martes, 23 de abril de 2013

Eficacia

Insistir con exceso de vehemencia na teoría de que a liña recta marca a distancia máis curta entre dous puntos, unicamente nos pode levar a ser altamente eficaces, si; pero en desfacernos os fuciños.

Foto: Faro de Punta Candieira (a dúas horas e pico de Antas).

12 comentarios:

Carlosm dixo...

Sim.En moitas ocasions hai que dar voltas. E voltas.Saudos

Merce dixo...

Ourense quedache mais cerca eh???

Nese faro pasei eu algun apuriño querendo atopar un encuadre que me gustase jejejeje

encantame ese lugar!!!

Biquiños a moreasssss

Anónimo dixo...

Pois ti desta ocasion non te enrollaches nada para enviarnos o mensaxe.
C.

zeltia dixo...

Isto de hoxe debería entrar nun recopilatorio de frases e citas.

A.C. dixo...

Parece mentira que esto o diga un home hahahaha.
A foto e boisima. Non sei que tal e a foto de Merce pero esta gústame moito.

paideleo dixo...

Máis vale andar máis camiño seguro que pouco a tombos.

mariajesusparadela dixo...

Decateime deso cando empecei a montar a cabalo polo monte...A intelixencia do animal éralle moi superior á miña.

Pedras de S. dixo...

Este post, debería velo e lelo Angela Merkel. A ver se razonaba dunha vez!

peke dixo...

E así é na vida. O camiño máis curto non sempre nos leva antes ao noso destino.

Raposo dixo...

A distancia máis curta entre dous puntos non é a liña recta, é o atallo, pero ,coidado, que hai atallos que é mellor non tomar.

Aldabra dixo...

recoñecín de seguidiña este lugar... é incríble ¿verdade?

biquiños,

peke dixo...

Encántame...!