domingo, 4 de abril de 2010

Retrovisor

Lembro, sen poder evitar o esbozo dun sorriso, os reiterados consellos da miña monitora de autoescola para que mirase con máis insistencia ó retrovisor durante as prácticas.
"O que acontece diante é tremendamente determinante, pero nunca debes esquecer que, en máis dunha ocasión, o que ocurre detrás tamén pode resultar moi importante", decíame sempre con esmerada paciencia e reiterada enerxía. Incluso penso que me chegou a facer unha proporción de miradas: tres longas cara diante, unha breve cara atrás.
Obcecarse no que temos diante, sen saber como van as cousas na retagarda fainos perder perspectiva da estrada en xeneral e do tráfico que nos rodea en particular.
Que saiba a miña profe da autoescola que [moitos] anos despois daquel consello fágolle caso. (Incluso hai veces nas que varío parcialmente o siloxismo de proporcionalidade que ela me fixera). Que sería do conductor sen a concurrencia do amigo retrovisor!

Foto: Imaxe retrovisionada. Para enmarcar.

35 comentarios:

Antón de Muros dixo...

Tes razón, Chousa, non hai que esquecer a retagarda...

Unha aperta.

Antón.

Carmen dixo...

Preciosa foto Chousa.
En canto ao espello retrovisor, é necesario dárlle unha ollada de cando en cando, pero non hai que deterse dabondo mirando para atrás porque senón perdemos o que temos diante dos ollos. (Eu son unha das que non utilizan moito o retrovisor, nin o do coche nin o da vida. É o que hai...).
Bicos

Marisa dixo...

Mira que bos consellos
che dou, fás ben en
facerlle caso, veume o maxín
o toureiro, sempre mira
para trás de esguello,
non vaia a ser...

Bicos e apertas.

susana moo dixo...

Inspírame a túa reflexión un conto, o conto dos ollos do home que mira polo espello retrovisor.
Os ollos húmidos dun home que mira, atento, polo espello retrovisor.

Chousa da Alcandra dixo...

Antón de Muros: Hai que ter o radar posto, compañeiro; non sexa o diaño... Ademáis, a retagarda tamén forma parte dun jajaja.

Carmen: Pero non te decatas que o reflectido no retrovisor tamén o temos diante dos ollos, Carmiña?. Levas razón; non é aconsellabel mirar moito cara atrás.

Marisa: Sempre fago caso dos consellos das profesoras. Boeno...sempre que me lembre deles, claro ;-). O toureiro eu penso que "remela" os ollos co medo!!!

Susana Moo: Ui, que perigo. Cando ti falas de humidades...non sei se estarás a pensar nos ollos precisamente. Pero todo sexa pola inspiración!

Dilaida dixo...

Un sabio consello o da "profe", a retagarda é moi importante non perdela nunca de vista, aínda que a proporción sexa tres longas, unha curta; curta pero intensa para saber o que hai detrás.
Bicos

fonsilleda dixo...

É certo, si, porque case sempre as cousas máis interesantes suceden ás nosas costas, ás agachadas.
Eu, polos farois, árbores e semáforos, se non iría a miúda mirando cara atrás. Ou andando do mesmo xeito.
Tomaríanme por tola?
Biquiños.
Gustoume a túa árbore.

A nena do paraugas dixo...

E que pasaría se non mirasemos atrás de vez en cando? Claro que, a diario, non levamos o retrovisor colgado das orellas, pero ás veces ben cumpría.
Algo así dicía Unamuno, "Vivir el día de hoy bajo la enseña
del ayer deshaciéndose en mañana" nalquel poema "Morir soñando", que ven sendo coma conducir cun ollo no que vai por diante e outro no que queda atrás. Ou no que ven por detrás. Depende da lectura que se lle queira dar, pois ás veces o pasado perséguenos ata tal punto, que é tan perigoso perdelo de vista, coma pretender ignorar o perigo que pode quedar por diante.

GINEBRA dixo...

Bueno, esa profe de autoescuela tenía razón: es determinante mirar hacia delante, pero sin perder de vista lo que hay detrás. EN este caso viste algo hermoso que quedó reflejado no sólo en tu retrovisor, también en tu cámara de fotos, Chousa.
Parece que, en efecto, estamos ante el resurgir de las "follas novas". Besos matinales

Beluka dixo...

É que ás costas pasan moitas cousas e cómpre velas todas! E non só conducindo, claro queda :) Eu, por se acaso, miro polos 3 retrovisores. Apertas!

irene dixo...

Efectivamente, hay que procurar estar a todo, mirar hacia atrás de vez en cuando para no perderse cosas tan bellas como ese arbolito solitario, eso sí, con cuidadín, no vaya a ser que nos desñumbre tanta belleza y sea lo último que se vea.
¡Qué rollo de primavera, qué negativa me pongo!
Biquiños, Chousa, y apertas, como dice Beluka, hay que ir aumentando el vocabulario.

Lena dixo...

Sabia ella.

Sabia y memoriosa tú.

No podemos entender lo que sucede adelante sin conocer lo que hay detrás.

Eso es.

Un besito, Chousa.

Lena dixo...

(ya sabes...animus, anima...jaja...hace un par de años, cuando aún no firmaba con mi nombre, fui a Santiago de Compostela a un encuentro de blogueros enogastronómicos...hubo quien se sorprendió al conocer mi género, me pensaban chico...casualidades, simetrías..)

Abrazo!

Maribel-bel dixo...

O que pasa e que o tiñas mal enfocado(pasaría unha moza perto) e o encuadre non é axeitado. Con tal de non facer caso da profesora!!!. Biquiños de pascua

BRABIDO dixo...

Mais me fixo e cando meto a marcha atras.
Meu abo sem me decia que "ti sempre pa diante nunca mires pa tras"

Queiramos ou non sempre se nos vai a viata atras,a veces po outras non tan bo.

Zeltia dixo...

andiven mira e remira o que se reflexa no espello, as colinas onduladas, os verdes prados a árbore ésa [que a esta distancia non se sabe ciprés ou tulla]

e referíndome xa a chicha da túa entrada, me parece que eu non teño retagarda, así que non sei moi ben que dicir, [o cal non signifique que quede calada -se calaramos todos os que non temos nada interesante que dicir, ía enmudecer o mundo-]
eu coido que non teño nada que vixiar atrás de mín.
pero si tivera... pasaríame como cando conduzo, que ainda que miro e remiro o espello, non sei como fago, que sempre hai algún coche agazapado no "ángulo morto", e bótaseme enriba co conductor pitando desaforado cos ollos desorbitados.
non quero pensar que dín de miña nai, que era unha santa, en paz estea.

agora que o penso, co agudo que és tí, cómo puideches non falar do ángulo morto! [coido que sacarías para outro post]

:-)

paideleo dixo...

O que queda atrás existe anque o deforme o retrovisor ou anque lle dea un toque inesperado de beleza.

Seymour dixo...

A concurrencia do amigo retrovisor ten salvado a cabeza de moitos conductores. Moitas conductoras podemos dar fe diso.
:)

Chousa da Alcandra dixo...

Dilaida: Hai que seguir os consellos das "profes"; que, ademáis dos contidos curriculares, transmítennos tamén experiencias persoais.

Fonsilleda: Non fagas moito caso do que murmuren sobre para onde miras; que se miras para baixo preguntaranse pq non miras cara riba e...viceversa! jajaja.

A nena do paraugas: A cuestión radica, coma en case todo, en atopar a mesura axeitada. Pero hai días/momentos/ocasións nas que todo se desmesura. E incluso senta ben nas cervicais.

Ginebra: Cando unha profesora ten razón, mesmo semella que a palabra hai que escribila con maiúscula para darlle máis valor enfático. Un nunca agradecerá abondo os consellos de mestras e mestres que foron pasando polas miñas aulas...

Beluka: Polos tres!!!. Ándame con coidadiño, non te me vaias a poñer relojera da vista jajaja.
Fas ben empregar todos os recuros postos ó teu alcance. Todo sexa por unha "conducción" segura ;-)

Irene: Sempre con coidadiño cando se mira para atrás, si; que de diante pode vir outro usuario da vía centellado.
E non te me poñas negativa coa primavera, que xa verás como se pon todiño florido nun plis plas.

Lena: E sigo recibindo leccións que tentarei ir lembrando e aplicando.
Vaia ledicia deberon levar os blogueiros enogastronómicos de Compostela. Por certo, onde hai que apuntarse para esa "guerra"?

Maribel-bel: Jajaja, debo ser un libro aberto. Cachoume vostede co asunto do desencadre...
E que a moza non me deu permiso de publicación, así que...velaquí puxen o ciprés...jajaja

Brabido: E que cando -no coche, malpensad@s!!- se da marcha atrás, en realidade é coma se foras mirando para diante. Non si?. Saliume algo liada a reflexión, pero como sodes tan espelid@s, non fai falla que me aplique moito, ou?

Zeltia: E como non vas ter retagarda, muller!. Todos a temos, raio. Mira ben.
E ti tamén andiveches escudriñando na imaxe do espello eh?. A ver se, en realidade, o espello que captou a imaxe que buscaba se vía polo espello da dereita? jajaja

Paideleo: Efectivamente. Aínda que nos non as miremos, as cousas existen. Por iso non ven mal botar olladas cara os lados de cando en vez.

Seymour: A concurrencia de blogueiras intelixentes ten animado moito blogues coma este. Eu dou fe delo. :-)

HADEX dixo...

Eu que teño o carnet de conducir de adorno, son un desastre á hora de mirar polos espellos, jijijij, un perigo, vamos.....A verdade é que es foto quedouche de fábula tío, valeuche ben a pena mirar polo espello, ja ja ja....

abueloscrisytoño dixo...

Ten razon paideleo esa foto no retrovisor ten un toque inesperado de beleza.
A.Cris

Aldabra dixo...

esta foto e unha maravilla, non cabe dúbida.

e respecto do que dís, eu engadiría un pouco maís, diría que o mellor e a visión panorámica, aquela en donde se poder votar unha primeira ollada a todo o redor, e logo, xa despois con máis calma, acercarse a mirar aquelo que de verdade nos interesa.

biquiños,

p.d.: ¡que cousas tan sabias dís sempre!

Raposo dixo...

Non só hai que mirar polo espello retrovisor senon que as veces hai que meter a marcha atrás!!!

Markesa Merteuil dixo...

Ás veces esa ollada cara atrás entretennos en demasía. Está ben facela, pero... cando esixe tempo o mellor é parar na cuneta e deleitarse coas vistas para, a continuación, seguir camiño sen demasiada nostalxia.

Alís dixo...

Rin ao ler a túa entrada, porque máis de vinte anos despois de sacar o carnet manteño a manía de mirar ó retrovisor e tamén lembro cómo insistía o meu profesor de autoescola en que o fixera, sobre todo no exame.
Teño unha tía taxista que di que moitas veces, cando vai camiñando pola rúa, tamén fai o xesto de mirar polo retrovisor cando se cruza con alguén que lle chama a atención.
Supoño que hai xestos dos que non podemos despegarnos.
Bicos e unha aperta

A do outro lado da xanela dixo...

Meu monitor dicíame que se fora por min, arruinábanse os fabricantes de retrovisores... teño a mala manía de non mirar atrás...

Algo que teño que aprender.

Bico!

Carlosm dixo...

Sempre convem mirar para onde esta o que chama polo olho. E ti xa sabemos que o tes moi agudo.
Saudos.Carlosm

xenevra dixo...

Eissssssss, desapareciches o meu comentario?? (ou será que non o teclei e só o pensei, porque isto xa o lin hai uns días...)

Un consello útil que xa nos deixara Silvio nesta canción, engadindo unha terceira maneira de mirar. Quen sabe onde mirar, o que mirar, o que descartar da mirada!! Quen sabe se o retrovisor traerá a terra aos nosos ollos, ou simplemente a constatción dun home pulcro cun coche ben limpiño. O que si sei é que adoro o que vexo, que amo o que vexo e que nunca podería espertar con outra terra nos ollos arrodeándome por todas partes.
Saúdos á profe que te sufriu ;)

lagubia dixo...

Mirar siempre hacia el futuro, eso es algo que no debemos olvidar.Saludos

Kaplan dixo...

Chousa, celebro que fixese caso á monitora e non se lle ocorra pensar que o que resta atrás non ten importancia. A moderna historia de España é unha demostración implacable; o malo é que por mirar atrás un tamén pode ser procesado. Xa ve

Chousa da Alcandra dixo...

Hadex: Pois xa sabes, hai que mirar atrás un chisquiño. En ocasións pode servir como referencia; noutros casos...so para saber quen ven detrás jajaja.

abueloscrisytoño: E que os encadres atópanse nos sitios máis insospeitados. So hai que estar un chisco atentos e...capturalos. Graciñas por vir a velos.

Aldabra: Claro, claro; primeiro mirar o entorno todiño, e despois irse centrando nos detalles, non si? ;-)

Raposo: E roucear, e facer maniobras. Esto da conducción vital require moitos volantazos; á que si?

Markesa Merteuil: Si, certo; ás veces é mellor deterse para contemplar a beleza do observado. Pero noutras, incluso a conducción se fai moito máis interesante. Ver diante e detrás á vez. Parece maxia.

Alís: Parece que era un consello reiterado, ou unha carencia manifesta no alumnado o non mirar o espello retrovisor. Boeno, como todo, cando hai alicientes para facelo como esa vista que capturei... non se esquece. Benvida á Chousa. Todo un pracer terte por aquí.

A do outro lado da xanela: Cacháchesme!. Teño un par de fábricas de retrovisores e...boeno, había que publicitalos jajaja. Mírame para atrás sempre. Algunha vez pagará a pena, xa verás.

Carlosm: Eu son un agudo integral, home. Non so teño o ollo espabilado jajaja. (O que non teño son avoas...jajaja)

Xenevra: Pois...mágoa de comentario se se perdeu, que todos os que dis son moi atinados. Pero como non hai mal que por ben non se achegue, así temos a oportunidade deste novo e recente. Ah, e a profe non me sufriu; eu sempre fun un encanto!!! jajaja (xa dixen a carencia de avoas...)

Lagubia: Levas toda a razón do mundo. So que como o futuro o teñamos detrás...ímosche aviados. Benvid@ tamén pola Chousa. Colle asento.

Kaplan: Canta razón leva vostede, carallo!. Parece mentira que quenes rexeitan das reglas, as propias reglas os favorezan. Hai cousas que costa moito dar entendido...

Eva G. Rei dixo...

Pois eu tamén son das que miro moito polo retrovisor; dáme seguridade saber o que anda por detrás... sobre todo se hai moito tráfico e é lento.
Póñenme moi nerviosa os condutores que manobran alegremente sen fixarse no que paso ao redor ou por detrás.
E así tamén na vida: é bo non perder a perspectiva do pasado, sobre todo para lembrarnos de onde vimos e non perder o norte.

Chousa da Alcandra dixo...

Eva G. Rei: Hai quen manobra coma se fose toda a estrada súa, sen ter en conta ó resto. E por detrás tamén fan tropelías.
Realmente non sei como a un "visor" se lle pode chamar "retro"; co "actual" que é...

A Conxurada dixo...

Encántame a fotografía (quizais, se me deixas, a colla para algún texto do meu blogue).

Bicos con sabor a filloas.

Chousa da Alcandra dixo...

A Conxurada: Tés permiso para utilizar a foto. E se gañas moita pasta con ela...xa sabes; imos a medias! :-)