O meu sempre lembrado mestre Don Benedicto García, nunca deixou de insistir na importancia que a axeitada utilización dos signos de puntuación teñen na comunicación escrita. E logrou convencerme daquela ensinanza; o que non puido foi darme o quid para entender todas as perspectivas e tampouco todas as imaxes coas que a miña cámara se atopa. Velaquí un exemplo de ambas:"Se o home soupese realmente o valor que ten a muller andaría a catro patas na súa busca".
As mulleres que lean esta frase, moi probablemente situarán a coma xusto despois da palabra muller.
Pero tamén pode que os homes a coloquen despois do verbo ten...
Foto: Casualidades artísticas























