Regalía cutánea, ceboliña dos desexos, manancial da exuberancia, cumio de escaladas, destino das olladas, garavanzo do pracer, xema das luminosidades, devezo exquisito, ansia infinita, encaixe epitelial, punto singular, diérese sublime, matiz da convexidade, incandescencia solapada, bodoquiño excelso, devoción carnal , belisco perenne, galano visual, ledicia de amantes, gloria de lactantes, cúpula sensual...Ora pro nobis!
Ladaíña ás mamilas.
Foto: Mamila cameliana (Somente a camelia aceptou posar...)
11 comentarios:
Fotazo Chousa. Cousa linda
E ti un poeta pillo con moitisimos recursos.
Bodoquiño, ai, que fermosura de suxestión, bodoquiños, dous.
O texto, sublime oración ao creador.
A imaxe, noraboa ao fotógrafo.
Deliciosa oración argumentada con palabras bem-ditas e amparada por uma maravilha de image.Gostei muito (já vejo que tu moito gostas também.Saudos
Mmmmmmmmmm. :)
Que bonita fotografia pra una oración tan fermosa. Asi da gusto rezar. Me apunto
Esta é das que hai que rezar antes de deitarse ou despois?
Coma sempre, Sr. Chousa,os seus traxes gardan unha fabulosa harmonía.
Bicos gozosos.
Para min sería máis unha salve ca unha ladaíña.
Que sería de nós sen mamilas ?.
¡qué preciosidade, Chousiña!
Cada quen ten o seu obxecto de devoción, aínda que creo que éste ten moitos adeptos.
Fermosos, o texto e a foto da camelia (flor que me da moito benestar).
Bicoss
Amén!
Boa maneira de comezar a primavera!
Bicos.
Es una belleza, Chousa. Es la bienvenida a la primavera más bonita que he leído por los blog.
un abrazo poeta :)
Publicar un comentario