martes 10 de febrero de 2009

Estalar

Estamos sometidos aos elementos e acotadiños na perimetral parede da exigua propiedade; polo que estarricándonos cara riba procuramos o gas osixenante que vitalice os pulmóns, realizando así a nosa particular fotosíntese alveolar.

E de xeito simultáneo, sen que na superficie se decaten -na intimidade subcutánea da terra- penetramos coas nosas raices nas súas entrañas , húmidas cálidas e receptivas, coa doble finalidade de acadar o sustento que nos alimenta e o apego que proporcione a verticalidade vital.

E cando o aire nordés zoa frenético nas nosas pólas núas; para salvar o toro, deixamos estalar un anaquiño de nós simulándonos vencidos, e así mañán volver agromar folliñas novas e acios de landras verdes; non consentindo que o sempre atento vendaval de machetas troque un maxestuoso carballo nunha simple morica de leña.

Foto: Carballo estalado no Campo das Antas (Antas de Ulla)

24 Comentan:

Antón de Muros dijo...

Tes razón, Chousa: estar ferido non é estar morto ;-)

Unha aperta.

Antón.

Doutora Seymour dijo...

Teño visto seres que foron estalando tantos anaquiños de si mesmos, que case doía miralos do fermosos e sabios que eran.
Que chegue pronto a primavera.

vermella dijo...

Poder renacer é sabiduría pura,os xermoliños que saen son a nova vida....
bico.

Lúa dijo...

ai! que morriña entroume de repente...!!!!bicos...

Markesa Merteuil dijo...

Hoxe estiven no litoral e aínda había restos preto da estrada.

Suso Lista dijo...

Todos estalamos algo de vez en cando.Apertas

HADEX dijo...

Non está de máis....é unha maneira de renovarse....Se ves as nosas árbores alá na finca....buf!!! Co inverno que lles caeu...


Biquiños!!!

Carlosm dijo...

Camdo volte a primavera xa nos amosarás o ben que se recuperou ese carvalho do Campo das Antas.Seguro que nom se lhe notará nadinha a cicatriz que lhe deixou o Klaus.

Carlosm

Carlosm dijo...

E cuan serio te puxeches caralho. Despois das moscas fodendo en Arcos e a Rubia que malfode o vitirinario, tremendo cambio de rumbo

Eu outra ves

LM dijo...

ás vezes há que deixar cair os anacos mais velhos para deixar sitio a novas pólas. já falta menos para o sol!
beijos

Barreira dijo...

Hai veces en que os estalos son forzados en contínuos ata que os mais grandes carballos son derrubados. Afortunadamente esto pasa poucas veces, pero pasar pasa.
Saudos

paideleo dijo...

É ben sabio ese carballo.

antontorreiro dijo...

Certo. Ás veces, coma o carballo, temos que ceder un pouquiño de nós para manternos en pé e non perder todo; así, espidos e acochadiños, podemos agardar pola xa próxima primavera para volver agromar e pular unha vez máis cara ao ceo.

Un saúdo a quen é capaz de dicir algo interesante cunha visión diferente.

SoO* dijo...

Oh!
Que fermoso o texto... Gustoume moito.
Saúdos!

Cris dijo...

"Renovarse o morir", sea lo que sea qué usemos para ello, de donde saquemos las fuerzas o de qué nos alimentemos para no troncharnos con los vendavales y de ello salir victoriosos. Ojalá yo pudiera hacer lo mismo, abrir mis carnes en invierno, dejar que el viento y el agua limpiaran mis heridas y volver en primavera con las heridas cerradas y echar flores... Sin duda los árboles son grandes sabios y maestros.

Bicofletes camino de la primavera.

Cuspedepita dijo...

Astucia vexetal que os humanos copian para non se deixar vencer polas súas tempestades.

Gustoume moito esta entrada, xa o sabes ¿A que si? ;-)
É moi optimista.
O segundo parágrafo é xenial. A idea da terra nutricia e sustentadora da vida...

Unha aperta

jajaja, sáeme UN DE CÚ (undecu) para verificar ;-)

Cuspedepita dijo...

Por suposto cando interpreto "a terra nutricia e..." non penso nas árbores, senón nas persoas.

Zeltia dijo...

cando zoa o nordés pode que estale un anaco de nós, non sei se simulando ou non, pero o certo e que sí, que volven agromar folliñas, de novo.
moi sensible este texto, que traspasa á intimidade subcutánea, xa o creo.

Ad astra per aspera dijo...

e algúns estamos sometidos ao noso desastre existencial! ay chousa, que non che mandei a pasta da lotería, meu deus, lembreime agora, de retorno á miña vida blogueira! envíame por correo de novo os datos jajajajjaa e non me odies, son desastriña pero boa rapaza!

elvira carvalho dijo...

Até parece que esse carvalho, é humano...
Um abraço

Avelainha dijo...

Ai que recoñecer, Chousa, que cando queres poñerte poeticotrascendente, o fas moi ben.
Non quero menosprezar os teus escritos "cachondos", que tamen me gustan. Pero estoutro estilo teu tamen me vai.

A.

busto.agolada dijo...

Vexo toda unha metáfora da vida humana no carballo que describes e identifico o vendaval coas adversidades que se nos van presentando no decorrer dos anos. Estalamos de dor, non nos damos por vencidos e agarrándonos con forzas ocultas e renovadas seguimos prendidos nesta loita inacabable.
Gústame a acotación perimetral por máis que manque a estética da árbora. Vale ben para tomar un bo descanso na sombra do verán.
Apertas moitas.

vintxuca dijo...

Pois se atopas un bo reconstituinte pasa polo meu blogue e deixame a min tamén a receita.
Unha aperta!!!!

Pitima dijo...

O teu texto recordoume que as árbores teñen un parecido curioso coas neuronas, unindo mundos , coas polas ó aire e as raíces na terra nai. Realmente é a unión entre terra e aire, unha perfecta, como poucas, comunión entre medios vitais. Unha puntada divina entre gas e materia.
Buf.

Bico nos ventos levadeiros.

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet