Andamos a fume de carozo para chegar axiña a ningures e decatarnos da fraxilidade do sistema tan aparentemente forte no que todo é fume, quitándolle a exclusividade á xente nova e á leña verde...
Por iso convén que, de cando en vez, nos baixen algo os fumes; pois subir suben eles soiños por pura lei física. Decatarnos das moitas cousas que tanto valoramos non son máis que fume de pallas, axudaríanos na tarefa de acotar prioridades e optimizar tempos.
Iso sí; sempre quedarán algúns casos nos que da gusto ver como pasan ó teu carón -a canchapernas da vida-, con casco rosiña e fumegando con moito donaire!
Por iso convén que, de cando en vez, nos baixen algo os fumes; pois subir suben eles soiños por pura lei física. Decatarnos das moitas cousas que tanto valoramos non son máis que fume de pallas, axudaríanos na tarefa de acotar prioridades e optimizar tempos.
Iso sí; sempre quedarán algúns casos nos que da gusto ver como pasan ó teu carón -a canchapernas da vida-, con casco rosiña e fumegando con moito donaire!
Foto: Casco rosa con escape silenciado.
34 comentarios:
Non puiden substraerme da incidencia tan relevante que tiveron (ou teñen aínda) as emisións do volcán islandés. Diante das presións que fan as compañías aéreas para seguir voando e tamén o nerviosismo que se apodera de quen quere viaxar e non pode; quédome coa frase que estoitei que dixo non sei quen sobre este particular: "É moito mellor estar en terra desexando estar no aire, que estar no aire desexando estar en terra".
Ogallá siga habendo sentidiño común; por máis que sexa o menos común de todos os sentidos.
Góstame esa frase de máis vale estar en terra...
A impaciencia pode con toda lóxica e con toda sensatez. Deberíamos de, como dis, parar de cando en vez e reordenar as prioridades. Pero esquécense tan pronto...
Un bico (sen prisa)
Canta razón ten no seu post! De todos xeitos, cando parecía que só actos terroristas ou accidentes espectaculares podían parar o tránsito aéreo, foi resultar que o parou catastroficamente algo tan trivial coma un simple volcán (vaia, á vista das fotos non foi tan trivial): o enxeño humano é ás veces un xigante con pés de barro
¡Boa foto!. A do casquiño rosa, ten boa pinta e seguro que non necesita que ninguén lle baixe os fumes. Teraos porque si. Ou non.
En canto ao meollo do asunto, si que é ben difícil marcar prioridades que o sexan e xa non digo nada (sobre todo á min mesma) de optimizar algo tan intangible e precioso como é o tempo. Encántame perdelo.
Gústame "papar moscas" agora que a miña situación permítemo.
Bicos.
Anoto a frase que non ten desperdicio. E mais a min que me custa tanto viaxar en avión.
Quitaschesme a frase do teclado :)
Entendo o nerviosismo producido polos ¿malos? fumes, mais non esta demais que Gaia nos recorde quen manda e non nos creamos todopoderosos :)
Biquiños
Ademais, pensando que son catástrofes naturais incontrolables (nos algunha culpa teremos de que a natureza se volva tan violenta)hai que armarse de paciencia e comprensión. Alterámonos tan axiña!!!. O de codiciar o que non temos, lei de vida, iso nos aparta de disfrutar do que sí temos. Apertiña con aires claros.
Andamos tan acelerados
que a vida pasa polo noso
arredor e nin sequera nos
damos conta,collemos esa
manía de correr que o facemos
aínda que non teñamos presa.
Un abrazo calmoso.
Ai! pero a vida éche así. E o sentidiño funciona tan poucas veces e hai que levar a contra "cando non se pode eu quero e cando se pode non quero".
De todas as maneiras, quen lle ía dicir a algúns, que por culpa dun volcan islandes, non ían ir de vacacións?
Todo son presas, e non deberíamos ser así. Co tema este dos avións, qué pasaría se deixasen voar e houbera un par de accidentes? Qué diría despóis a xente? A quén lle botarían a culpa?
Se non previmos, malo e se previmos, malo tamén. Como somos.
Gustoume a foto dos fumes, bo o casco rosa, pero tiveches boa vista para o "escape silenciado", non sei coma o topaches...
De cando en vez estar fumeado,non esta mal.Digo o mesmo que Alis gustoume moito esa frase,canto mais alto subas mais dura sera a caida.
Saúdos
vén moi ó caso nestes días o tema que tratas neste posteo:
cómo todo o sistema de comunicacións e transportes sobre o que se apoian outros grandes sistemas que sustentan "o noso mundo",
se pode vir abaixo, de súpeto, coma un edificio dinamitado, deixando unha grande nube de polvo,
só por... uns fumes dun volcanciño nun sitio que a ninguén lle importaba nada.
(porén, iso de "optimizar tempos" paréceme a min unha contradicción co resto da reflexión [se a entendín])
O volcán... Trúxome recordos nos esqueletes que puiden ver en Pompeia, o que quedou daquel Vesubio incontrolable.
Por outra banda, a vida que levamos é tan acelerada que resulta casi imposible botar fumo!
P.D: Fermosísimo comentario no meu blogue, sempre é un pracer terte de visita por alí.
Bicos a moreas (sen fume desta vez).
Había un vello vendedor de xornais en Vigo que un día, sendo eu adolescente ao pasar por el a correr, literalmente, aproveitou que tiverar que parar no semáforo onde el vendía a prensa facendo malabarismos cos xornais sobre un dedo, para dicirme: máis vale perder un minuto na vida que a vida nun minuto. Nunca máis me esqueceu a frase. :)
En fin, vou ter que mercar casco rosa eu tamén a ver se alguén me dedica un texto así. ;)
Mais agora veu a auga de novo para limpar o aire de fumes e deixarnos ver o ceo, iso si, dende a terra. Así non esquecemos que a somos, nela están as raigames, o que nos conforma; dela nace a nosa voz, o noso sentimento, o noso carácter. Porque o ceo está ben, pero fica demasiado lonxe e non sempre está ben cumprir todos os soños. Que fariamos logo? Ben, quizais mercar un casco rosa para tapármonos do ar e seguir a desexar estar no ceo cos pés ben afirmados na terra.
Muchisimas gracias por tu visita y por tu divertido comentario! he tratado de enterarme un poco de tu post pero... no he podido hacerlo del todo... aun asi, el esfuerzo está hecho eh?
Encantada! Besos!
CIta
O casco ese é a repanocha.....Este fume veu moi ben.....non está demais que a Terra nos lembre de cando ne vez quen manda aquí!!
Eu non sei se todo é fume. Ás veces penso que si e que non cumpría que o innomeable volcán ese islandés se adicase a cuspir cinsa para que media Europa se afumase.
Claro que, de poñer casco, ha de levar incorporado un sistema de purificación do aire, pois moitas (eu particularmente) xa levamos fume suficiente nos pulmóns e nos miolos, coma para permitirnos a licenza de que outras fumeiras nos afoguen.
Uns bicos afumados. Seica se conservan ben así.
Antes non había avións e non pasaba nada pero,claro,hoxendía o urxente non deixa tempo para o importante.
Si que tes razón si, as veces é incrible ver como se priorizan determinadas cousas ante outras moitisimo máis importantes. Está ben claro que o sentido común é sen dúbida o menos común dos sentídos.
Un biquiño
El hombre propone y DIios (o lo que sea, en este caso la naturaleza)dispone. Y siempre cometemos el error de pensar que lo controlamos.
Me encanta tu sentido del humor, descifrar lo que quieres decir, reflexionar sobre tus palabras, interpretar y quedarme con esta media sonrisa que ahora mismo ilumina mi cara.
Yo también prefiero estar en tierra ahora mismo, claro que si el destino fuese apetecible, me sentaba rapidamente en un avión que me trasladase.
un biquiño
Mais que de fumes son partidaria de falar de polvos. E xa se ques que falemos de tubos de escape, recordo que iso dixo unha vez a señora de Beckan, que o seu home tiña un bó tubo de escape dixo, la pija.
Cando nós non podemos parar estas carreiras-fuxidas cara a ningunha parte, é a Natureza a que intenta facernos reflexionar, aínda que moito éxito non ten. En vez de reflexionar, protestamos e non vemos máis alá dos nosos fumes.
Bicos
Quisiera tener una varita mágica para bajar los humos a muchos y a muchas, pero parece ser difícil, una vez que salen no hacen más que subir y subir y subir, y sino, preguntárselo a los islandeses.
Muy graciosa la mociña con su casco rosa.
Bicos, Chousa.
Tardo un pouco en pasar e atópome como sempre cunhas entradas moi amenas e ata cunha camelia, tes moi boa conversación pero fotografando camelias... É certo que se nos teñen que baixar os fumes en moitas cousas pero para iso esta a nai natureza que de cando en cando nos reprende, non quero pensar que pasará cando o mar pida o que é seu.
Un abrazo
A.Cris
Perdoa a broma a camelia esta preciosa teño que baixar os fumes non?
Ae che cousas na vida,non vin os teus comentarios ata cambiar de cor,principalmente o segundo inda me estou rindo,manda carallo.
Moitas grazas
Así que a vida é.. é... ¡como unha moto! jajaja, que hai que montar a canchapernas.... jaja
Aisss, que tes razón Chousa, o sistema é ben fráxil, e calquera cousiña de nada... fíxate tí... un volcán en Islandia, pode facernos moi conscientes do pouco sólido do medio en que nos movemos, rápido, pero.... tan volátil!!
Bicos sen fume.
La tierra está que hecha humo, patalea, grita, arde, llora ríos.... Mujer de armas tomar que está muyyyy harta del maltrato y ha venido a demostrar quien tiene la sarten por el mango...
bfletes naturales... como la vida misma.
mua
Está sen título a foto jajja!!
somos todo fume, tio... e non só na adolescencia. Bouramos coa velocidade que nos manda o sistema (e non precisamente o métrico decimal).
Existe unha teoría primitivista que di que a escravitude e máis grande en función da velocidade coa que se move o escravo...
Enfin...
Fez-me sorrir...
Um beijo.
Gústame tirar conclusións de cantas cousas acontecen.
E desta vez volvo reafirmarme na necesidade de ser conscentes da fraxilidade na que se move o mundo perfecto de corredoiras cheas de silvas.
Tamén observo que levar casco, ademáis de obrigado, pode ser ata motivo de locemento!
Bicos e abrazos dende esta Chousa que esboura -agora si- en gromos de vitalidade. Atentos e atentas as alerxias e astenias; pero -por favor!- non vos perdades o espectáculo da natureza no seu allegro molto vivace en plena execución...
Sempre tiveches bo gusto para os motores. Segues sen defraudar.Saudos.Carlosm
a miña filla tamén ten un casco rosa, moito mais bonito que o da foto ¡donde vai parar!.. eu tamén mo poño cando lle collo a moto (poucas veces, a verdade)...
sobre o que dís, ben, é moi dificil quitarnos a prisa da testa, porque parece que si non andamos ás prisas non facemos cousas importantes... cando o que de verdade importa é a calma, o difrute.
biquiños,
Publicar un comentario