domingo 1 de febrero de 2009

Pecado

Axeonllado diante do confesonario, o feligrés tiña a cabeza baixa e xogaba coas mans diante da sua cintura con nervioso movemento despois de confesarlle ó cura que tivera que ver con Luciana de Xan pola noite da festa de San Ataúlfo.
- Pero onde te viches con ela? -preguntou inquisitivo o Páter-
- Sabe vostede xusto detrás do adral, onde as silvas cubren a arquivolta do presbiterio da Igrexa?
- Sei, dixo don Servando con rapidez e abrindo moito os ollos.
- Pois alí, apostillou o semiarrepentido Eusebio
O cura elevou os ollos cara o Altísimo e logo duns segundos de silencio, que a Eusebio lle pareceron horas, sentenciou:
- Fillo: o pecado é grande; pero o sitio hai que reconocer que é caralludo!

Foto: Magnífica fiestra absidal da Igrexa románica de Santa María de Arcos (Antas de Ulla). É unha mágoa que non se poida ampliar o suficiente a foto; pero debedes ter fe, e creerme que na elegantísima arquivolta de medio punto había duas moscas fodendo.

40 Comentan:

Moraima dijo...

Simpática historia e fermosa foto. Bicos

Artabria dijo...

Por que sabe que é un sitio caralludo??? Por experiencia??

Barreira dijo...

Bueno, o pecado é grande pero o sitio debe ser caralludo (para as moscas,digo)
UUUUhhhhhhh, Artabria, experiencia tenche un rato largo, e de arquivoltas e presbiterios ainda mais.
Que Deus nos colla confesados porque si hai que ir a confesarse estamos apañados, ja.

Chousa da Alcandra dijo...

Artabria: o cura sabíao por mor da completísima formación -filosófica, teolóxica, humanística e incluso topográfica- que reciben os candidatos a presbíteros nos seminarios...

Markesa Merteuil dijo...

Gustoume a resposta a Artabria. E... gustoume o de fodendo. Mira que non me gustaba, que prefería outros para describir ese exercicio "espiritual", pero... ai... :-)

irene dijo...

¿Qué pasa?, parece ser que don Servando conocía muy bien el sitio, jajaja.
Yo, como soy buena y no tengo pecados, no tengo que confesarme con ningún don Servando, además, qué le importará a él lo que hago y dónde.
Muy bueno, Chousa, y preciosa foto.
Biquiños.

Raíz Verde dijo...

Saberia-o porque o home tería que velar muitas vezes a criada e á "sobrinha"

LM dijo...

e o nome do pater? por que o agochas?
beijos desconfiados ( e nom me toca a palavra de verificazom matoco)

Zeltia dijo...

avaliaba o cura con admiración tomando nota. pareceme que xa me contaran ese chiste, pero como se me olvidan todos, volvínme a rir outra vez (ista vez cara adentro, que che é unha maneira moi boa de rir)
observo nos comentaristas que me precederon unha certa socarronería, non sei a que será debida...

Chousa da Alcandra dijo...

Son todos un fato de irreverentes, Zeltia; pero...son amigos e hai que aturalos.
(Un día xa me contarás que sonidos emites cando ris para dentro).

Bicos (cara fora)

Antón de Muros dijo...

Quén puidera ter semellante formación para coñecer os mellores lugares! ;-)

Mira: creo que as moscas voaron...

Unha aperta.

Antón.

Doutora Seymour dijo...

Se os muros das igrexas falasen...
moitos curas calarían.
Por outra banda, o tema dos confesionarios, un non pode ir a confesar parvadas, se non hai que confesar, pois invéntase; sempre me preguntei cantas vocacións literarias comezaron alí.

Galeguiña dijo...

O erotismo da profanación e do prohibido non se lles escapa nin aos bechos...

Carlosm dijo...

Mira que jeito tan didactico de amosarnos o arte romanico de Antas. Seguro que se vas ao Colexio dar a clase aos raparigos e lles falas nestes termos, xamais esquecerian o do arco de medio punto, o das arquivoltas e mais de que a igrexa de Arcos e do románico.

vintxuca dijo...

Está ben descubrir sitios novos..incluso o entorno rural e o aire libre paréceme do máis encantador ...perooooooooo....
o das silvas non me acaba de convencer!!!!!!

Pitima dijo...

Se os muros das sacristías falasen... ai mi madriña..

Bicos sen pecado concebidos.

Cris dijo...

Ja ja ja iba a decir lo mismo que Artabria pero como además he leido tu respuesta pues me sigo riendo y me lo ahorro. Ay que ricos saben ciertos pecados, el lugar a veces amplía el sabor, pero otras es que ni cuenta que se da uno si fue aquí o en la luna...

Bicofletes sin perdón!

(verificacion de palabra: muller, ja ja)

paideleo dijo...

Mui bo o conto !.

Cuspedepita dijo...

¡Canto saben estes curas!
¡Moito vos aprenden no Seminario! jajajaja
Moito me rin co conto (e cos comentarios)

Chuchos "pecadosos"

~pi dijo...

ahhhhhhhhhhh!!

mas não será mesmo imaginação tua!!!? :)

Carlos Sousa dijo...

Se o cura sabía que era caralludo (o sitio), sería polas confesións que lle farían moitos "pecadores", non creo que fose por outra cousa, que va!, como ía saber el algo así.

Lúa dijo...

hahahahahhahahahahahahha!!!!!!

HADEX dijo...

Claro....a razón lévaa Sousa....incentes eles!!!

Moi boa, Chousiña.


Bicos puritanos.

Veloso dijo...

Pois a min o pecado paréceme fabuloso, pero o sitio talvez algo incómodo. Un saúdo.

SoO* dijo...

jj historieta divertida.
Saúdos!

Suso Lista dijo...

Os curas foron Frailes antes...Apertas,e millor non te centres.

Kim Basinguer dijo...

jajaja moi divertido o conto.

vakastolas dijo...

Case todo o mundo pensou o mesmo... este Páter sabe de máis.

Como me toque o libro...

Mar e Lúa dijo...

Moi bo o post! Jajajaj. Eu polo que pagaría sería por saber que pensaba (ou rememoraba) o cura no momento da confesión. Como lle gusta pecar á xente!

Un bicoooo!


PD --> Eu toleo para borrar os comentarios de spam, a ti pásache igual? Non coñezo solución ningunha, en canto teña un pouco de tempo investigarei a ver que se pode facer

Mar e Lúa dijo...

probaremos logo esta nova solución, moitas gracias!!
Creo que non dá problemas :)

Raposo dijo...

Si o cura sabía que o sitio era caralludo, sería porque xa o tiña probado. Carallo, con estes curas!!!
Si se entera o Rouco Varela excomulgao; bo, o mellor tamén ven el a catar o sitio!!!
Vaiche boa!!!

vermella dijo...

menos mal que os curas levan sotana!!estar oindo os pecados alleos ten que ser unha penitecia pouco levadeira.
bicos que xa estou de volta.
qué número teño para o pan con queixo?

busto.agolada dijo...

Á vista da foto e despois da simpática confesión voume permitir a licenza de lle chamar un pecado románico. O das moscas ímolo crer porque ver non se ve nada.
Apertas.

noa dijo...

xa hai que ter vista!

A Conxurada dijo...

jajaja...e que unha cousa non quita a outra.

Paquito de Penas dijo...

Poucos sitios atopei coma no cabo da horta.
Meu, estou impaciente por saber das túas condicións para sair conmigo :-)
Unha aperta.

Chousa da Alcandra dijo...

Alédame moito que tod@s disfrutásedes co arte románico de Antas. O que non pretendo é que fixedes tanto a vista que vaiades a ter un problema oftalmolóxico.
Continuarei co percorrido por este e outros artes. Que en Antas temos moitos!.

Paco de Penas: Saimos -ou entramos- cando queiras (na taberna) :-). Ambos somos da Orde da Rosa

susana erotomana dijo...

Hoxe ainda rio contigo!!

Podo enlazarte? Quixera preguntarcho or mail pero non o atopo...

A Ulloa en fotos dijo...

Maravilla á de Arcos, Se a túa foto foto é recente quere dicir que limparon, polo menos, a fachada da igrexa dende a última vez que pasei por alí. Os capiteis da porta oeste son unha xoia, e como curiosidade: unha pedra do lateral ten restos dun petroglifo (baixado do Farelo, claro).

Arcos é un recunchiño para gardar en segredo e non contarllo a ninguén.

Couxil dijo...

A ver se o entendín ben e se estou a facer as cousas como é debido.
Xa teño colgado o producto no blog de "semprengalicia". Agora terei que dar os númaros aos que desexen participar, pero tamén terei un número nalgún dos sorteos que se realicen ¿Non si?
Bueno, aínda temos tempo para "mellorar" se me engano en algo ata o día 28.
Saudiños cordiais.

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet