domingo, 12 de maio de 2013

Ambivalencia

A capacidade humana para tecer maldades parece non ter límites. Un día si e outro tamén aparecen noticias que suscitan preguntas sobre como a nosa especie é capaz de manter a súa existencia, cando individuos da mesma cometen barbaridades que nos deixan de xeo.
Claro que non é menos certo que esa mesma capacidade, cando se orienta cara a creatividade, resulta tan magníficamente portentosa que -na simple contemplación  do seu resultado- ficamos de pedra.

Foto: Caaveiro. As pedras non falan, pero fan falar.

5 comentarios:

paideleo dixo...

Os seres humanos somos complexos tanto no malo coma no bo.
É preferible admirar o bo, claro.

Carlosm dixo...

Eu tenho pendente a visita a ese lugar.Contaronme marabilhas dele.A foto convida.Saudos

Raposo dixo...

Estiven fai pouco no mosteiro de Caaveiro facendo unha ruta de sendeirismo. Fermoso o mosteiro e fermosa a súa contorna.

Paz Zeltia dixo...

Eu creo que as pedras sí que falan.

Dicirlle a Carlosm que vaia no outono, antes de que todas as follas caian.
(No verán tamén está lindo, levando un bo pequenique para comer á sombra, escoitando baixar o río)

matrioska_verde dixo...

eu tamén quedo asombrada cada vez que vou a Caaveiro, e mira que vou veces!

as pedras impresionan, cando menos... ata gardan a caloriña do sol.

biquiños,