sábado, 22 de febreiro de 2014

Pingueira

Unha teima calada que ninguén ve e todo o mundo disimula, fainos mudar os marcos da serenidade e derrubar os valos que cinguen o comportamento.
Unha sorte de código xenético oculto, criado unicamente para conculcar leis, burlar decretos e vulnerar estatutos...
Unha porfía vehemente por brincar sucos propios para sementar en cales alleas; obviando as derregas, alterando os lindes; pacer herbas doutros predios, mallar mollos doutras medas... 
Trátase dunha necesidade imperiosa que combina a intensidade voluptuosa dunha fervenza co sixilo sensual dunha pingueira.

Foto: Fervenza en miniatura.

12 comentarios:

Carlosm dixo...

Genuina esa "porfía vehemente" que nos volve do reves e provoca-nos uma ferveza interior que non cesa de pingar.Saudos

Anónimo dixo...

No entiendo ni jota, pero aún asi me gusta. Y esa foto es muy guapa.

Chousa da Alcandra dixo...

Ás veces tamén escribo para que non se me entenda. Mirade Fraga que lonxe chegou e non o entendía nin cristo...
;-)

Alís dixo...

Algo xenético dis? Será. Como excusa non está mal, pero moito vicio é o que hai.

;-)

Bicoss

Uol Free dixo...

Moi boa reflexión. Eu entendo que é misión imposible poñerlle portas ao mar e, sen embargo, aí están os holandeses compartillando con diques as enchentas orgullosas do Mar do Norte.

Instinto primixenio o de ir emborcarse en lameiros alleos se parecen máis verdes có noso. Pero de igual xeito, actitude aprendida a de controlar os impulsos.
A cuestión, Chousa, digo eu, é se gañamos con iso... ou perdemos.

Saúdos!

A.C. dixo...

Todo o mundo sabe que ata o caldo sabe moito millor na casa do veciño. Pero ti dilo tan bonito que parece que a única maneira de comer caldo e indo comelo á casa do veciño.
A foto e unha pasada Chousa.

Paco Penas dixo...

Entrei polo blog de Gradicela e vou sair polo blog de ...
Fai moito tempo que non actualizo nen deixo comentarios, lisquei sen despedirme porque sabía que algún día voltaría, e mira ti por onde, esa pingueira...

Pedras dixo...

Esa pingueira, unha imaxe sublime!

Zeltia dixo...

Hoxe vouche deixar unha frase de Séneca:

Alleo é todo o que nos vén ao desexo

Chousa da Alcandra dixo...

Tanto Séneca como Zeltia están moi atinados. Vai ser por iso que eu quería ter esa pingueira que xa se mesturou coa lama do camiño.
En todo caso, seica volven novas borrascas polo oeste; así que, malo será, que non haxa máis pingueiras que desexar.

Comede pouco, que neste tempo de invernía faise pouco exercicio e despois...non vos vai quedar ben o triquini!

Aniña (@vampyevil) dixo...

tengo ganas de perderme por alla! besitos añejos

Esilleviana dixo...

Gota a gota vamos descubriendo como somos, se va desgranando todo lo que llevamos dentro. Poco a poco nos encontramos e inventamos, casi todo a la vez.

un abrazo