mércores, 1 de maio de 2013

Agulla

Moito temos que ver os humanos cun simple compás; mecanismo que se antolla moi complexo, pero que todo o segredo radica nunha agulla imantada que apunta cara algo que lle provoca atracción.
Non vou delimitar agora cal é a nosa agulla nin os nortes curvilíneos cara os que apunta; pero sí que fago un apuntamento sobre esa marabillosa imantación que pon en órbita ao campo magnético ata facer tremer á agulla, ao norte e ao resto dos puntos cardinais.

Foto: Mirador do Farelo. Apuntando cara Antas.

5 comentarios:

Pitima Alvarez dixo...

A agulla non paaaraaaa... anda tola... Xa non sabemos para onde tirar.
Ficar parados??
Demasiados parados... e poucas gañas de ficar así...
Preciosa foto.

Bicos imantados.

A.C. dixo...

Esa marabillosa imantacion non solo move a agulla: move o mundo inteiro.
A foto e impresionante. E o lugar tamen.

Carlosm dixo...

De cual agulha nos estas a falars, senhor Chousa?
Image dende uma boa atataia.Saudos

Merce dixo...

ummmmm eu necesitaba atopar o meu norte...

Nunca estiven ahí, eu quero!!!

Biquiños :)

zeltia dixo...

como non vas delimitar cal é a nosa agulla nin os nortes?
oes, iso non é traballo completo, por moito que te marabille a imantación.

que marabilla, si.

Cómo me la maravillaría yo? -unha homenaxe á Lola de España-