sábado, 1 de marzo de 2014

Extraterrestres

Tan grande capacidade de síntese posue o saber popular que é capaz de condensar en pouquiñas palabras o que podería ser un extenso tratado:
"Catro cousas quere o amo do criado que o serve: tarde á cama, erguerse cedo; comer pouco e estar alegre".
Vendo o que se dicía e o que acontece, queda clariño que a vixencia dese saber non ten data de caducidade. Os amos pensaban e pensan que os traballadores somos auténticos extaterrestres!

Foto: Zapato terrícola e máis E.T.
 

14 comentarios:

Patricia dixo...

Marx supoño que diría que o peor é cando @s propi@s traballadores fan súas esas palabras. Sinto lixar a túa entrada con política, pero non podo evitar pensar neses traballadores votando aos am@s

paideleo dixo...

Iso queren: ben mandado, barato e calado. Queren uns esclavos.
O ET topáchelo ben acaído.

Chousa da Alcandra dixo...

Non luxas, Patricia; a túa opinión é tan acaída ao contexto como di Paideleo que é a figura de ET que atopei na beiriña do Ulla.

pedras dixo...

Descoñecía a marca de zapatos Chousa...
jajaja!!!

A.C. dixo...

Fixechesme rir ca foto, pensar coas palabras e disfrutar ca música.Non se pode pedir mais.

Anónimo dixo...

Tu algunas veces te asemejas a Frank de la Jungla con esas fotos tan selvaticas que encuentras. Pensaste en cambiar el nombre a Chousa de la jungla?

mariajesusparadela dixo...

Tés uns zapatos limpiños, preciosos: por favor, non tripes ó E.T.

Raposo dixo...

Máis que extraterrestres algúns amos pensan que somos gilipollas!

Alís dixo...

E por máis que pensemos que os tempos cambian, non o fan tanto. Por iso eses dicires populares seguen tan vixentes.
Tardei en ver a ET, só vía un corazón

Bicoss

Ginebra dixo...

Los extraterrestres son, precisamente, los pertenecientes a la clase política en general... Menuda cara dura tienen.
Besos

mariola dixo...

Por máis que miro eu vexo un corazón na foto.
Dos amos, nin falar deles... coincido co que di Raposo.
biquiños chousa.

susana moo dixo...

o mellor é o zapato personalizado. Marca Chousa, "nin de la jungla nin do carallo". De Antas, que mola más.

Bicos e mais.

Esilleviana dixo...

Si todos nos expresáramos con tanta claridad habría que sospechar... nos han invadido los extraterrestres?
estoy de acuerdo contigo.

un abrazo

Paz Zeltia dixo...

non coñecía ese dito. nin o de paideleo. pero moi acaídos ambos.

[non sei como mantés os zapatos tan limpos dando chimpos polas pedras extraterrestres]