martes, 1 de abril de 2014

Musgo

Andamos tan absortos nas trivialidades diarias, que por momentos corremos o risco de esquecer o realmente importante.
Inquietámonos en grao superlativo polo ar que nos alporiza o pelo, e rillámonos os miolos na procura inmediata dun peite que corrixa a desgraza pilosa; mentras amosamos un fondo desleixo pola desorde monumental que levamos dentro da cabeza.
Por iso conviña para esta primavera (e para as mil seguintes!), empezar por decatarnos que somos un garabullo con musgo. Básicamente coa fin de evitar que tanta banalidade nos leve a determinar que somos musgo cun garabullo dentro!

Foto: Reminiscencias do outono. Muiño da Picouta (Antas de Ulla)

7 comentarios:

peke dixo...

Faime graza que moitos digan que xa non hai musgo nin abellas nin pardais. Eu, aquí, teño de todo; é dicir: visítame de todo. O outro día tiven que abrirlle a fiestra a unha abella perdida; as súas ás zoaban tanto que ata eu as oín. Flipante.

Alís dixo...

¿Non rixe iso de que a orden dos factores non altera o producto?
Sí que nos damos conta da desorde que levamos dentro da cabeza, pero tontamente pensamos que si a disimulamos, será menor. Só sirve para alimentala.

Gústanme as túas reflexións, pero sobre todo gústame ver de ónde nacen. Semella que o teu garabullo está ben ordenado.

Bicoss

A.C. dixo...

Si que e verdade que nos preocupamos por tonterias e non por cousas de mais importancia.
Visto o bonita que é a foto eu non sei se prefiero ser musgo ou garabullo.
Bicos Chousa

Zeltia dixo...

oes, carabullo serás tí.!

"por momentos corremos o risco de esquecer o realmente importante." por momentos...? si home si.

bicos, segue a coidar da Chousa. Ata outra.

mariajesusparadela dixo...

É unha preocupación máis de homes que de mulleres ( o do pelo), pero, éche ben certo que coidamos maís o que se ve.
Pode que porque moitos juzgan polo exterior...

Raposo dixo...

Garabullo con musgo ou viceversa, o importante é o lugar que ocupa no ecosistema.

paideleo dixo...

Tes razón que muitos dan máis importancia ao pelo que ao cerebro.
Dicho un que ten de cada vez menos garabullo e menos musgo.