domingo, 13 de abril de 2014

Confidencias

Que o MEC dite políticas erráticas  nas que ora son un santo, ora son mesmo diaño... xa nos ten afeitos.
Que o BE mire para outro lado cando a súa obriga única consiste en coidar que non meta os pés na lama cando levo os zapatos do domingo, é unha carallada
Que o BCE non faga máis que emitir directivas baleiras de contido, forma parte da comedia
Que o FMI rañe a cabeza cando se decata das miñas tolerías consentidas, xa non sorprende a ninguén
A pesares de tanto desleixo;  que ti veñas onda min con camiñar decidido, te me arrimes descaradamente -sen perderme a mirada mentras dixitas intimidades- entregándome o teu PIN nos primeiros tecleos e agardas con ansia as miñas respostas posta na punta dos pés...non ten prezo!

Foto: Dixitando confidencias.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Hahaha ja tardava uma gargalhada tua nesta linha. Mui atinadas as criticas e...mui guapa a entregadora de pin
Saudos.

paideleo dixo...

A chulería, chulería e media.
Con dous tacóns...ou sen eles.

A.C. dixo...

Quen che dera que se arrimaran a ti asi jajá.
Como quen non quere a cousa ademais de enseñarnos esa moza guapa dexes unha leccion de economia. Que falta nos fai. Polomenos a min
Bicos Chousa

Alís dixo...

Non se alegra quen non quere. Sempre hai algo que nos fai a vida máis levadeira.
A capacidade de darlle vida e reflexións a un caixeiro automático supoño que tamén contribúe a vivir mellor.

Bicoss

Pitima Alvarez dixo...

Menos mal, que temos tantas cousas das que disfrutar ben valiosas sen prezo polo medio... Menos mal...
:)

Raposo dixo...

Con ese arrimar tan agarimoso poida que nin faga falta dar o pin.

Chousa da Alcandra dixo...

Concordo, señor Raposo.
Menos mal, Pitima.
Hai vida dentro dun caixeiro, Alís.
Quén me dera, A.C.
Incluso sen eles, Paideleo.
Rir sempre é bo, CarlosM?

Carlosm dixo...

Si. Era eu e rir é bo. Tes razóm