domingo, 6 de abril de 2014

Atallar

Unha pedra no camiño pode resultar un obstáculo infranqueábel, unha dificultade imposible, o final da andadura. E habelas hainas, abofé. Unhas postas e outras impostas. Algunhas buscadas e outras casualmente atopadas.
Hai camiñantes que esnafran incisimos e molares diante de tales pedernais, morrendo no chanto toda posibilidade de acadar máis camiño. Pero hainos que logran convertir o impedimento nunha excelente oportunidade para lucirse con caracoliños de elegancia, atallando por velocidade no lugar onde outros deixaron os dentes. 
Tanto cando pensamos que podemos franquear o atranco como cando non, estamos no certo. Cuestión, polo tanto, de actitude mental. Ricémonos, pois!

Foto: Rizo do rio. Elegancia encacolada.

8 comentarios:

Uol Free dixo...

Ás veces, sortear a pedra só nos aparta en tempo de chegar á meta, pero non a perdemos de vista; ás veces, o novo camiño lévanos por outros carreiros e a meta difumínase. Será que non era vital, ou que o rodeo fai o camiño más longo.

Bicos!

Zeltia dixo...

"tanto cando pensamos que podemos franquear o atranco como cando non, estamos no certo."
é con matices, non si? paréceme que é así cando un abandona porque pensa que non pode (e se cadra podería, pero réndese.) Pero tamén hai ocasións en que as persoas dan trucadas coa pedra e veña e veña, tomando o empecinamento por unha virtude, cando só é virtude de asnos.
boh, que saberei eu.

peke dixo...

Para cando esparras e rompes os dentes coñezo un remedio: un bo odontólogo. Unha vez curada, seguir adiante, sexa saltando a pedra, sexa dando un rodeo. Ás veces os atallos non son o mellor camiño.

mariola dixo...

Iso é unha sorte, convertir os obstáculos en novas oportunidades, e se ademáis saen eses caracoliños tan fermosos mellor que mellor.
un biquiño chousa.

Alís dixo...

A pedra coa que un se esnafra pode ser a mesma que un canteiro convirte nunha obra de arte. Non cambia a pedra, cambia a persoa. Como ben dis, é cuestión de actitude.
Lástima que non todos sexamos canteiros...

Bonita foto

Bicoss

Jorgecimadevila dixo...

cantos dentes terei deixado eu por aí adiante... Así estou a papas!

Anónimo dixo...

Falas bem, pero nom e tan ajeitado facelo como dicilo. Saudos

paideleo dixo...

Non queda outra que apartarse como ben poidamos.
Tiveches unha gralla e puxeches encacolada de última verba.