e errónea, porque non o entedemos todo, e porque así son as cousas. Ley de vida... ¿non é?
Bicos sen orden.. ó tuntún.

irene dixo...

La naturaleza es sabia, cada vez estoy más convencida.
Y sí, nosotros cometemos muchos errores, somos humanos, y caben toda clase de interpretaciones, jajaja.
Siempre con tus ironías..., me encanta.
Sobre todo, Chousa, que no se me olvide dejarte moitos biquiños.

¡Ay!, me sale GALYZ en la verificación de la palabra, casi, casi...

CRIS dixo...

Por cierto, que llevo por decirte ni se sabe de tiempo, que los números de la Lotería de Nadal no son feos... feos serán si no tocan, pero E se toca nun destes? En ese caso serán preciosisísímos, no?
Depende de la perspectiva como casi todo, esa que tanto te gusta a ti.

Bicofletiños festivos

Barreira dixo...

A natureza sabe o que ten que facer e faino. Nos nin sabemos o que temos que facer nin facemos cousa con cousa.

Saudos Chousa

Zeltia dixo...

ay se freud levantara a cabeza, cantas cousas che diría con tanto lapsus!

é unha lástima que os capullos sigan enteiriños en Antas despois da nevada... sobran capullos no mundo, mesmo en Antas haberá algún,(con todo ser antas o qué é antas)

;-)

vakastolas dixo...

A nosa vida é moito máis complicada, non abonda con salvar os xoromeliños.

LM dixo...

sem mal interpretar...
beijos

Carlos Sousa dixo...

Terriblemente ben explicado. Cada un que interprete ou mal interprete como queira.

Un saúdo dende Areas

busto.agolada dixo...

Eu creo á especie humana capaz do mellor e do peor. A natureza sempre dicta os seus principios con regularidade e con contadas excepcións. Está aí para guiar aos humanos polos carreiros da exemplaridade.
Dos lapsus e dos capullos, deses case que só quedan entre nós, como di Zeltia, en calquera parte.
Moitos saúdos e saúde que son palabras da mesma familia.

Carlosm dixo...

Neve tam lixeirinha bem a pica a minha galinha.

Saùde

Carlosm

paideleo dixo...

Todo vai ben mentres os lapsus non sexan rotina.
O da lotería véxoo complicado porque estas dúas semanas traballo da mañá. A ver como safo.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: con respecto á lotería acabo de enviarche un correo que soluciona o asunto.
E neste senso pregúntome se todos e todas teríades pedido xa a lotería do folkAntas; que vai tocarrrrrrr!!!

Anónimo dixo...

Anda que non estás pesado ti coa lotería nin nada. Canto che pagan ho?

Vou ver de pedir eu tamen, non vaia ser que con tanta carallada vos vaiades face ricos todos...

Chousa da Alcandra dixo...

Danme 11 euros por cada 10 que lles vendo. Un choiazo! jajaja

LM dixo...

e nom precissas uma ajudanta? por esse prezo a mim nom me importa fazer-lhe publicidade...
beijos

O Raposo dixo...

Magister dixit e a eso eu non teño nada que engadir.

so dixo...

Encantoume o teu blogue. Pasareime por aquí máis veces.

Paquito de Penas dixo...

Ti se non falaras, estouparías por dentro...
Nótase que sabes latín, jeje

Zeltia dixo...

a ver se mañán nos toca a lotería!!!
(xa tedes mercados os billetes de avión para escapar cos cartos?)