luns, 28 de xuño de 2010

Precipicio

Unha composición accionarial ben repartida entre suavidade e dulzura. Un balance saneado e axeitadamente compensado entre a pigmentación fixa e maila polinizadora. Uns recursos propios suficientes como para agardar magníficos resultados de conquista.
Enervado pezón vexetal na cúspide da excitación. Abertos os pétalos, receptivos os pistilos, acolledores estames e firme o talo, tan so meneado pola lene brisa da tardiña verde...
Con este panorama contable, vai o paspán do insecto e asómase -nun perigoso exercicio de equilibrio- ao abismo da quebra financieira.
Mesmo semella estar a piques de lanzarse a un precipicio de pouco medidas consecuencias que supoñen unha nefasta calidade directiva e unha pésima xestión da oportunidade. E despois dirá que fai fresh banking...

Foto: Equilibrio. Agasallo de Tres Trisqueles para compartir coa Chousa

35 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Non teña mágoa: teñen as e voan por riba de nós. E , se non voan, teñen una casca dura de mais, para aguantalo todo...ou virá un homiño poralle un apu para que baixe e non se manque.
Os bancos, como os insectos negros, teñen moitos recursos.

Merce dixo...

sin
cro
ni
za
cion

;)

A nena do paraugas dixo...

Non estou dacordo. Perdón, non estou dacordo coa totalidade.
O insecto non é un paspán. Sabe o que quere: libar o doce néctar que desprenden eses estames e mergullarse con eles nos pistilos. Supervivencia, que se chama. Se iso supón asomar a un precipicio de quebra, asume o risco e se por asumíndoo se bambea, será porque algo de beneficio obtén. Négome a admitir que a natureza, coa súa sabedoría, arrisque máis alá do estritamente necesario. Igual ca banca: arrisca soamente cando ten os dividendos ben asegurados. O demais son conxeturas. A banca sabe moi ben cando ten que quebrar, o mesmo ca o insecto. Os bambeos que provoca a lene brisa das tardiñas verdes só danan a quen vive nunha burbulla. E para iso, sempre haberá un sistema público que rescate os beneficios da banca, a costa da pobre xente asalariada que, por non perder o salario, se tira de cabeza ao abismo sen ter, tan sequera, catado o néctar que mana do enervado vexetal, na cúspide da excitación vexetal.

O mundo é demasiado redondo, ás veces. Non te enganes.

Biquiños polinizados.
(A estas alturas, ou o están xa, ou pouco hai que facer!)

Raiz_Verde dixo...

Interessantes metáforas :)

Anónimo dixo...

Hola, vengo desde el blog de Merce y quiero felicitaros a ambos por esta magnífica colaboración. Supongo que antes os pusísteis muy se acuerdo sobre la imagen y el texto. En cualquier caso esto es una excelente muestra para hacer valer aquello de que lo cotidiano también puede ser arte.
F.

Trasno dixo...

O que ti propoñías non era precisamente moi fresx, pillabán jejeje. Moi ben cosida a idea e magnifica foto.

fermin dixo...

Veño de casa da fotógrafa "contable". Gran forma, a túa, de analizar unha imaxe.
Quédome dando un paseo pola túa "aldea".
Un saúdo desde o Mediterráneo.

zeltia dixo...

Bueno Chousa,
vas ter que impartirme un cursiño sobre o mundiño financiero,
porque todo o que ten que ver con él é un arcano para mín.
Ata tiven que googlear para saber que era iso do fresh banking,
porque ainda que sentin os anuncios na tele,
nunca me importou nada,
ó fin non teño nada que investir...

E agora vés tí coa parábola do insecto,
falando das decisións arriscadas dese banco que, polo visto, anda metendose no mercado cunha extensa gama de productos financieros;
aquí ábrese a veda, e veña todos os bancos á caza, mi madriña, menos mal que son pobre.

pero bueno, o do cursiño digo en serio, podias facer unha serie de post para aprendernos,
XD
e así despois poderíamos seguirche mellor os teus post adobados de fina ironía erotico-finaciera

Bicos de escarabello suicida

Á fotógrafa decirlle parabéns pola foto, que non desmerece nada á beira das que tí nos regalas en cada post.

Logio dixo...

Boa mistura.

Carlosm dixo...

Haberá que felicitarvos aos dous, pero permiteme que seja mais explicito con Merce, já que ela arriscouse de moito carallo prestándoche a ti unha foto. Non sei se ela e tan arriscada coma o bicho, pero polas trazas eu diria que vai resultar que é moito mais.
Saudos con vento fresh hahahaha.Carlosm

A.C. dixo...

Vaia, pois se non dis que a foto é de outra persoa eu pensaría que seria unha das tuas. Encaixa á perfección co que ti fas. De modo que tamen vos felicito e reconozo un pouco de envexa hacia a autora da imaxe por lograr esa conexión contigo.
Bicos

Frabisa dixo...

Sí, está al borde del precipicio, peroooooooooooooo, sabe y puede volar, si estuviese yo, fijo que me estrellaba :)))

biquiños

Kim Basinguer dixo...

Muy negro está el panorama.

Alís dixo...

Ese insecto fíxome lembrar ó dictador de aquí, que unha vez dixo: "Estábamos al borde del precipicio y hoy hemos dado un paso adelante"...
Curiosamente, non se refería ó día en que usurpou o poder.

Son negada para as finanzas, pero ata me pareceu erótico o teu texto

Bicos (con alta rentabilidade)

Gretel dixo...

jajaja!encantoume! microrrelato eróticofloralpolítico. Unha mestura arriscada, innovadora e ben apetecible, chea de retranca e bo humor. Parabéns!

Pitima dixo...

O becho está preparado para enfrentarse ós riscos da caída. E de seguro que enbaixo hai outro pezón, outro firme talo, preparado para recibir a visita do arriscado recolle encantos...
E ben se lle ve nas antenas, que non é becho dunha soa flor.., por moi ben plantada que estea... jaja

Bicos con ciumes tamén, pola boa foto da Merce esa... que tivo como premio un texto teu...

fonsilleda dixo...

Chousiña, hoxe teño que facer un esforzo para pór a imaxinación, con esa preciosa foto e o teu texto de fermosas palabras, ao servizo dun crac bolsista.
De calquera xeito. ¡Es a monda! e pasareime a felicitar a Tres Trisqueles.
Bicos sen crise.

Marisa dixo...

Pois mira que lle fixeches
unha boa comparanza, o
amarelo pampillo e o
equilibrista insecto,
coa quebra financieira.

Encantoume todo, as verbas
e maila imaxe.

Biquiños

HADEX dixo...

Xa non é a primeira vez que coincidimos nos detalles....deixo no meu blog un tema do grupo dos meus cuñados titulado " El Precipicio"......


A foto é espectacular...

Anónimo dixo...

sos la monda. lo del fresh banking estuvo revolado. besos

BK dixo...

A partir de mañan, estarei un pouco mais cerca do precipicio eu tamén. Mira que recortarlle un 5% a unha mileurista.....

susana moo dixo...

Precipicio se parece a prepucio, pero non vai por aí o conto. Igual que non vai eso tan bonito que dis de "Abertos os pétalos, receptivos os pistilos, acolledores estames e firme o talo, tan so meneado pola lene brisa da tardiña verde"... con quebras financieras.
Por favor, Chousa, por favoooorrr.

Kaplan dixo...

De paspán nada: o tal vai ao del, e aos demais que nos dean tomate, asoma ao precipicio pero non cae; e se caese, xa terá modo de saír adiante
(De todos xeitos, xa comentei algunha vez que gosto tanto dos insectos como dos bancos)

GINEBRA dixo...

Se daban todas las circunstancias posibles para que fuera "una conquista con éxito asegurado", lástima que las cosas nunca (o casi nunca) terminen como se ha previsto de antemano:)))
p.d. eres muy gracioso. Besos al borde del precipicio

abueloscrisytoño dixo...

Cando vin a foto dixen, ¡é magnifica! e cando lin dixen ¡magnifico!
Bicos aos dous.
Avoa Cris

Chousa da Alcandra dixo...

O meu non ten mérito, despois da magnífica foto de Merce, AvoaCris.

O único que asegura as posibilidades de éxito é a persistenica, Ginebra

Eu cun tomate -e un chisco de vinagre- xa fago unha ensalada, Kaplan

Quebrar poloprecipicio prepucial tamén pode molar, Susana Moo

O 5% de mil é a metade do 2,5% de catro mil. Non se consola o que non quere, BK

Se avisaras antes, podíamos ter feito unha colaboración en trio! Hadex

En realidade é un desexo de quebra do amarelo, Marisa

Chousa da Alcandra dixo...

Hai veces nas que nin eu mesmo me entendo ben, Fonsilleda

Vexo que ti tamén te fixaches nas antenas do becho. Xa somos dous, Pitima

O de eroticofloralpolitico quedou que nindiola Gretel

O paso ó frente nos precipicios tiñan que dalo todos os dictadores, Alís

Tentemos buscar polo medio do panorama esa escala de grises, Kim Basinguer

Estou seguro de que ti, incluso sin alas, tamén voas ás veces Frabisa

Chousa da Alcandra dixo...

Envexa tamén lle teño eu a Merce polas fotazos que fai, A.C.

Na vida hai que arriscarse. Xa ves que os "bancos" amarelos teñen clientes...Carlosm

Misturarse é un obxectivo moi interesante Logio

Ten tino, van á caza de "pobres". Os ricos son os cazadores Zeltia

A saber o que pensas ti que propoñía eu, Trasno

Todo un pracer que visiten a miña aldea "quase" Atlántica dende o Mediterráneo Fermin

Tampouco foi tan milimétrico o acordo. Deixamos fluir F.

As metá-foras son interesantes; pero as meta-dentro tamén Raiz_Verde

Sei que o insecto é listo, pero gústame torcer a realidade A nena do paraugas

A próxima vez tentamos mudar os papeis. Eu fago foto e ti escribes, aceptas Merce?

Ten vostede razón; so que hai veces que incluso voan por debaixo de nos mariajesusparadela

Aldabra dixo...

non consigo entender como ves unha flor cun insecto e se che da por pensar en crisis financieiras... e que paréceme increíble... pero foi todo un acerto.

biquiños,

Chousa da Alcandra dixo...

E que teño a mente -ademáis de un chisco verderola- moi retorcida, Aldabra

Chousa da Alcandra dixo...

Logo deste privilexio de colaboración interblogueiro, continúo a bingo coa miña dual individualidade gráfica que busca a conexión con cada un dos que por aquí vos achegades.

Moito lle agradezo a Merce que me prestase a foto do bicho que, polo visto, non era tan paspán como semella e que unha boa parte dos comentarios xa lle albiscaban.

Moito máis vos agradezo a cada visitante a vosa pinga de inxenio e o cachón imaxinativo que lle botades. Con estes carballos fortes e os castiñeiros robustos, xunto coa vosa presenza; esta Chousa madia leva a rezumar vitalidade!.
Graciñas.

Bicos para elas e calurosos apretóns de mans para eles!

irene dixo...

Por ese precipicio vamos a terminar cayendo todos como moscas, poquito a poco, por nuestros propios medios o más bién por los brutales empujones que nos van a dar sin ninguna consideración.
Preciosa foto la que te ha inspirado tanto.
Biquiños, Chousa.

Merce dixo...

As tuas visitas coidadas quedan, e ben acollidas son na miña casa, todo un pracer contar con elas, non cabe dubida que vindo desta casa son un verdadeiro tesouro ;)

Dubido que valoren menos as túas, pero dubido moito :) As bágoas se son de ledicia podense aceptar, son as mellores!!!

Graciñas polos bicos, tamen ben recibidos. Deixoche logo unhos cantos espallados por eiqui :)

e...

ate a próxima ;)

xenevra dixo...

Non estaba o becho a pensar nos cartos, senón na ledicia desposuída de toda contabilidade ao botarse ao baleiro, sen máis límite que a súa propia forza.
Un saúdo

Chousa da Alcandra dixo...

Calquera non se inspira con ese pezón acugulado de desexo; non che parece Irene?

Ando buscando os bicos espallados que me deixaches Merce

Non sei eu se un becho coma ese tería tanta capacidade imaxinativa Xenevra