O castelo de naipes da marabilla económica esnaquizouse fai varios meses, sen trazas de mellora a curto prazo (que é como queremos as cousas agora). Durante unha tempada vendemos os becerros que ían parir unhas vacas que posteriormente abortaron , sairon marondas ou foron montadas por bois vasectomizados.
O caso é que agora temos as cortes cheas de vacas vellas, escasas de leite, sin posibilidade de preñar e os tratantes á porta preguntando polos xatos mercados con antelación.
Con este panorama cadaquén debe buscar un culpable se non quere poñer a soga no seu propio pescozo. Argumentar culpas será doado, xa que todos temos os pés mollados naquel trolleiro de ledicias e benvivir.
Porén pregúntome se, antes de entonar berros a través da microfonía da desesperación, non sería aconsellábel deterse un chisco a cavilar...
Foto: O pensador (para ser tan inactivo, está cachas de carallo)
24 comentarios:
¿e paréceche que eu cavilo pouco?
biquiños,
Supoño que será culpa de todos en xeral e de ninguén en concreto.
Non creo que sexan tempos para "cavilar", parécenme máis de "cavar" e seguro que saímos cachas.
Creo que ultimamente ese tipo de
cavilacións son moi comúns.
Biquiños
intento 3
pois acabo de esibir un comentario caviloso, e isto dime error 503 que ven dicindo que o meu servidor está demasiado ocupado, vaia polas ánimas hoxe non é o meu dia de aparellos
Que ben se explica vostede, e canta razón ten!
Todos puxemos o carro antes que ós bois e agora, que?. Ninguén quere a culpa e eu digo, que algo teremos que ver todos, aínda que uns máis que outros.
Aldabra: Si si, pero ti sempre me andas cavilando como vas embelesar a Congo. E así non vale!
Paideleo: Se me dixeras antes a frase, aforraría espazo no texto e deixaba a foto de Rodin máis grande!!!
Marisa: Son comúns, pero pouco frecuentes. Xa vale de botar a culpa ó cabalo; que algunha vez hai que confesar que non sabemos montar, raio!
Zeltia: Pois xa ves, a tecnoloxía tamén falla. Matamos a Bill Gates ou miramos de reinstalar juindous por enésima vez?. Sonche cousas do progreso!
Dilaida: Sempre hai uns con máis culpa que outros. Ten razón. Pero gasear a quen estaba daquela matando os porcos para que todos fósemos facer os chourizos, tampouco é moi...decimos "ético", ou ferirá sensibilidades? jajaja
O mesmo de sempre, gastamos mais do que temos, e agora choramos...
Cavilar = as contas que fago no mercado...
Bicos
Dinche por aí que a culpa non ten dono... Eu se che son sincero estou moi ben aqui en Cima de Vila... Onde ou a crise pareceu non chegar ou é que xa chegou fai moito tempo, como no rural en xeral. Aínda que a curto prazo me vai afectar a crise de todas todas... por esto de ter que buscar traballo...
Por razóns que non veñen ó caso, pero que non son as máis aparentes, sentinme moi identificada coas vacas.
Non sei, pero... fixéchesme cavilar moito.
Bicos, penso
Pois eu fago oídos xordos e xa está... Malo será que boten a porta abaixo non??
Tampouco vendín eu moitos xatos por adiantado.... Merquei algún, pero non por adiantado, así que...
O que esté libre de culpa que tire a primeira pedra... pois aí vai... jajaja, como o outro...
Non me sinto eu moi culpable, non gastamos máis do que puidemos. A min as culpas me choven por outros lados... e ben me chegan...
Coas gafas estas faxion que me emprestou a Jennifer López síntome ben. Non juno nada, pero véxome ben, mira tí... jajaja. E o xesto de ter que colgalas na punta do nariz fai a mirada máis sexy ¿non? jajaja
Cavilar sí que cavilamos. As veces falamos antes de tempo, eso é verdade, pero cavilar, eu cavilo tamén... jaja
Bicos cachas
Víase vir. Levabamos, algúns maiores, moito tempo vaticinándoo, Claro que iso non alivia nada e agora hai que, pos iso, toca foderse.
O pensador é un bo exemplo do que hai que facer, antes de facer... E que, case nunca o facemos.
Bicos.
E, ainda para mais, quédanos moitísimo que cavilar...
O malo é cando te pos a cavilar e non che se ocurre nada, ou che se ocurre algo e como tes o poder tomas medidas contra os que menos culpa teñen de toda esta desfeita.
E despois pola outra banda están os intocables, os protexidos que pensan "deixa que chova que eu non me mollo".
Como diría o entrañable Miro Pereira da serie galega Pratos Combinados "hai que coller a escopeta".
Xa o di a miña mai: noites de moito rir, mañás de moito chorar. A alegoría é perfecta, Chousa, só lle apoño unha chata: os que non lograron os xatos e agora teñen as cortes como as teñen adoitan berrar, si, pero de enfado porque tiñan dereito a ter as mellores xovencas; se eles fixeron ben ou mal, iso non importa.
Sí, yo también lo pienso.
Mucha gente ha vivido en los mundos de yupi y ahora ha llegado el momento de ver la realidad.
Me retiro a cavilar un poco que me vendrá bien ¿hoy no es jornada de reflexión?
biquiños
Ana: Cavilar no mercado tampouco é nada doado. Entre a música de fondo, o ruido dos carros e o exceso de estímulos visuais...quen carallo da cavilado alí!!!
Jorge Cima de Vila: Ninguén quere ser dono da culpa nin amo das súas consecuencias; pero todos queren ser verdugos dela. Qué curiosa coincidencia.
Alís: Moi preocupado me deixas. Cavilo e cavilo e non quero expoñer os resultados do meu cavilar sobre esa autoidentificación vacuna que tiveches. Menos mal que dis que non é polo máis aparente...
Pitima: Pero que atinada me estás, raio!. Incluso coas gafas faxion que hai que poñer na punta do nariz para ver ben.
Collín a pedra que tiraches, pero como estou moi áxil pareina estilo Casillas. Imos ver en que da esta feira na que se vendeu o que non había e mercouse o que ía vir...
(Tou filosófico)
Fonsilleda: Toca foderse e sen f..., que é o que máis jode (vaia redundancia do carallo me está saíndo!).
O caso é que agora hai que curar ó ferido para botarlle unha boa bronca despois...
Mariajesusparadela: Pero a Humanidade é moi xove, e temos moito tempo para elo; non lle parece?
Rula: Hai estilos que incluen o pensamento como exercicio físico activo. Non me digas que non os coñeces??? jajaja. Benvida.
Raposo: Pois fagámoslle caso a Miro Pereira e collamos a escopeta. Iso sí, con cartuchos de fogueo, non vaiamos mancar a alguén...
Kaplan: Súa nai tiña razón. O que pasa é que cando andamos de festa quen carallo se acorda de que hai que madrugar.
Confiemos en volver a ter xovencas para reiniciar o ciclo. Non lle hai outra, créame.
Frabisa: Ós mundos de yupi, si señora. Ese era o sitio onde había que mandar a uns cantos jalopíns que seguiron muxindo na vaca cando sabían que xa non tiña mais leite.
Reflexionemos xuntos.
Pois xa temos a desfeita diante, agora si que compre cavilar como sair desta....é o máis necesario.
Biquiños
Non se xa o digo eu, cando o chousa ponse a cavilar, bótanos todos a tremer.
O que mais me amola e iso de que as vacas foron montadas por bois vasectomizados, eso deume moitísimo para cavilar. Teño a pedra na man para lanzarlla ao que tivo esa idea...
Por más que pienso lo único que me viene a la cabeza son pensamientos negros, a veces veo una luz allá a lo lejos, en un horizonte muy pero que muy lejano.
Biquiños, Chousa.
Desde luego en este país somos únicospara buscar culpables sin vernos a nosotros mismos primeros...
y así nos luce el pelo
Bicos
Pobres dos cidadáns de a pé. Os peixes gordos nunca pagan as contas ;-)
Por certo, tes toda a razón: nunca está de máis cavilar.
Unha aperta dende o cu do mundo ;-)
Antón.
Bueno, eu penso que hai alguns que non deberan cavilar mais, xa mellor que paren que senon non sei que vai ser de nos.
Outros, nunca sabran o que e cavilar... as neuronas non dan para tanto!
E os que poden cavilar, estan fartos das cavilacions dos primeiros e dos ocos na materia gris dos segundos.
Eu voto xa directamente ou polo licor-café ou polo ioga...
bicos
Si, ante o castelo esnaquizado, cavilar será pouco. Teremos que pornos a reflexionar, discurrir, rumiar, elucubrar, reconcentrar, e podía seguir citando sinónimos... Despois de pensar e meditar haberá que intentar reconstruír o castelo, non nos queda outra!!
Bolboreteira: Pois cavilaremos en como saír; que para entrar foi ben doadiño! ;-)).
Susana Moo: Muller, non lle vexas so o lado negativo. Poda que lle cortasen os canais ó boi co único fin de disfrutar da cópula; ou non?
Irene: Seguiremos esa luz que se ve lonxe neste momento; xa verás como acadamos outra vez a saída do túnel.
Ginebra: Xustamente; aquí vese a palla no ollo alleo e custa moitísimio decatarse da tremenda viga que temos no propio. Será cuestión de ir ó oculista?
Antón de Muros: Os peixes gordos mergúllanse nas profundidades para non percibir os efectos da tempestade na superficie. Xa nos teñen afeitos.Apertas dende as orellas do Cosmos.
Merce: Menos mal que tiñamos unha ourensá para sacar o licorcafé, carallo!; que tanto chorar xa me tiña os ollos cocidos raio. Veña, vai poñendo unha ronda de chupitos, que desta pago eu.
Harmonía: Construiremos castelos de novo e faremos revoltas irmandiñas para volver a tiralos. A vida segue e nós temos ganas de baile; así que...que non pare a música! (Son os efectos do licor café de Merce :-))
Publicar un comentario