luns, 12 de abril de 2010

Efémera

En ocasións as palabras non flúen coa necesaria dicción que a mente desexaría.
Por momentos, canta máis precisión é requerida, menos aflora o verbo fluido e ben conxugado.
E acontece diante das situacións menos complexas que podemos manexar ou de simples intres cargados de lapsus imaxinativos, que impiden reaccionar como desexaríamos.
Pasa diante da beleza que nos cautiva ou perante a sorpresa que algunhas situacións nos deparan.
Cando camiñaba por diante daquela ponte, vina alí. Altiva e fráxil. Impetuosa e tímida. Mimetizadamente visible. Esporadicamente reiterativa. Vigorosa e lene. Nada puiden decirlle. So fun quén de captala coa cámara para que nunca máis fose efémera. Sen mediar palabra, intermediando miles de miradas a través do obxectivo. Agora penso; que pensaría de min?

Foto: Esporas perante a ponte. Sin palabras

37 comentarios:

HADEX dixo...

Ai....eu de pequena, era moi cafre, teño soprado tantas desas.....bufffff....Efímera será na forma, pero os seus átomos perduran no tempo e no espazo.....senón pregúntalle aos alérxicos!!!

(permíteme un pouco de humor irreverente nese post tan poético, para poder levar mellor un luns pola mañá)

BICOSSSS

Dilaida dixo...

Mire que hai moitas veces que non é o que parece.
Antes de chegar aí, foi unha flor amarela, moi fermosa, que floreceu dunha planta con moitos poderes curativos,e cun nome moi orixinal en galego "mexacán" ou "leituga".
Eu lembro que cando era nena, a miña avoa ía aos lameiros a "capar as leitugas" para darllas aos porcos. Eu, agora, tómoa en infusións para eliminar líquidos, din que é moi boa para os riles.
Aínda que parece "efémera" simplemente ten esa constitución para poder voar mellor e chegar a máis lugares, por iso, eu lle dicía antes, que non é o que parece.
Bicos

fonsilleda dixo...

Admíroche pola sinxeleza coa que es capaz de pasar dunha imaxe que parece tomada ao azar para transmitir calquera tema de actualidade ou que che preocupe e non podo por menos de aplaudirche por iso.
Que vai pensar? pois que es grande e bo.
Bicos

Paz Zeltia dixo...

E ainda que as palabras fluisen, que fosen ben conxugadas, poden non ser ben interpretadas; enton son mellor os silencios?. Os silencios tamén se interpretan. A comunicación exacta e algo imposible. E ogallá ocorrise só diante das sorpresas, ou nos momentos en que a beleza nos cautiva.
Gústame como falas do dente de león as cousas que tí fuches quén de ver nesa flor que, perdida xa a cor, acabado o seu ciclo quédalle o máis importante: expandir polo ar a súa semente, que viaxará ata km. levada polo ar.
Máis víchela altiva na súa fraxilidade, vigorosa na sua levedade; pero creo que o que te cautivou dela foi sentila tan... efémera.
E con esa pregunta coa que rematas a reflexión deste post... quén sabe que podería pensar! supoñendo que as floriñas pensen, igual non sabería valorar a túa capacidade para sentir as emocións que ela che provocou...

floriñas e persoas, pedras ou formigas, sempre estamos illados dentro de nós.

Anna Mora dixo...

Hola "Chousa da Alcandra" !
No se si lo he entendido bien , pero no veo ninguna imagen !!
Saludos des de Catalunya .
Anna

Marisa dixo...

So un pequeno sopro
e todo desaparece.

Ela pensaría,a túa
ollada sobre mín,
fascíname,aínda
que sexa efémera,
quedarei contigo.

Unha aperta por sempre.

mariajesusparadela dixo...

Que tamén nós somos coma ela e acabaremos quedando só nas fotos.

Anna Mora dixo...

Hola "Chousa"!
Ya veo la imagen! Y es preciosa , ademas ahora ya entiendo tus palabras ,también preciosas !--------
Ahora ya se porque no la podía ver , te cuento por si me puedes ayudar ,tenia el bloc abierto con "mozilla firefox" y no la podía ver, y ahora la he abierto con "google chrome", y con este si que lo veo . Hoy el la primera vez que no veo la imagen de un bloc que no sea mio , pero des hace tiempo , cuando hice mi bloc , sin saber que hacia , me puse a mi misma como seguidora de mi bloc ,y como aun no sabia como borrarme , con el botón de la derecha del ratón encima de mi foto , la de seguidores , cliqué y me apareció , entre otras , bloquear imagen etc... , y cliqué , y a partir de este momento me desaparecieron fotos , y ademas ahora esto de hoy , y no se como se arregla .En fin , que si tu o alguna otra persona sabe que tengo que hacer para arreglarlo , "porfa" , ya me lo contareis .
Un abrazo .
Anna
(No se si me he explicado bien !!)

xenevra dixo...

E sabe que ao mimetizarse coa paisaxe só vai ser invisíbel para algúns, para aqueles que ela non desexa que a descubran. Sabe que non é efémera, sabe que permanecerá no teu recordo, no recordo de todos os que souberon ver máis acó. "Só fun quen de captala coa cámara"; só?? Marabillosamente magnificada diante da ponte que os humanos nos empeñamos en engrandecer, só por unha cuestión de utilidade. Maldita utilidade!!! Cando aprenderemos ver que a beleza non ten que ver coa utilidade senón cos sentimentos máis fondos?
Se queres saber o que pensou, búscaa e pregúntallo. Xa aprendemos co Principiño que as flores tamén precisan de parolar.

Proida dixo...

Coma tantas cousas, o concepto de efémero é en si mesmo efémero, pola pouca obxectividade que encerra, xa que o que para ti se despregaba ante os ollos como efémero, ten a súa xusta duración no seu contexto propio. Fixáchete só nun momento dun proceso moito maior, que continúa aínda cando as sementes marchan levadas polo ar á procura de novos e fértis solos que colonizar. Capturaches un momento puntual, coma un único punto nunha liña, que se volve infinita para o outro lado. Pero que beleza! Que ben fixeches en sacar a cámara para inmortalizar á fráxil flor. E que exercicios lingüísticos co gallo da súa contemplación non dá para facer a túa foto!

MartinAngelair dixo...

Bos días Chousa.




B.N.C.Ch.
Bico.

susana moo dixo...

Qué vai pensar, home de deus, que te deixases de tanta leria co obxectivo e soprases para facer as veces de fío conductor para poder se reproducir, que a coitada está que estoupa coas ganas.

pitima dixo...

Entón qué... ¿sopraches ou non? jajaja. A min todas me din o mesmo, xa o sabes... jajaja Levántanse altivas para tentar, provocar... porque o seu desexo é aquel, por riba de todo... queren... voar!!

Quedouche ben contra esa ponte difuminada no fondo... Bonita foto. Vaste perfeccinando, se cabe! jaja

Se o verbo non flúe deixao estar, que nas augas estancadas nace a vida, e o tempo xa desvelará, coa precisión requerida, todo aquelo que tiña que ser dito, que tiña que saberse, que tiña que ser.

Be water, my friend.. jajaja

Bico esporádico.

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dixo...

¡Fuuuuu!

A do outro lado da xanela dixo...

Disque chegou a primavera...

Sopra... ¡e pide un desexo!

(Precisamente ando eu cunha foto parecida a esa a voltas estes días)

Bico!

Harmonía dixo...

Captaches a beleza na sinxeleza. A fráxil flor quedaría abraiada!!
Esa ponte, a pesar de estar difuminada, sóame tanto...

matrioska_verde dixo...

¿qué pensaría de ti?
agradeceríache, sen ningunha dúbida, o xesto de que a volveses inmortal.

¡vaia pedazo de foto, chousa!

noraboa.

e dunha beleza que fala por si sola.

biquiños.

Chousa da Alcandra dixo...

É certo que, cando as palabras non saen, o mellor é ficar caladiños; pero os que somos baduadores non temos xeito de acadar ese estadío de repouso da lingua. Por iso vos digo o que vos digo. E aínda digo máis: que efectivamente daban ganas de soplarlle para colaborar na polinización; pero o único que fixen foron dúas cousas:
1. Rabuñarme nas silvas buscando o ángulo axeitado (esto de andar de cu é o que ten...)
2. Deixar moi en segundo plano unha ponte moi fermosa tamén (que hai a quen lle soa incluso difuminada).

Conclusión: que teñades tino cando facedes fotos e non deixarvos levar unicamente polo que hai diante; que se andades para atrás pasa o que pasa, carallo!.
Non digades que non vos advertín.

Anna Mora dixo...

Eooo !
Hola Chousa da Alcandra !!
Ya he hecho lo que me has explicado y me ha ido bieeeeeen !!!!muchísimas gracias , te lo agradezco un montón !!! muaaa

Carmen Graña Barreiro dixo...

Pensaría que tés a sensibilidade suficiente como para reparar nela e inmortalizala nesta fermosa foto.
Bicos

Anna Mora dixo...

Hola "Chousa" !!
Muchas gracias por explicarme como solucionar el problema , ya lo he hecho , y me ha ido muy bien , ahora ya veo todas las imágenes , muchas gracias , no sabes como te lo agradezco !!
Un abrazo .
Anna

A nena do paraugas dixo...

As máis das veces, sobre todo cando é improcedente, as palabras flúen de máis. Pero este non é o caso. E para non che fluíren, aínda se che ocorreron ben adxectivos para cualificar esta efémera nube de algodón. Ou así lle chamaba eu de pequena.
E, para que lle ías falar? Ante certas cousas, as palabras sobran.

Proida dixo...

JAJAJAJAJA! Coma o burro coa cenoira!!! Moito enxeño, si señor!
Mirarei sempre ao segundo plano... por se acaso.

Carlosm dixo...

Sera efímero esa flor do primeiro plano, já que a ponte durara algo mais.
Boa image.Apertas
Carlosm

Ginebra dixo...

No fijarse sólo en lo que hay delante de uno es válido para fotos y para cualquier aspecto de la vida. Muchas veces lo interesante es, precisamente, lo que no se tiene delante...
La flor esperaba a quien sabía verla o notó su presencia... Bicos

Anónimo dixo...

O efémero tamén por selo pode resultar máxico, non si?
Que fermoso o texto... Encantoume.
Saúdos multiplicados por espellos, seguindo co xogo de miradas.

Anónimo dixo...

Boas... de novo!

Penso que nada é efímero mentres permaneza na nosa retina e co paso do tempo na nosa memoria. Douche as grazas nesta ocasión por plasmar tal beleza ca túa cámara e compartila con nós aliñándoa por riba con tan belas verbas.

Un saudo Chousa,

la cocina de frabisa dixo...

Has conseguido inmortalizarla tal cual es, o era....

No sé qué más decir, creo que tengo uno de esos lapsus de los que hablas, me estoy quedando corta de vocabulario.

un biquiño, Chousa

La sonrisa de Hiperion dixo...

Belleza en tus palabras y tu imagen... Un placer haberme pasado por tu espacio.

Saludos y un abrazo enorme.

paideleo dixo...

E eu que non sei se te refires ao mexacán coa ponte detrás ( fermosa foto ) ou a unha muller que non osas mostrar aquí.

Anónimo dixo...

Todo é, efectivamente, efémero. Mesmo os nosos blogues, hoxe vivos e dinámicos (máis ou menos, é verdade), pero algún día cadáveres no ciberespazo. Que será deles? Pensouno algunha vez?

seymour dixo...

Sopra, espállame, pensaría?

~pi dixo...

nada pensaria )

( sen ti ria - sen t ir,






~

Merce dixo...

mmmm esto pasame por tardar en cumprir os encargos e nestas duas ultimas entradas esvaeceronseme duas ideas feitas ficheiro .jpg ...

nada... terei que por a traballar de novo a miña neurona :) ou... ainda se me ocorre que...
e
non lle sopraches?
a semente esparcirase suavemente
levada polo ar
ate chegar a un novo rincon
onde florecerá de novo
amosandose en todo o seu
maximo esplendor...

ufff e como se me vai a min hoxe a cabeciña....

Biquiños a moreas :)

A nena do paraugas dixo...

Chousa, es único! O que veño de rir co teu comentario ao meu prato roto!

Chousa da Alcandra dixo...

Decidín non soplarlle. Pensei que esa era tarefa do vento e, cando marchei, alí quedaba; comandando no comarón á beiriña do regato.

vermella dixo...

miráchela tanto a través do obxetivo que quedou prendida de tanta atención,a túa delicadeza silenciosa deixouna cun "sopro" de tranquilidade...
bico.