luns, 6 de setembro de 2010

Rumbo

Gastamos moito en manternos a flote, cando esa debería ser unha característica do casco e non ter impacto no consumo enerxético.
Pero adoitamos empregar elevadas cantidades de combustible mental para ir dende ningures ata ningunha parte e despois, cando hai que enfrontarse co mar picado, fáisenos pequena a hélice e moi cativo o timón.
Coñecer a propia eslora e o calado do mar no que bogamos axuda a manter o tempero necesario para surcar con garantías en mar aberto, ó abrigo da ría ou incluso na propia bañeira.
E tampouco pasa nada se apagamos motores cando, ocasionalmente, non temos moi claro cal é o rumbo.

Foto: Parado a toda máquina.

28 comentarios:

paideleo dixo...

Unha cousa é o rumbo e outra luitar contra os elementos como a Armada Invencible ou o barco da miña foto.
Que teñas boa viaxe anque non saibas o destino !.

Merce dixo...

Bueno, se despois dun tempiño cos motores parados xa sabesmos que rumbo habemos de coller, pois non hai moito caso, o malo e se logo queremos arrancar e o motor falla, ou non hai combustible, ou se xa temos definitivamente o rumbo perdido e imos cara a deriva... (uy que negatividade, non non, imos pensar que collemos bo rumbo : )

biquiños

P.D. aseguroche que non che ia gustar moito o que hai tras da tapia :)

la cocina de frabisa dixo...

Mira, me encantó tu última frase, claro que no pasa nada si nos sentamos tranquilamente a reflexionar o a pasmar mientras no tenemos claro que camino tomar, al contrario, es prescriptible y saludable. Incluso quedarnos varados en la costa y no tomar ningún rumbo si el horizonte no esta despejado.

Realmente a veces corremos demasiado y no vamos a ninguna parte.

Lo bueno de hacerme mayor es la tranquilidad que me reporta.

un biquiño

(por cierto, aunque no es mi costumbre, te he contestado a tu comentario en mi post de hoy)

Trasno dixo...

E logho se o barco e de vela non vale?
Parece mentira que unha cousa tan pequeniña goberne un barco tan grande. Que conste que estou falando de barcos, que por aqui hai quen pensa sempre en verde (inda que o barco de hoxe vaia pintado de azul)

Eastriver dixo...

Cuesta, cuesta... tienes razón... Pero lo de apagar los motores y dejarse flotar, sin rumbo, creo que es algo que deberíamos ejercitar más a menudo. Seríamos más felices y viviríamos más tranquilos.

fonsilleda dixo...

Gústame ese timón (¿de Antas?) e a foto
A meus anos ainda non teño claro cal é o rumbo e non me vai tan mal.
Bicos

Carlosm dixo...

Claro que se andamos manobrando sen jeito nin ordem, despois non hai quen governe a nao. Pero non sempre sabemos estar simplemente coa mente en calma. Boa foto. Saúdos

Alís dixo...

Deberíamos recibir clases de navegación antes de nacer. Pero temos que ir aprendendo pouco a pouco, correndo riscos, naufragando de cando en vez... e cando xa lle vamos collendo o puntiño, resulta que o barco xa está para o desguace.

Bicos á deriva

Sun Iou Miou dixo...

Encantoume a foto, Chousa. E na reflexión parece que coincidimos: cómpre deterse ás veces para ver por dentro e por fóra, para estudar o trazado do mellor itinerario.

mariajesusparadela dixo...

Sempre encontras a imaxe perfecta... ás veces e moi bo ir sen rumbo.

Maribel-bel dixo...

Cando non vas a ningunha parte, tamén ten encanto deixarse levar polos camiños sen xeito, formar esloras co tempo e recrearse no mirador dos soños. Biquiños para ti.

Ginebra dixo...

Efectivamente gastamos mucha energía y creo que muchas veces es mejor apagar motores si el rumbo es incierto o equivocado... esa reflexión final me gustó, es un muy buen consejo, señor Chousa..
Besos "a remo"

Bolboreteira dixo...

Sabia reflexión! Qué facer cando non sabes que facer?
Non é mala idea parar motores e tomarse as cousas con certa calam se eso pode ser.
Biquiños!

A nena do paraugas dixo...

A min déixame ir co rumbo ben marcado e co combustible conforme é debido. Andar á deriva non é moi... práctico?
As máis das veces non. Pérdese demasiado tempo e...

En fin. Bicos desde Ourense con chuvia, ben molladiños!

Raposo dixo...

E si levas farlopa e te persegue a policía tamén sería convinte ter un motor adicional!!

Anónimo dixo...

Tu propuesta de dejarse llevar es buena, pero es bueno también saber que en las cercanías no hay arrecifes coralinos ni rocas puntiagudas que puedan dañar el casco.
La foto, como siempre, muy adecuada y acertada.
Te dejos besos con acento astur.
Carmen

A.C. dixo...

Un día destes vemoste subir polo Ulla capitaneando un navío. Que te vexo que tiras moito para a auga ultimamente.
A saber como te puxeches para sacar esa foto. Gustaríame verte.

Anónimo dixo...

Ai, pero cantas veces o que nos reina é irmos contracorrente! Xa sabe o que lle sucede ao peixe que non nada.

xenevra dixo...

Apagando motores!!! Vou navegar coas velas ;)
...mais ca nada porque non collen ferruxe :))

pitima dixo...

Ás veces hai que deixarse levar.. non queda outra. O rumbo decídese, pero non sempre se acerta.

Aínda tardaches en usar a metáfora dos barcos... lémbraste ¿verdade?

Quedouche ben.
Cando non había motores e a cousa era a base de ventos correntes e brazos escravos a decisión era máis doada de tomar. A natureza mandaba. E pode que sexa máis sabia ca nós..
Qué raio! ¡e seguro! jaja
Poucos temos claro de todo o rumbo.

Bicos a estribor e a babor, ben postos e equilibrados para que non escores.. jaja

Paz Zeltia dixo...

Vaia ángulo escolliches para facer a foto!, ainda daba algo por verte anicado debaixo da embarcación (ou case)
Pero mereceu a pena porque che quedou unha foto orixinal.
Gústame. A barca ensinando todos os seus segredos, eses que a fan avanzar pola mar toda.
Ten razón alguén que dí por aí arriba que estástenos facendo moi mariñeiro ¿ou xa o eras?

"Gimiendo por ver el mar,
un marinerito en tierra
iza al aire este lamento:

!Ay mi blusa marinera!
Siempre me la inflaba el viento
al divisar la escollera"
-Rafael Alberti


A reflexión coa que rematas, paréceme acertada: en vez de andar dando voltas absurdas, gastando a nosa enerxía... mellor parar o motor, e ficar quieto en espera de entender a carta de navegación, ou seguir o rumbo das entrelas polo menos. Porque

Marisa dixo...

Que difícil e manter o rumbo
cando arrecía o temporal,
pero nunca choveu que no escampara, tentaremos de
manter motores en bo estado.

Biquiños dende esta ría.

Chousa da Alcandra dixo...

A vida do blogueiro que se procura as suas propias imaxes non é doada. Sabédelo ben.
Uns días mollando os pés, outros empoleirándose nas silveiras, algunhas veces arriscando o físico disparando a cámara hacia corpos pouco tapados...; así que se hai que meterse debaixo da quilla do barco azul, pois faise!
Así de intrépidos somos os capitáns fluviais do nacemento do Ulla!!!!

Paz Zeltia dixo...

Este blogger rouboume unha idea! deixoume o comentario partido!
grrrrrrrrrrrr
...porque... porque qué sei eu quen se acorda á unha do mediodía do que pensaba ás duas da mañán! :)

susana moo dixo...

Bueno, yo soy más de " viento en popa a toda vela, no corta el mar si no vuela,..." pero si hay que reflexionar, paramos y reflexionamos.

Anna Mora dixo...

Hola Chousa !
No entenc gaire el que has escrit ,tindria que fer una classe de gallec !! :) però et volia saludar !!
Una abraçada des de Catalunya .
Anna

matrioska_verde dixo...

coñecerse a un mesmo e saber os nosos límites e as nosas aspiracións é moi importante para ter más o menos unha idea de onde podemos chegar...

pero tamén é bó, ademáis do de antes, forzar de vez en cando un pouquichiño a máquina, porque non hai que se acomodar.

biquiños,

irene dixo...

Me voy a comprar una brújula, ni imaginas las veces que pierdo el norte, y hasta el sur, el este y el oeste.
Intentaré mirar bien mi rumbo, y espero que pronto me dirija hacia esas preciosas tierras gallegas.
Moitos biquiñios, Chousa.