sábado, 29 de marzo de 2014

Regaña

Fendedura eterna de imantadas polaridades, cráter infinito de todo tipo de lavas.
Redonceces duplicadas en debuxo de semicirculares figuras; que amosan á vez que agochan, que potencian ao tempo que disimulan; que turran, incitan e provocan. Xenuíno esbozo mamario.
Nobre retagarda epidérmica que non se cita pero que a todos atrae. Fina separación que polos ollos clama, delicada greta que por mans alleas continuamente chama.
Domicilio do cu. Buzón do perineo: excelentísima regaña!

Foto: Fende-dura

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Mui bo este posteo Chousa! Fasme rir á forza coas tuas argalladas. Seguro que lle viría ben como banda sonora aquela peza popular que dicía:
Eu prantei garavanzos na reghaña do cu / nunca comín garavanzos con taboa salú

Hahahaha

Carlosm dixo...

Fermosa loubanza as partes nobles que intues femininas. Apercebese claramente que gostas delas e que e posibel falar do traseiro con finezza verbal e pensar lubrico.Excelente titulo nobiliario para as pousadeiras.Saudos

Alís dixo...

Supoño que esa mirada que che permite ver o desexable no indesexable ou no habitual é o que se chama a mirada de poeta.
Felicítote por tela.

Bicoss

Anónimo dixo...

Lo dices bonito aunque fales de la rejaña do cu
Llegue aqui por esta palabra que usaba mi abuela. Gracias por hacerme reir. Perdon por no falar gallego

Ginebra dixo...

Y la vida prende en cualquier fisura, ¿verdad? Maravilla la fuerza de lo que parece débil...
Besos

Chousa da Alcandra dixo...

Sen esa fisura non hai vida posible, Ginebra... ;-)

As fermosuras están aí, agochadiñas ás veces, para que as miremos e admiremos, Alís.

Imaxino que se apercebe ben ás claras; escápaseme a idea por entre as teclas, Carlosm

E quen dixo que a rejaña non fose bonita, Anónimo2?

Que ben cantas, Anómino1

A.C. dixo...

Jajajaja que atrevido es

Zeltia dixo...

Buzón do perineo!
Chousa, preocúpasme.

mariajesusparadela dixo...

¿Quén lle regaña o castelán falante?
A canción do primeiro comentarista eu sabíaa con tirabeques na racheira do cú.

Es maravillosamente incrible.