xoves, 23 de setembro de 2010

Cabroncetes

Andamos buscando a pose axeitada para campar diante de amizades presentes e futuras; e non sempre  resulta doado lograr o escenario, a postura e maila expresión necesarias para acadar a imaxe desexada. 
Cando por fin conflúen as circusntancias , e incluso somos capaces de lograr aquela mueca que tanto nos favorece, non estamos libres de que algún factor imprevisto apareza no intre máxico da dixitalización e tumbe o intento.
Pero, como reza o dito popular, non hai feira mala. De xeito que, mentras á rapariga loira  se lle escarallou a pose protagónica -e un chisco forzada-; outro fotógrafo oportunista (moi même) logrou un casual menage à trois fotográfico absolutamente natural e imprevisto.
Pregúntome quen sería máis cabroncete dos catro: o raparigo xoguetón, a amiga pelivermella que seguiu ó calado coa sesión, a propia modelo que me cachou fotografiando o momento ou...moi même?

Foto:Catro cabroncetes

29 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Cando ata o "Telediario" nos lembra que estamos no outono, e falan da merma de luz solar, caida da folla...; eu quería lembrar unha imaxe do verán.
Posiblemente sexa algo cabroncete, pero asegúrovos que non hai canteiros malos: sempre esmagamos os nosos propios dedos!

Carlosm dixo...

hahahaha o rapas foi cabroncete, pero ti tamen meresces o titulo. Claro que as duas jíbaras tamen tenhe mérito.
Agora que o penso, mesmo eu me sinto algo cabroncete se digo que estaba observando o lenzo da fotografa hahaha.
Saudos. Carlosm

fonsilleda dixo...

Tu même, sen dúbida.
Aquí ainda vai calor.
Bicos.

Alís dixo...

Iso de que non hai canteiros malos dito por un canteiro non sei si ten moita credibilidade...
Cabroncetes hai moitos, saber cal é máis de todos non é doado, pero os que andan facendo fotos ás mozas en bikinis non teñen moi boa prensa...

Bicos sen pose

mariajesusparadela dixo...

O que me chamou máis a atención foi a estratéxica colocación da súa firma, señor chousa...

Bolboreteira dixo...

Da nostalxia si ver estas estámpas de verán...en fin! haberase que ir facendo a idea de que rematou.
A min o que máis me gusta é a pode do rapaz, dende logo en cabroncente pero con moita chispa como é propio dos cabroncetes
Bicos

Marisa dixo...

Paréceme ben aproveitar os
últimos raios do sol neste
flamante outono,e se se pode alegrar os ollos, mellor que mellor.

Biquiños

Zeltia dixo...

home, a situación é simpática. Sin duda a que non se entera de nada, coma sempre, é a guapa.
Pero a min o que me chama moito a atención, -deixando cabroncetes aparte-
é o escenario.
¿qué raio é iso?
parece un parque onde instalaron unha cousa branca artificial...
Por favor, señor da Chousa, satisfagame a curiosidade.

Ah, que non podo marchar do blog sin dicirche que vaia teima que colliches coas posturas, ché

Trasno dixo...

O rapaz non é cabroncete, so xoga. Ti non es un cabroncete: MIRAS hahahaha
Unha pregunta indiscreta, sacaches ti esta foto?. Dende logo en Antas non foi. Nin tampouco usaches a camara habitual, ou ibas de tapadillo?

A.C. dixo...

Mimá. Estou segura de que tanto nun lado coma no outro encaixas perfectamente jajaja.
Cachaches unha boa situación, e ten razón Maria Jesus, que onde pos a firma, seguro que antes puxechos o ollo. Delatado quedaches chousiña jajaja

Eva G. Rei dixo...

Isto lémbrame unha imaxe que vivimos un día á beira do Arnoia: nós e máis outra familia paseando por unha beira do río, e na outra, xusto ao noso carón, uns recén casados "posaban" en ridículas posturas que lle encargaba o fotógrafo. Non puidemos evitalo e paramos descaradamente a observar a estampa digna de foto (mágoa que non levabamos cámara). A foto non a sacamos pero botamos unhas risas que nin che conto: a pobre noiva de tanta "posturita" case nos ensina as súa intimidades, e houbo un momento que pensamos que ían caer un a cabalo do outro. Espectacular!
Canta parvada fan facer os fotógrafos!

Mer dixo...

o rapaz foi cabroncete pero a amiga fotógrafa peor.

Uf, outono, fermoso pero de noites frías xa, a lo menos por estas latitudes.

Saúdos.

matrioska_verde dixo...

non sei cal é o mais cabroncete dos catro pero che xuro que a mellor foto é a que fixeches ti, sin dúbida algunha.

¿nótase que che estou a facer un pouco a pelota?... je je je...

agora en serio, a túa foto é a mellor porque digamos que son dos fotos en unha.

a mín as fotos non me gustan demasiado, é que gaño moito mais nas distancias cortas, non son moi fotoxénica.

biquiños,

pitima dixo...

Eu coma Zeltia... ¿onde é iso? ¿Qué é?.. Tanta brancura.... A fotógrafa do traxe de baño rosa e o pelo vermello ben parece a tipa esa que ven do futuro co oxiaction poder rosa. Qué cousa máis rara, e qué casualidade o rapaz cabroncete aí.... ¿A que vai ser que o mandaches tí? o polo menos décheslle a idea ¿a que sí? jaja

Bico decrecido, coma os días.

Chousa da Alcandra dixo...

Pitima: Joder!, non sei que tal verás a través desas gafas, pero ser son do mais "faxion" do blogomillo!.
A brancura excesiva da imaxe so se debe que se "queimou". Vai ti saber se foi pola calor reinante no lugar ou polos efectos do oxiaction da pelivermella jajajaja.
(Desconfiadas!, o rapaz púxose alí por iniciativa propia. Se o mandase eu...a saber o que facía!)

Aldabra: A ti pásache igualiño que a min. Por iso non adoito sair nas fotos. Fuxo das cámaras coma do demo. A vantaxe é que, normalmente, a cámara lévoa eu, co cal as víctimas son (sodes) todos os demais... jajajaja

Mer: Eu concordo contigo. Na imaxe non se pode constatar, pero asegúrovos que a pelivermella de bikini rosáceo oxiaction seguiu facendo fotos durante un bo anaco, ata que a "posadora" decatouse de tanta risiña.
(Para as noites que enfrían, mantiña enriba da colcha!)

Eva G. Rei: Dame o corpo que aquí a das posturiñas era a modelo, pero por iniciativa propia.
De agora en diante lembra que ir cunha cámara á man sempre che permitirá captar posturitas graciosiñas (imaxina que a noiva acaba por enseñar a liga azul, e unha blogueira non a comparte coa afición...imperdoable!)

Chousa da Alcandra dixo...

A.C.: Quen a estas alturas non me teña cachado...jajaja. Claro que puxen o ollo "alí"; pero xa me dirás ti se non era para poñelo, con tanto contraste cromático...O certo é que me decatei da escea pola postura da fotógrafa pelivermella. Confesado queda.

Trasno: Non foi en Antas, pero asegúroche que se a escea se da no Centro Xeográfico...dispárolle igualmente. Non foi a cámara habitual, pero sí que fun eu o fotógrafo.
Oes, e ti eres da interpol ou da mafia georgiana?. Tanta pregunta... ;-)

Zeltia: Se a situación non fose simpática, non sairía na Chousa jajaja. Encanto á cal é a guapa...habería que debatilo con tempo. O escenario sae demasiado branquecino debido a un exceso de exposición; pero como levaba os ollos demasiado abertos a cousa saliu como saliu. Vamos, que un non da abasto a todo, carallo!

Marisa: Cando todo quisque anda pedindo que chova axiña (boa falta fai), lembreime deste momento de agosto. Boeno, alomenos no escenario había auga...

Bolboreteira: Vouche facer unha confesión. O rapaz tomou a súa decisión cando viu que eu levaba a miña cámara ó ollo. Él estaba moi atento á xogada e xa levaba un anaco mirando para as dúas jabatas.
(Tapeille os ollos, non vaia ser que me veñan con lerias, pero podo asegurar que me miraba a min! jajajaja. Un cabroncete mirando a outro)

Chousa da Alcandra dixo...

Mariajesusparadela: E que onde poño o ollo...poño a sinatura! jajaja.
O certo é que non me prodigo en "destacar" a firma. Case sempre a camuflo coa cor da paisaxe. Neste caso primeiro coloqueina no cu da fotógrafa, pero despois arrastreina fora. Decidín deixarlle a cor. É bonita; ou non?

Alís: Non me fagas caso de todo o que di a prensa. Os periódicos so din a verdade no prezo, a data e algunhas esquelas...
Ben sei que falar ben do colectivo pode tacharse de corporativismo en exceso; pero...quérolle tanto ó meu mazico, que non podo falar mal do dos compañeiros :-)

Fonsilleda: Merçi beaucoup pola confianza e sinceridade demostradas jajajaja. Suscribo a apreciación, aínda que a do bikini branco tiña unha cara de cabronceta que non sei eu o que pasaría se poidéramos medir o grao
(En que unidades se medirá a "cabroncidade?")

Chousa da Alcandra dixo...

Carlosm: As dúas jíbaras merecen un título nobiliario con distintivo vermello jajajaja.
O lenzo mireino, non imos negar evidencias; pero vasme dicir que ti non o mirarías se estiveses alí??
(Pregunta no ar para Carlinhos M.)

Chousa da Alcandra: Moito me gusta cando me comentas, tío. Sempre matizas tan ben, que da xenio lerte!

Filoxera dixo...

O que é um "cabroncete"?

Chousa da Alcandra dixo...

Filoxera: Un pilho.
Ti quen cres que merece a "condecoración"?.

Blogboreta dixo...

Sen dúbida o quinto protagonista: Tí, que ves e o cascas!!!! ;)

Anónimo dixo...

Oportunista el señor Chousa para lograr esta imagen. Estará en plantilla de algunha revista del papelcuché?. Claro que esto es como los delanteros del balompie, que a veces meten los goles por estar en el sitio adecuado y no por ello tiene menos mérito.
Besos y mi reconocimiento por el sentido de la oportunidad.

susana moo dixo...

Cabroncete ningún.
Cachondos todos os catro, pero gañas ti, por facernos partícipes das túas andainas.

Chousa da Alcandra dixo...

Blogboreta: A min dame a impresión de que a quinta cabronceta (isto é moito máis que a quinta columna!); xa que ese avatar ben merece o título.

Anónimo: Si, son igualiño que Ronaldo, pero con menos sueldo!

Suana Moo: Boeno, algo pillabáns somos todos os protagonistas da foto. As cousas como son. E nesa listaxe teño que incluirvos a tod@s. So faltaba que o rapaz do fondo tivese algúns aniños mais para que o pecado fose completo (e ademáis así non tería que "borrarlle" os ollos...)

Ginebra dixo...

Siempre me ha gustado tu sentido del humor, Chousa... Aquí hay más de un cabroncete, concluyendo...
Besos

Chousa da Alcandra dixo...

Ginebra: Se un día decidimos montar un circo pola blogosfera, contade comigo para por un nariz colorado enriba do meu.
E...concluindo que é xerundio: o máis cabroncete que ti ves na imaxe, cal é?

Ginebra dixo...

Sin duda el niño, en la imagen el niño, pero éste , por ser niño, está perdonado, así es que la fotrógafa, sin duda, que mira que es mala con los encuadres, coño!!!!
Besos "de circo"

Chousa da Alcandra dixo...

Ginebra, polos cravos de cristo!, non me digas que está mal encadrado o c...digooo, a miña sinatura!!!

irene dixo...

Hay cabroncetes y cabroncetes, algunos son muy astutos, oportunos y muy imaginativos, a mí éstos me caen divinamente, sobre todo si son de Antas de Ulla.
Moitos biquiños, Chousa.