luns, 17 de maio de 2010

Letras

Non deixa de ser unha mágoa que o día das Letras galegas teña que convertirse nunha xornada reivindicativa da lingua propia do país.
É como se para celebrar que gozamos de boa saúde imos ó médico a que nos faga unha receita. Como poñer o lume por riba da tixola (flambeos aparte), repartir viño dunha taza para as xerras individuais, amasar o pan despois de cocido...
Nunca seremos nós sen antes aceptar o que somos.
En realidade esto que digo aquí é o comentario do texto que escribín para hoxe. Atoparédelo en comentarios. Son así de irreverente.

Foto: Letra da miña roseira. (Día das Letras galegas 2010)

35 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Imposible imaxinar unha primavera sen flores, un libro sen palabras, un río sen auga, unha casa sen portas, unha faciana sen boca.
Ti, lingua que me falas, poslle nome á miña identidade, escribes no libro do meu pensamento, eres auga do meu río , eres a porta da casa que nos acolle e a boca que nomea o acervo que nos une.
Ti, lingua na que entendo, poslle cor a todas as primaveras; incendiando paixóns e calmando ánimos; bicando miradas e ollando sentimentos.
Nunca cales. Fálame sempre. Co mimo das túas palabras, coa dozura das túas letras.

anto dixo...

Ben falado!

Alís dixo...

En galego me dixeron as primeiras palabras de agarimo que escoitei, sin identificalas de non ser polo tono.
En galego crecín, fun educada polos meus pais, falo co meu mellor amigo, con outros moitos queridos. É para min a lingua familiar, a lingua dos afectos, a lingua que sinto máis propia.
Aprendín castelán, crecín co castelán e fíxenme profesional co castelán. E son bilingüe, sin complexos nin traumas (en vías de ser trilingüe ou máis si podo).
Pero o galego sempre será a miña primeira lingua, como a de moitos que renegan dela.
Lástima que se ensucie con intereses políticos algo tan noso.
Bicos (así, sen máis)

fonsilleda dixo...

Voume cos ollos cheos de bágoas, recordáchesme aos que xa non están comigo. Tan fermoso...
Eu sempre digo o mesmo, serei un pouco mais feliz o día que non faga falta ningún "día de..."

Marisa dixo...

As túas palabras son
todas grandes verdades,
só dicirche que co teu
permiso fágoas miñas
tamén.

Que pases un bo día
das letras galegas.

Biquiños

Aldabra dixo...

a mín non me parece mal de todo adicarlle un día a nosa lingua, chousa, tamén nos celebramos o noso santo, o noso cumpleanos, o aniversario... eu que sei... penso que non está demáis.

e iso que eu non son moi partidaria dos días sinalados por decreto.

biquiños,

Harmonía dixo...

Irreverencia? Creo que ten moito sentido todo o que dis; parece un contrasentido, por non dicir unha situación absurda, que a estas alturas teñamos que estar reinvindicando o poder expresarnos na nosa propia lingua.
Non calemos. Falemos; sempre coa dozura da nosa lingua.
Saúdos.

Carlosm dixo...

Irreverentes son os que, tendo que facelo, non poñen a lingua galega onde ten que estar.
Bo dia das Letras dende Porto. Saúdos. Carlosm

Carmen dixo...

Pode que haxa un día en que a mala saúde de ferro das nosas letras non precise un día reivindicativo.
Feliz día Chousa!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Traio á Chousa un comentario feito ó fio do día das Letras pola blogueira Debora Campos:

"...Gústanme os países que celebran as artes e non as guerras, aos escritores e non aos militares, aos que fan Patria traballando para que a xente pense e sinta e non matando e sometendo. Gústame Galicia e as súas letras.

Chousa da Alcandra dixo...

Agrádanme os teus azos anto. Sei que imos no mesmo barco e con similar rumbo. Non nos vimos en Compostela, pero sentímonos!

Traballamos, pensamos e loitamos para que algún día non se misture unha cousa coa outra Alís.A lingua terá que ser sempre punto de unión.

Estou convencido de que esas bágoas non son so de tristura Fonsilleda. Eles, os que faltan, viven na nosa memoria sempre.

Que as fagas túas faime ilusión Marisa. Sempre me gusta sentirme ó carón de quen admiro. Por iso me gusta a túa adhesión.

Eu referíame máis á necesidade desa parte reivindicativa Aldabra; non ó feito de que se celebre o día das Letras.

Neso andamos Harmonía. Claro que unhas facédelo con mellor arte e xeitiño que outros. Pero calar...nin debaixo da auga! :-)

Tamén dende Porto son ben recibidas as túas novas Carlosm. Seguriño que hoxe lembraches as rúas de Compostela; á que si?.

Ogallá Carmen. En todo caso convén reseñar que este día ven de celebrarse -xa ó longo de todo o mes de maio- coas máis diversas actividades en todo o país. Que as letras dan para moito. Ou non?

susana moo dixo...

Moi bonito o que dis, e estouche ben dacordo.
E vouche pór una frase atribuida á famosa bedette galega la Bella Otero, que marchou a París e trunfou, disque metendo entras pernas a moito forasteiro (dicíao en castelán penso, pero o traduzo):
O meu corazón é galego pero a miña paxarela é internacional"

paideleo dixo...

A min gústame o día das Letras e extenderíao a todo o ano.Eu ata inventaría unha liga de escritores ou poetas.
Fixen unha foto no meu blogo copiando unha idea túa.
Perdón.

Maribel-bel dixo...

Hoxe síntome feliz e namorada. Hai días peores nos que se celebran os namorados, os pais, as nais.. Hoxe Uxío Novo ten o seu día, o mellor poeta de Galicia, aquel que escribeu pouco porque era perfeccionista, aquel que tiña unha mirada serea e amaba por encima de todas as cousas a súa terra. "De tanto calar xa falo eu solo". Gustoume moito o teu comentario compartido. Biquiños(hoxe sí con lingua)

xenevra dixo...

Algúns teiman en inocularnos virus alleos sen decatarse de que o sangue galego é forte e rexo coma a historia. Poderán terxiverxala nos libros, nas aulas, pero non poden cambiar o que é, o que foi. Estes acomplexados, que renegan dos pais, quedaron sen pasado e polo tanto inhabilitados para construíren futuros. Non son ninguén, só pensan que teñen o poder de selo; sen saber que a forza do noso amor nunca será inútil.
Milleiros de primaveras agardan para encher os corazóns orgullosos daqueles que nacemos, vivimos e amamos na lingua de noso.

mariajesusparadela dixo...

Chousa, que fermoso é o que dis. Qué sentido e que ben escrito.

Chousa da Alcandra dixo...

E que hai cousas que, xa moito antes da globalización, estaban socializadas Susana Moo. E que marabilla que así fose!

O da liga de escritores é unha idea caralluda Paideleo (e no caso de apuntarse escritoras...tamén!!). Cando collen ideas miñas maestros...gústame. Nin perdón pidas.

Véxote tan leda que me transmites ledicia en tan pouco texto Maribel-bel. O día das Letra ten cousas así de boas. Da gusto.

Eu subscribo cada letra do teu comentario Xenevra. Para asinalo deberías pasalo a papel. Faino e estámpolle a sinatura tan axiña como ti digas.

Non digo nada que non sinta Mariajesusparadela; pero se ti me dis o que me escribes, fas que perciba que o compartes, e compartilo contigo...pois que me mola!.

Dilaida dixo...

Que fermoso é todo!!!
Que marabilloso sería se todos os que hoxe nos emocionamos lendo entradas coma túa e todos os que temos un blog practicásemos escribindo en galego!
E porque digo isto, pois porque os galegos somos os máis patriotas do mundo cando chega o día, pero deixamos a nosa lingua detrás da porta cando saímos da casa.
Non me fagas moito caso, hoxe teño un día moi raro. Non me gusta ter que saír a rúa a loitar por algo que é meu e que quero tamén que sexa dos meus netos.
Bicos

Sun Iou Miou dixo...

A min pasoume ao revés que a moitos de vós: descubrín que existía o galego aos trece anos, no instituto. A miña lingua materna é o castelán (miña nai era de Segovia, eu non tiña aldea en Galicia, vivía nunha cidade e nas vacacións marchaba a Castela). O galego converteuse na miña ferramenta de traballo e de medio de comunicación de vida, na miña primeira lingua, porque vivo aquí e nesa lingua fala a xente (e si, os nenos tamén) que me rodea e que me aprende expresións novas, mundos novos, cada día.

E das flores... está todo falado. ;)

Bolboreteira dixo...

Moi fermoso as palabras que lle dedicas a nosa lingua.
Temos de deixar de vivir acomplexados por ser o que somos, hai que superar iso, todo o demais virá so.
Un bico grande

Kaplan dixo...

Sinto dicilo, pero eu son dos que pensan que converter en festivo o 17 de maio foi unha mala idea: nada como un festivo en maio para ir á praia ou por aí, e en definitiva descafeinar. Dixéronme que por Ithaca onte saíron rapaces e raparigas vestiditos de gallegos, coma en Sanpailán.

Hugo Coopel dixo...

tes razon, unha autentica magóa que hoxe en día faga tan faia reinvidacalo noso, pero creo que pouco a pouco, como o noso himno di, son máis os que noso ronco son atenden.

Saúdos.

zeltia dixo...

elogho qué che pasou, home, para cambiar o comentario polo texto?

seica che entrou vergoña de amosarte tan tenro? tan comprometido usando palabras coma nunca e sempre?

sen dudalo, gústame moito máis o mimo que empregas usando as mesmas palabras que loubas...
(tés nel ideas moi bonitas, coma iso de escribir no libro do teu pensamento -é moi representativa para un idioma-)

nada, nada, un desacerto pegar o cambiazo.
pero igualmente che deixo bicos na Chousa (de boas noites, hoxe)

Raposo dixo...

Compre que o espírito do día das letras galegas perdure o longo dos outros días do ano. É triste dicilo pero hai algúns que queren esmagar e afogar a nosa lingua, por eso temos que estar á espreita, amala sempre, defendela sempre, coidala sempre.
Apertas (mais galegas que nunca).

medrarengalego dixo...

Temos un agasallo para vós. Podedes recollelo no seguinte enderezo:
http://www.blogoteca.com/medrarengalego/index.php

Markesa Merteuil dixo...

Cada verba, unha paixón.

Merce dixo...

vaia...

caio rendida ante as tuas palabras, tanto as do post, como as do comentario...

:)

e que non se poderia expresar con mais sentimiento, non.

bicos cheos de doces letras

irene dixo...

Lo he dicho ya moitas veces, pero lo vuelvo a repetir, gústame a vosa lingua y creo que no tenéis que dejarla perder, ¡que sería dun galleguiño sen o seu lingua galleguiña!
Espero que me entiendas en esta mezcolanza, me apetecía unirme a vosotros.
Una preciosa letra de tu rosal.
Moitos biquiños, Chousa.

A nena do paraugas dixo...

Fermoso abrocho de roseira! Se fose amarelo, aínda o sería máis.
Das letras non digo nada. Corre demasiada tinta estes días. Tinta azul e branca. E renegrida... e non quero sobrecargar a rede con máis manchas.

Biquiños.

Angeles dixo...

¡Que fermoso é o que dis! Viva tua irreverencia.

busto.agolada dixo...

É mágoa pasar os anos a reivindicar un dereito tan elemental. E non notamos que a cousa mellore. Como conseguir convencer aos que non senten a necesidade de falar galego e de seren galegos en plenitude? Temos que convencelos nós ou deben convencerse eles, caeren do cabalo coma Paulo de Tarso?
Apertas e que viva a nosa lingua polo menos entre os que a falamos e a queremos.

Cuspedepita dixo...

Por unha vez, e sin que sirva de precedente, teño que che dar a razón. Malos tempos corren cando en vez de celebrar sentimos a necesidade de defender.

Chuchos

Cuspedepita dixo...

Por certo, moi fermoso ese post que deixache en comentarios ;-))
E penso o mesmo ca Zeltia: non creo que fose a túa "innata subversión" o que te levou a deixalo ahí ;-)

Filoxera dixo...

És assim e muito bem.
Beijinhos.

Chousa da Alcandra dixo...

E como non che vou facer caso Dilaida, co ben que falas?.

Pois á vista está que o descubriches a tempo Sun Iou Miou.

Había que deixar que o vento levase os complexos Bolboreteira; pero hai quen os agarran con man firme.

Vostede case é tan irreverente coma min, señor Kaplan. Mira que chamarlle saipailán ó patrón...:-)

Pois se é por ir indo pouco a pouco, Hugo Coopel, que non quede. Seguiremos reivindicando!

Tiña medo que a xeada me queimase a tenrura Zeltia; que neste tempo nunca se sabe se te queima o sol ou a friaxe.

Concordo letra por letra no que dis Raposo. Compre que cada día sexa o das Letras e da Lingua. Que non esqueza nunca.

Sempre agradezo os agasallos medrarengalego. Repito que non se me tome por desagradecido por non seguir a roda deles. Pero é "marca da casa" seguir esa pauta.

E cada pensamento, Markesa Merteuil?

Érguete axiña Merce, que quero seguir disfrutando das túas magníficas imaxes, para rendirme diante delas!

Por moito que algúns se empeñen, non deixaremos que tal cousa aconteza, Irene. Graciñas polas túas palabras de alento.

Se agora digo que tiña un amarelo tamén xa non vale; ou si A nena do paraugas?

Sexa pois Angeles. Incluida quedas no colectivo dos irreverentes!

Pois cando caia do cabalo, a algún non lle viña mal que lle quedase o corpo azourido Busto Agolada; á que si?

Agradezo que me deas a razón Cuspedepita, e non atino a imaxinar que pensades das razóns que me levaron a cambiar un polo outro. Foivos a irreverencia, facédeme caso.

Un fermoso point final eses teus beijinhos Filoxera. Sempre me aledan as túas visitas á Chousa.