domingo, 9 de marzo de 2014

Espello

Hai días nos que é mellor non mirarse ao espello. Ese cabrón cristalino é capaz de amosarche a crúa realidade sen que lle estalen as fibras dunha diplomacia da que carece. E despois do impacto el queda tan longamente ancho pendurado na parede, encastrado no marco que un día lle puxeron. Sen inmutarse e mutando a novas imaxes. Sen fender aínda que ofenda. 
Logo de deixarte na máis fonda das miserias, el  é capaz de rír co río mentras xogan a ver quen reflicte con máis nitidez a superficialidade...

Foto: Autofoto no espello [Selfie]. Juapo juapo non son; pero teño un musjazo...

11 comentarios:

Alís dixo...

A fermosura vai por dentro, aínda que na foto non parece levar moito. Iso é o que me repito (a primeira parte da frase) cando me miro no espello. Cada quen consólase como pode...

Bicoss

Predras dixo...

Arredemo! Descubriches unha escultura ben orixinal! Hai que protexerse da intemperie... Mira o que fai o paso de tempo!
jajaja!!

mariajesusparadela dixo...

Un pouco Polifemo si que pareces. Por máis que se ven dous ollos...

Raposo dixo...

Co feo que é ese esqueleto de árbore poida que ata os espellos fuxen dil. Nin o musgo o salva.

paideleo dixo...

Eu non deixo de sorprenderme cada vez que me reflexo nun espello.
É como cando escuitas a túa voz gravada que non recoñeces como túa.
O tempo déixanos cara de toco de árbore.

peke dixo...

A fealdade ten o seu encanto. ;)

A.C. dixo...

Eu levome mal cos espellos pero non sei falarlles tan ben

Uol Free dixo...

Eu no tronco nos vezo unha face, será porque non ten boca. E da boca... saen as palabras.

Os espellos sempre provocan curiosidade: só hai que ver como se miran neles os nenos pequenos,e os cans, os gatos...

E, claro, a curiosidade matou o gato. ¡Vemos o que non quixéramos ver!

Carlosm dixo...

Moito bom iso de PROFUNDIZAR NA SUPERFICIALIDADE.Saudos

Esilleviana dixo...

La técnica avanza una barbaridad! conseguir hacerte con la última novedad en cámaras fotográficas es casi un privilegio...

un abrazo

Paz Zeltia dixo...

un pelaso, digo un musgazo... e unha imaxinación que lle ronca o aquel