sábado, 3 de xullo de 2010

Cobertura

Foi necesario desplegar unha maraña de fíos para que os candís se apagasen e alumear, a golpe de kilovatio, as ennegrecidas paredes da lareira.
Aquel adianto luminoso puxo ó descuberto as múltiples carencias nas que estabamos mergullados. Pódese afirmar que a bombilla trouxo consigo o terrazo e maila fregona.
Case simultáneo, chegou o teléfono de manivela. Aquelo sí que tiña misterio: falar -aínda que fose berrando- co veciño da outra punta da vila coma se o tiveras na casa; e chamarlle conferencia se o veciño estaba na capital. Riquezas léxicas que traía o progreso.
Agora non fan falla fíos para falar cun descoñecido. Nin postes que unan as palabras. Nin berrar para que te escoiten, nin manivela para establecer comunicación. Tan so un tecladiño no que golpeas lene a xeito de picaporte universal pendurado no teu peto, para chamar a todas as portas de todas partes...
Iso sí, o que non mudou no tempo é que, antes coma hoxe, é necesario ter cobertura!

Foto: Picaporte en Vilapoupre. Cobertura asegurada.

31 comentarios:

zeltia dixo...

Uich, case respinguei vendo o teu post de hoxe!
Si, Chousa, si, onte, mentres chafullaba con un enxendro tecnolóxico co que me fixen (un telefoniño que parece concebido para todo menos para chamar por teléfono -correo electrónico, internet, GPS, etc- ) cavilaba eu sobre ese mesmo asunto... ainda que tí e mais eu partiramos de puntos de saída distintos, polo que se ve chegamos a conclusións parecidas.
Ti camiñaches lixeiro e entretenido polos "progresos" tecnolóxicos, para chegar ó meollo do asunto: o da cobertura. Unha palabra "moderna" para referirse a algo que nos acompaña á humanidade dende sempre: "a falta de cobertura" con según quén, ou según en qué momentos.

Sempre me gustan as túas calivacións e refrexións, unhas máis profundas ca outras, que entresacas tomando como referencia calquera cousiña sinxela; pero claro, a de hoxe gústame especialmente, pola coincidencia.

E que é certo: podemos falar con calquera non importa o lonxe que se atope, mandar e recibir correo electrónico, SMS, MMS. Chatear en tempo real, ter videoconferencias. Podes ver calquera sitio nun mapa e o satélite de google lévate a velo, (probei ver o meu tellado; e o meu portal e a rúa enteira, co street wiewer) e todo, como tí dis, levando un aparelliño no peto, ou no bolso; e cun dediño na pantalla táctil chegar a calquera persoa ou lugar... pero hai coberturas que non entran nos satélites, nin antenas que as fagan posibles. Coma sempre pasou e será sempre así.
O illamento que nos prende dentro da mósa pel, só se rompe a través dos ollos, doutra pel, do sentimento que habita nun sitio que, como non se pode ver nin tocar, chamamos -poéticamente- CORAZÓN...

Raposo dixo...

Cando era neno falaba a berros cos outros rapaces, de ventá en ventá, de lameiro en lameiro. Mesmo lle berrábamos (non estou seguro que nos oísen) os de Ourense, o outro lado do embalse de Santo Estevo.
Con todo, prefiro aquela comunicación a de agora, tan mecánica, tan artificial. E cobertura tiñamos sempre, que conste!!

A do outro lado da xanela dixo...

E o ben que senta non tela ás veces?

Agora, coma antes, non está nada mal buscar carencias do sistema pra esconderse.

Bico!

mariajesusparadela dixo...

Permíteme, Chousa, querido
Primeiro ti:Fermosísimo picaporte, xa me gustaría ter un igual. Da reflexión non digo nada, porque ben ves que a Zeltia lle inspirou un post completo.
Raposo :Eras ti quen chamaba. Levo toda a vida preguntándome de onde chegaban aqueles berros.

A nena do paraugas dixo...

Cobertura, luz e conexión á internet. Non o esquezas!

Como fluían hai anos (poucos) as mensaxes, é un misterio. De feito, gustaríame coñecer, descifrar e ata transmitir mensaxes a trravés do movemento lene do abanico, de palco a palco, de balcón a rúa, de fiestra a fiestra. Toda unha arte de comunicación, sen máis medios luminosos que unha vela, un candil ou un marmurio, imperceptible cambio no ton de voz.

Quizais é que nestes días hai demasiado luz e non se ve o que queda agochado tralo pensamento e o sentimento de quen comunica e de quen percibe. Mágoa. Porque sen luz, vese sempre máis alá do que a luz amosa e, ao mesmo tempo, distorsiona.

Bicos... ponlle ti o adxectivo.

BK dixo...

O da rede de redes está moi ben, pero é algo impersoal. A min gustabame cando recibía cartas da xente que estaba lonxe. Os emails están xenial, sabes nun segundo como están os familiares/amigos que non están contigo, pero non son tan especiais como ler as súas letras e así pasa con todo.

MartinAngelair dixo...

Os de Ourense, preto dunha ventá,...


...vanse a un lameiro, ó outro lado do embalse de Santo Estevo, porque lles parece que un neno cando era neno, 'berraba', por iso de comprobar a cobertura.



Que conste!! :)





B.T.C.Ch.
B.

susana moo dixo...

O caso é falar. Xasús qué necesidade de comunicación, a nosa.

Trasno dixo...

dende logo imaxinativo sí que vés sendo chousa. e comunicativo tamen. fixéchesme rir coa de "picaporte universal". vexo que ademais es creativo. habera que buscarche contras. algunha terás...

fonsilleda dixo...

Onde se atopa ese diaño de ferro?, quero ver esa porta, gustaríame pasar os meus dedos, se podo, por el.
Lámpada, terrazo e fregona ¡vaia unha serie!.
Chego eu de unha época de demoras telefónicas de varias horas para chamar a calquera lado, así que, todos estes inventos...
O primeiro día que reflexionei sobre a comunicación, creo que foi polo telégrafo e decidín que non o entendía, Aí quedeime.
Creo que non paso dos "tam tam".
Bicos.

A.C. dixo...

Ti sempre unindo pasado con presente a base de puntadas cos teus textos sempre con moi bo acerto. Claro que pra que un picaporte deses che inspirase a telefonía móvil e e cobertura xa compre ter imaxinación. Se alguen tiña dudas cone este post despexaches as incógnitas. Moi bien Chousa.
Bico

Chousa da Alcandra dixo...

Podes pasar a man polo picaporte fotografiado cando queiras, Fonsilleda. So tés que achegarte ata Antas de Ulla e, moi pertiño da vila, na parroquia de San Martiño de Vilapoupre aínda sigue pendurado ese "chamador", como eu lles dicía de neno.
E teñen algo de "tam-tam", so que en troques do coiro, quen repica é o metal.

Chousa da Alcandra dixo...

Confeso a miña curiosidade por vostede MartinAngelair. Admito que as iniciais coas que asina (que non sempre son iguais de todo) non me axudan a deducir nadiña. E o dato de que viviu vostede en Antas durante un tempo tampouco me aporta a pista definitiva.
Agradezo as visitas e os piropos que me prodiga.

Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: Pois parece que ambolos dous estabamos interconectados sen sabelo. Con tanta tecnoloxía que nos envolverica é case normal que ás veces pase. MP3-4, teléfonos-oficina, dispositivos blue-tú, cámaras dixitais con tropecentos mil pixels...Con todo elo, sempre dependendo de terceiros para que todo furrule: pilas, baterías, cobertura!. Pero hai que recoñecer o bonitiño que resulta cortar o cesped con Luar Na Lubre enchufado nas orellas!!!

Raposo: Miña nai chamábame para xantar-merendar-cear sen necesidade de ser nin de tarxeta nin de contrato. Nin de movistar nin de vodafone. Ela era de gorxa afinada e tiña un tono de chamada inconfundible, garimoso, eficaz e imperativo. Oes, i eu sempre tiña cobertura para escoitala!.

A do outro lado da xanela: Efectivamente, antes andabamos á procura da estancia máis axeitada para ver se o trebello pillaba unha raiña; e agora...ás veces buscamos precisamente o contrario. As mesmas maneiras de lograr un obxectivo: tentar dominar nós sobre dos aparellos!.

mariajesusparadela: Non sabes canta ledicia me produce que fose na Chousa onde descubriches quen era o que berraba dende o outro lado de Santo Estevo. Xa me fago idea de que algunhas veces lles tería metido o medo no corpo pensando que podía ser o ouveo dun agresivo e famento lobo mouro. Xa ve que, ó final, so era o laio delicado e sutil dun poeta raposo, cuxo son era magnificado pola ladeira da montaña...

Nena do Paraugas: Trouxeches un detalle novo ó debate, polo que eu esbarexín nada máis. A costatación de que, incluso coa ausencia destas -aparentemente- imprescindibles ferramentas de hoxe, daquela eramos capaces de comunicarnos con quen era preciso. Fose coa linguaxe do abano, a do recado, a da mirada ou incluso a do andar... Eu xuraría que todas elas (a do abano descoñézolle os códigos) seguen en plena vixencia hoxe.

BK: Nada vai substituir aquela marabilla de carta escrita a man que nos traía o carteiro. Algunhas, enviadas en sobre de avión, cos seu bordes en azul e vermello. Outras perfumadas, aqueloutras que contiñan unha foto...
Agora por correo postal o único que me chegan son recibos da Caixa e publicidade a moreas.

Susana Moo: Somos animais comunicativos, Susana. Que lle imos facer!. E aínda que neste post parece que somente toquei o tema da comunicación por voz...ti ben sabes que na Comunicación hai algúns outros códigos que tamén establecen lazos que permiten intercambios de datos e de sensacións. E neses casos, a meirande parte das veces a cobertura búscase!. Tanto ten que sexa nos arredores do adral coma no altar maior; na autoestrada ou na xesteira; na praza ou nunha celda numerada. O caso é comunicar!!!.

A.C.: Unir o pasado co presente non é nada complexo de facer. Sempre e cando teñas o fío axeitado na agulla ben enfiada; é dicir, que viviras aquel e mais esto. Con esa caixa de costura so é cuestión de ir ganduxando na imaxinación, para logo darlle unhas puntadas algo máis firmes e...voilà.

Marisa dixo...

Así aferruxado
éncheme de tenrura,
vestixios dun pasado
que me trae moitas
lembranzas.
Agora a orella vive
aferrada o móbil sin
desapegarse da súa
escravitude.

Moitos biquiños

Pitima dixo...

Eu aínda me lembro do mundo sen móviles, e sen internet, e sen ordenador...
Pero a cobertura é a cobertura... E ás veces non viría mal estar fóra de... pero de forma voluntaria, doutro xeito sentímonos desprotexidos.
Tanto "avance" para que ó final sexamos máis dependentes, da cobertura, sí, da cobertura...
Porque é bonito durmir baixo o ceo estrelado, pero... cando cae o rocío.... molla, e nos recorda que estamos fóra, de cobertura... aissss

Moi atinado este post... Como case sempre

Bicos sen cobertura... ¡Salvaxes! jaja

GINEBRA dixo...

Inventos, progresos y, en definitiva, revolución de las telecomunicaciones... pero ¿crees que somos más sociables con estos avances??? o por el contrario, ¿nos refugiamos en la red porque olvidamos o perdemos la facultad de la comunicación directa emisor-receptor mirándonos a los ojos????
Hay jóvenes, por ejemplo, que no hablan entre sí y lo hacen por msn, cada vez más. A mí me preocupa.
No obstante, me parece muy positivo internet, sus redes sociales (evidentemente si no lo pensase no estaría aquí:))) y valoro los avances, pero siempre queda un poco la melacolía de las conversaciones en el bar , en la calle con el vecino o paseando, que nunca deben suplirse con otras virtuales, ¿no crees?
Besos de domingo

Mer dixo...

Contábame un vello amigo que os seus avós emigraron a Arxentina aos 19 anos dende unha aldea recóndita de Ourense. Cando chegaron alá e viron a bombilla e máis a auga que saía por un grifo dentro da casa, non o podía crer.
A bombilla non sabían como apagala e pegáronlle cun zapato.
O grifo, que estaba nun vertedeiro debaixo dunha ventana, fóron por fóra para ver de onde viña esa auga.

paideleo dixo...

O mundo virtual e telefónico está ben cando suma e non resta e así podemos coñecer outra xente con parecidos intereses.
O chamador é unha marabillosa, enferruxado e todo; pero que non se perda.

Alís dixo...

Por primeira vez na miña vida, para chamar á porta da miña casa teñen que facer uso dun picaporte (tamén me gusta o de chamador, e a palabra aldaba, que non sei si vale en galego). E sinto pracer escoitando o seu sonido.

Máis é certo, compre ter cobertura, compre...

Bicos con conexión

Alís dixo...

Non cho dixen, pero encantoume este texto.

Máis bicos

irene dixo...

Cobertura, y un ADSL que funcione como debiera, el mío, a veces, es más lento que el caballo del malo, todas las compañías de teléfonos son unas estafadoras.
Como ya soy un poquito mayor, echo de menos aquellas cartas manuscritas que escribíamos con ilusión y esperábamos, todavía con más ilusión, sus respuestas.
Preciosa esa foto.
Seguiré tu consejo y de mil amores, Galicia me entusiasma, la próxima vez que tenga ocasión me iré por esas tierras que me dices, A Guardia, Fisterra, Ribadeo, Fonsagrada, Ourense, Compostela... y, por supuesto, Antas de Ulla!!!
Moitos biquiños, Chousa lindo.

Anónimo dixo...

Ese llamador es igualito al que habia en el caserio de mis abuelos en un pueblo de Lugo. Tengo una fotografia en la que se puede ver perfectamente. Me encantaria saber donde es exactamente este que pones en la foto. Maria Elisabeth R.

A Nena do Paraugas dixo...

pois o conto é que, con tecnoloxías ou sen elas, cando se quere comunicar algo, ou se quere rebicir algo, as canles son infinitas. só hai que buscarlle o xeito, saber aprobeitar a ocasión e interpretar ben as mensaxes. o demais vai so. a mensaxe xusta, no momento adecuado e no sitio perfecto.

biquiños comunicativos.

zeltia dixo...

(sabes que che veño usar alguns links teus? bueh, poi si -son así de vaga-)
e quedei prendida na foto, (que non me fixara moito cando che comentei)
-a querer adiviñar a cor na que estaba pintada a madeira do portalón (¿verde? azul?)
-a imaxinar o relocente e rexo que luciría o picaporte cando era novo,
-a mirarlle as estreliñas e floriñas que o da forxa tivo o gusto de lle facer...
-a pensar quén sería o/a do BM, e qué querería dicir I.R.S que pon alí escrito debaixo da cruz...

e bueno, digo eu, que xa que tí sabes onde é o portalón, podías ir alí, cando che cadre de paso, e preguntarlle ós donos... (non me digas que é un sitio abandonado, coma tantas portas fermosas comestas polo tempo que vin nalgunhas aldeas da Ribeira Sacra)

e aproveito para dicir que me gustou moito iso de Paideleo: "mentres sume e non reste!"; é unha idea que hai que ter moi crariña,
un pensamento sabio que vén dun home que que acugula sobre a súa a sabiduría dos seus antecesores, que valora e transmite, como é Paideleo...
¿va que sí?

:)
bicos de tarde soledada -dan as sete-

xenevra dixo...

Ata hai pouco, miña nai dicía que o mellor invento fora a lavadora (o eixo da revolución feminina); dende este nadal non deixa de xurar que o mellor invento é a aspiradora Romba (esa que vai soa limpando pola casa adiante). Con ambos gañou tempo para comunicarse e intercambiar silencios con aqueles que quere.

Cuspedepita dixo...

Creo que o importante, é ter intención e gañas. Sendo así, anque non haxa cobertura, sempre se atopa a maneira de comunicarse.
Outro tema é a calidade da comunicación que se establece. Agora todo é efímero, inestable, engañoso. Todo se pode borrar cun lene toque de dedo nun botonciño. Un pode inventarse e reinventarse a si mesmo cantas veces queira e co perfil que queira. Pode engañar impunemente se quere, e todos sabemos que existe esa posiblidade de que nos mintan cando entramos en contacto con alguén. Faise máis difícil confiar na xente.
Por sorte temos o tempo como aliado. El é o que nos da a medida verdadeira das cousas. Se algo dura nestes tempos, é que ten consistencia. Tamén a nivel de afectos. ¿Non cres?

Chuchos

Chousa da Alcandra dixo...

Vexo que gusta o "chamador" da portada de Vilapoupre.
Se algunha marca quere copiar o deseño pode facelo; pero como se ven comentando de xeito reiterado, nada vai garantir nin a calidade nin a nitidez da comunicación.

Da gusto ver como repican os picaportes virtuais da Chousa.

Aldabra dixo...

e bendito sexa ese tecladiño que nos ten comunicados, que íaser de min sin él, nais nestes días en que non podo saíer da casa.

biquiños

p.d.: fermosa foto, gústame o ferruxe.

Anónimo dixo...

Una magnífica forma de demostrar que lo bello no necesariamente tiene que ser nuevo, cuidado, útil y centrado.
Un blog muy interesante, señor Chousa

Merce dixo...

o primeiriño que se me veu a cabeza, segun lein a palabra "cobertura" foi

¡¡¡chocolate!!! mmmmmmm

agora non o poderei quitar da idea e rebuscarei por cada rincon ata dar cun anaquiño que poder degustar... ¡que cousas!

pois si o da cobertura e sempre falla cando mais falta che fai, ainda que, podeslle deixar recadiño a unha maquiniña que logo repercutirá a mensaxe ao seu destinatario. todo un adianto!!!

biquiños fora de cobertura ;) (quedanche no buzón)